"O trazado deste primeiro tramo de 1,7 qm de lonxitude da variante Norte de Ourense, que se integrará na futura autovía A-56 entre Ourense e Lugo, ten a súa orixe na contorna da actual ligazón de Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na N-120, enmarcándose nunha contorna periurbano. As dúas calzadas do variante Norte de Ourense proxéctanse conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da N-120 en ambos os sentidos.
O tramo finaliza na ligazón de Quintela, onde conecta de novo coa N-120 á altura do núcleo de Tarascón (p. k. 572). Neste punto, proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo do variante Norte de Ourense entre Quintela e A Casilla.
Ao longo do trazado deséñanse dúas novas ligazóns: a de Eirasvedras e a de Quintela.
O tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo."
Antecedentes recentes do proxecto deste tramo:
O 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo enlace de Eirasvedras coa N-120, no seu punto quilométrico 573,800 - Ligazón de Quintela coa N-120 no seu punto quilométrico 572,000.
En abril de 2018 foron aprobados polas Cortes, os PGE para 2018 que presentara o goberno de Mariano Rajoy nos que se consignaba unha partida de 2,5 millóns de euros para posibilitar a licitación do tramo Eirasvedras-Quintela.
En xaneiro de 2019 o novo Goberno de Pedro Sánchez presentou un proxecto de lei de PGE para 2019 no que non había consignación algunha para este tramo, o que provocou un maiúsculo rexeitamento da sociedade ourensá. Finalmente eses orzamentos non foron aprobados de modo que continuaron prorrogados os de 2018.
O proxecto de construción do tramo Eirasvedras-Quintela da Autovía A-56, Ourense-Lugo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.
O 21 de novembro de 2019 o BOE publicou o anuncio do MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados.
Lembrar que o MITMA informou por diferentes medios que licitarían as obras a finais de 2019, logo en 2020; nos PGE para 2021 o Goberno socialista consignou para este tramo a ínfima suma de 250.000 € cando Lei de PGE de 2018 (logo prorrogados en 20219 e 2020) – con goberno do PP - tivo unha partida de 2,5 millóns de euros. Dez veces menos.
Na Lei de PGE para 2022 para este primeiro tramo do variante norte consígnanse tan só 2 millóns de euros, que ao noso xuízo é unha suma insuficiente.
Finalmente as obras foron licitadas no BOE do 25 de outubro de 2021.
A MIÑA VALORACIÓN:
Foi un proceso excesivamente longo por parte da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, a Dirección Xeral de Estradas e o MITMA, cheo de vicisitudes e complicacións, que nos últimos anos activouse.
Foron decenas de iniciativas parlamentarias nas Cortes as que formulamos os deputados e os senadores do Partido Popular: preguntas, interpelacións, comparecencias, etc. Instando aos diferentes gobernos a que se impulsasen os trámites desta estrada. E seguiremos facéndoo no futuro.
Hoxe toca mirar en positivo cara ao futuro e seguir traballando ata ver finalizadas as obras deste tramo. Lembro unha vez máis a importancia deste investimento para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada a variante, solucionará os problemas da alta intensidade de tráfico que existen e posibilitará o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da N-120 no boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.
Ao mesmo tempo instamos ao MITMA a que conclúa xa todos os moi escasos trámites pendentes do seguinte tramo do variante norte, o que vai desde Quintela ata A Casilla, e proceda á súa licitación.
Asemade seguiremos reclamando ao Goberno que acelere os trámites do tramo da autovía Ourense-Lugo entre Cambeo- Sanmartiño pois permitiría conectar directamente a autovía A-56 coa N-540. Trátase dun tramo de 9 quilómetros que precisa dun investimento de 73 millóns de euros e a súa construción é fundamental para dar funcionalidade ao tramo San Martiño-A Barrela Norte, que é o único aberto ao tráfico.
ENTRADAS DESTE BLOG SOBRE A VARIANTE NORTE DOS ÚLTIMOS
SEIS ANOS
http://www.celsodelgado.gal/2021/11/o-partido-popular-de-ourense-deu.html
http://www.celsodelgado.gal/2021/10/licitadas-en-el-boe-las-obras-de-la.html
http://www.celsodelgado.gal/2021/10/el-mitma-anuncia-la-licitacion-del.html
http://www.celsodelgado.gal/2021/10/cuarenta-y-tres-dias-sigue-sin.html