Urximos novamente a licitación da Variante de Ourense. Tramo: Eirasvedras-Quintela

Publica hoxe o BOE un anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia polo que se somete a Información Pública previa á declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de construción da Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de  Eirasvedras coa  N-120 na súa  pk. 573,800-Ligazón de Quintela coa  N-120, na súa  pk 572,000. Clave: 13- OR-4600.A.

O texto dá conta de “que por Resolución do 22 de abril de 2019, o Director Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento aprobou o Proxecto de Construción "Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de  Eirasvedras coa  N-120 na súa  pk 573,800-Ligazón de Quintela coa  N-120, na súa  pk 572,000", e ordenou a esa Demarcación a iniciación do expediente de expropiación dos terreos necesarios para a execución das obras,tendo en conta, no seu caso, o indicado no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa”.

E engade que “en consecuencia, esta Demarcación de Estradas do Estado en Galicia inicia a tramitación do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia, previsto no artigo 52 da vixente Lei de Expropiación Forzosa. Por iso, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da Lei de Expropiación Forzosa en relación co artigo 52 da citada Lei e 56 do seu Regulamento, resolveu someter a información pública a efectos da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo citado proxecto, como trámite previo á declaración da urxente ocupación.”

O anuncio inclúe unha relación individualizada dos bens e dereitos afectados no termo municipal de Ourense.

Agora, durante o prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, os interesados terán á súa disposición a efectos de ser consultada, a memoria, a relación de bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios da expropiación da obra e poderán presentar as alegacións que se estimen pertinentes acerca da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.


Quero destacar que a publicación desta anuncio non é incompatible cunha inmediata licitación pola Dirección Xeral de Estradas deste tramo da variante.

Así o vimos reclamando con enorme insistencia desde fai máis dun ano. Achego os linkd. deste blog.





E agora instimos na súa licitación antes de que remate 2019. Xa non caben máis escusas, compre lembrar de novo que nos Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda prorrogados- existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar as obras deste tramo e, polo tanto, existe claramente disponibilidade orzamantaria e o único que é preciso e vontade política de licitar.

Con la tecnología de Blogger.