jueves, 27 de abril de 2017

Fomento aproba o expediente de información pública da variante Norte de Ourense

O Ministerio de Fomento, publica hoxe o Boletín Oficial do Estado, unha Resolución do 3 de abril de 2017 do Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda  pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o Documento para lnformación pública do Proxecto de Construción do primeiro tramo do variante Norte de Ourense, entre as ligazóns de Quintela e Eirasvedras. Indica un conxunto de prescricións a cumprimentar no Proxecto de Construción e atendendo á alegación do Concello de Ourense deberase redactar un Documento técnico no cal se estuden determinados aspectos relacionados con modificacións nos accesos.

Esta actuación, que está incluída no trazado da autovía A-56 entre Lugo e Ourense, ten un orzamento de licitación de obra estimado de 30,2 millóns de euros (24.977.561,94 máis 5.245.288,01 euros en concepto de I.V.E.)

O primeiro tramo do variante Norte de Ourense (A-56) terá unha lonxitude de 1,7 km e iniciarase na ligazón de Quintela, onde conecta coa N-120. Está previsto desenvolver unha conexión no punto quilométrico (p.k.) 572 da N-120, á altura do núcleo de Tarascón.

O tramo de estrada finaliza na contorna da actual ligazón de Eirasvedras da autovía das Rías Baixas (A-52, ligazón Ourese Norte, p.k. 233), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na N-120.

O trazado proxectado do Variante Norte de Ourense é o tramo final da Autovía A-56 de Lugo a Ourense, punto no que enlazará coa A-52.

Sen dúbida estamos ante unha moi boa noticia que constitúe un novo avance nesta actuación que debe culminar na redacción final do proxecto construtivo, a súa supervisión e aprobación, paso previo ao comezo das expropiacións e posterior licitación.

Lembrar que o proxecto de lei de PGE para 2017 inclúe unha partida de 3,7 millóns de euros para este tramo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta