Mostrando entradas con la etiqueta Turismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Turismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de septiembre de 2026

No Día Mundial do Turismo

 


Hoxe 27 de setembro celebramos o día mundial do Turismo.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou o pasado martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%.

Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Os datos estatísticos indican que en agosto 790.590 persoas aloxáronse nos establecementos hoteleiros galegos, xerando un total de 1.645.232 noites. Estas cifras mantéñense en niveis similares aos do ano anterior, con incrementos do 1% en cada un dos indicadores, e confirman a estabilidade do segmento hoteleiro en Galicia nos últimos exercicios. De feito, o número de noites do segundo mes do verán mantense no contorno dos máximos da serie histórica.

Os datos de agosto tamén analizan a procedencia da demanda. O 75% das noites hoteleiras corresponderon ao turismo nacional. Dentro deste mercado destaca especialmente o turismo receptor, é dicir, os visitantes procedentes doutras comunidades autónomas, que representan o 61% do total das noites.

Pola súa banda, o mercado internacional, con máis de 226.000 turistas aloxados en hoteis e pensións da comunidade, incrementouse o 16,6% con respecto a agosto de 2025. O número de noites rexistradas 403.171, o que se traduce nunha suba do 17,5%.

Entre xaneiro e agosto deste ano e á espera de incorporar os datos de agosto correspondentes ao turismo rural, albergues e cámpings, Galicia contabiliza 4,7 millóns de viaxeiros aloxados, que realizaron case 9 millóns de noites, un 2,3% máis que no mesmo período de 2025.



jueves, 24 de septiembre de 2026

En Expourense en la 24ª Feria Internacional de Turismo Termal, Salud y Bienestar. Termatalia


Asisto esta mañana en Expourense a la inauguración de Termatalia 2026 con un objetivo muy claro: generar negocio, compartir conocimiento y fortalecer la cooperación público-privada dentro de la comunidad termal internacional. La participación de 16 países, 60 expositores, 50 expertos y 15 touroperadores son datos que demuestran el buen momento que vive el turismo de salud en todo el Mundo y, en especial, en la comunidad gallega, en la provincia de Ourense y en el país vecino, Portugal.

La 24ª Feria Internacional de Turismo Termal, Salud y Bienestar fue inaugurada esta mañana en un acto en el que intervinieron el director de la Agencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; el secretario general de Termas de Portugal, Joao Pinto; la directora de Promoción de Porto e Norte de Portugal, Cristina Mendes; el presidente de Balnearios de España y del ICTES, Miguel Mirones; el presidente de la Diputación provincial de Ourense y de Villas termales de España, Luis Menor; el presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; y el Conselleiro de Empleo, Comercio y Emigración de la Xunta de Galicia y presidentes del Patronato de la Fundación Expourense, José González.

Durante sus intervenciones todos hicieron referencia al buen momento que atraviesa el turismo termal y la apuesta de las distintas administraciones en su desarrollo en Ourense, Galicia y Portugal, comentando que los datos registrados en 2025 son los mejores de la historia hasta el momento y que Termatalia es, en palabras del Conselleiro, “una pieza clave para afianzar las bases de una oferta sostenible, rentable e innovadora cita y captar nuevos operadores que trabajen en un segmento que, en 2025, demostró su gran capacidad económica al generar en Galicia 232.000 turistas y 74,6 millones de euros de gasto”.

Por su parte, el presidente de la Diputación de Ourense, Luis Menor, indicó que de el termalismo “más allá de ser un motor turístico, los baños termales se están consolidando como una política pública y estratégica fundamental. Prueba de ello es la trayectoria del Programa de Baños Termales Sociales de la Diputación Provincial, que tras 11 años de funcionamiento ha alcanzado cifras sobresalientes: más de 27.800 beneficiarios, casi 90.000 pernoctaciones y más de 202.000 técnicas termales aplicadas”. Y si se hace referencia a Portugal, la directora de Promoción de Porto e Norte hizo referencia a que el turismo termal en esta región creció en 2025 un 70%.

También intervino en este acto el presidente de Balnearios de España-ANBAL, Miguel Mirones, quien aprovechó para reivindicar que se tenga en cuenta la opinión de la patronal de los balnearios a la hora de promulgar leyes que decidan incluir el termalismo en el catálogo de servicios de la Seguridad Social. También hizo referencia a la necesidad de diferenciar los distintos establecimientos que ofrecen servicios relacionados con el bienestar entre los que utilizan agua termal y los que no, ya que la legislación y cumplimientos que se le exigen a un balneario son mucho más estrictas que al del resto de establecimientos que prestan servicios de bienestar relacionados con el agua. La vieja máxima que tantos años lleva escuchándose en Termatalia de “la diferencia está en el agua” sigue vigente. Mirones recordó que “un balneario es mucho más que un alojamiento: es una empresa tractora, foco de empleo, elemento de dinamización socioeconómica y un aliado para preservar población, servicios y actividad. Su capacidad para integrar salud, ocio, naturaleza, cultura y desarrollo local convierte al termalismo en una de las propuestas turísticas con mayor potencial”.

En este acto inaugural estuvieron presentes profesionales de los 16 países integrantes, entre los que destacaban la delegación de representantes de la Secretaría de Turismo Federal de Gobierno de México y de la SECTUR del Estado de Guanajuato; la delegación de alcaldes y representantes institucionales de Ucrania que están estos días conociendo Ourense de la mano del INORDE, o la delegación de intendentes y representantes municipales de la provincia argentina de Catamarca.

También asistió el ex ministro de Turismo de la República del Uruguay, Eduardo Sanguinetti, quien hizo entrega al director de Termatalia, Rogelio Martínez, del primer Vademecum de las Aguas Mineromedicinales de ese país. Se trata de una publicación que nació a raíz de la celebración de Termatalia en Uruguay en 2023. Sanguinetti estuvo acompañado en esta entrega por el nuevo Cónsul General de Uruguay en Galicia, Asturias, Cantabria y País vasco, Pedro Keuroglian.








sábado, 15 de agosto de 2026

O PP de G denuncia a “desatención, deixadez e apatía” do Goberno de España na preparación do próximo Ano Santo


Onte n
unha intervención ante os medios de comunicación, as deputadas nacionais do Partido Popular, Marta González e Tristana Moraleja, xunto ao noso concelleiro, Adrián Villa, fixeron un balance da colaboración do Goberno central coa capital de Galicia. Así Marta González puxo en valor o turismo como “unha oportunidade económica e social para Santiago e para Galicia” e defendeu a necesidade de apostar pola convivencia entre visitantes e residentes, fronte “á falta de planificación do Goberno de España e a política de turismofobia, opacidade e ausencia de servizos básicos do goberno de BNG e CA”.

Marta González denunciou a “desatención, deixadez e apatía” do Goberno de España na preparación do próximo Ano Santo e lembrou que o Executivo estatal continúa gobernando cuns Orzamentos Xerais do Estado prorrogados desde 2023, aprobados ademais na anterior lexislatura.

“Esta situación -explicou- impide unha planificación adecuada das necesidades económicas para obras públicas, infraestruturas, investigación ou servizos e, por suposto, dificulta tamén unha correcta planificación e apoio a un acontecemento de excepcional interese público como é o Xacobeo 2027”.

González cualificou de “inadmisible” que a Comisión Interadministrativa do Xacobeo 2027 se constitúa a só catro meses do inicio do Ano Santo, cando o Grupo Parlamentario Popular xa reclamara en novembro de 2024 que o Xacobeo fose declarado acontecemento de excepcional interese público.

“Primeiro vetaron a iniciativa do PP alegando unha suposta redución de ingresos, meses despois incorporaron o Xacobeo a ese réxime e agora, a catro meses de 2027, constitúen a comisión que debe canalizar a cooperación entre administracións e os incentivos fiscais”, agregou.

Para a deputada popular, “Galicia non pode seguir sendo vítima da falta de interese dun Goberno central que chega tarde ás cuestións fundamentais para a nosa comunidade mentres dispensa un trato moi diferente a outros territorios”.

Tristana Moraleja reclama a Óscar Puente infraestruturas para Galicia

Pola súa banda, Tristana Moraleja puxo o foco nas infraestruturas e denunciou “a falta de apoio e investimento” do Ministerio de Transportes que dirixe Óscar Puente, sobre todo, na provincia da Coruña e nas conexións fundamentais para Santiago.

Moraleja referiuse á situación do ferrocarril, marcada polas “continuas incidencias, atrasos e cancelacións que afectan diariamente aos usuarios”, e lembrou que o PP presentou varias iniciativas no Congreso reclamando ao Goberno de España “un plan urxente de mantenmeto e investimentos que garanta un servizo ferroviario fiable e de calidade para Galicia”.

“Non podemos permitir -subliñou- que os galegos paguen cada vez máis e reciban uns servizos públicos cada vez peores, cando utilizan o tren para traballar, estudar, acudir a unha consulta médica ou simplemente desprazarse”.

A deputada popular advertiu tamén da necesidade de completar a autovía Santiago-Lugo, coa finalización do tramo Arzúa-Melide, unha infraestrutura especialmente relevante porque permitirá separar definitivamente o tráfico pesado do trazado do Camiño Francés.

“A isto súmanse, agregou, os problemas de conectividade aérea de Santiago, a situación da estación ferroviaria, o previsto peche do seu aparcamento en setembro e as carencias detectadas en materia de seguridade tras o incendio das dependencias da Policía Nacional”.

“Estamos ás portas dun acontecemento internacional da dimensión do Xacobeo e Galicia necesita infraestruturas, conectividade e servizos á altura. Iso é o que lle reclamamos ao ministro Óscar Puente: planificación, investimentos e solucións”, afirmou.

“O BNG cobra a taxa turística, pero non presta os servizos”

O concelleiro do PP de Santiago Adrián Villa denunciou tamén que, fronte á aposta dos populares por un turismo “ordenado, sustentable e compatible coa calidade de vida dos santiagueses”, o goberno de BNG e CA “segue instalado na turismofobia e no sectarismo”.

Villa lembrou que Santiago é unha cidade referente do turismo e advertiu de que “o que ten que facer un goberno responsable é aproveitar esa fortaleza económica para prestar mellores servizos tanto aos que nos visitan como aos propios veciños”.

Neste sentido, criticou a “opacidade” coa que o goberno nacionalista decidiu o destino dos 1,7 millóns de euros recadados coa taxa turística, “sen consenso real co sector e sen destinalos a necesidades básicas que son perfectamente visibles nas rúas”. “Só hai que percorrer o casco histórico para atopar papeleiras desbordadas, colectores cheos, problemas de limpeza, falta de presenza de efectivos de seguridade e ausencia de información a pé de rúa que permita atender aos visitantes e distribuír os fluxos turísticos”, explicou.

Por iso, Villa preguntouse “onde están eses 1,7 millóns e por que non se utilizan para reforzar os servizos que necesitan tanto os visitantes como os santiagueses”.

“Fronte á turismofobia do BNG, nós defendemos un modelo no que o turismo sexa unha oportunidade, cunha estratexia clara e cunha convivencia real entre o sector, os visitantes e os veciños”, afirmou.

O edil popular concluíu asegurando que “Santiago necesita un cambio de rumbo e un goberno liderado por Borja Verea que volva prestar os servizos básicos, xestione con transparencia os recursos municipais e coloque de novo a Compostela no lugar que lle corresponde”.

martes, 12 de mayo de 2026

La CNMC resuelve que Alsa podrá prestar nuevos servicios de tren turístico en Galicia en los trayectos Orense – Barra de Miño – Os Peares – Monforte de Lemos – San Clodio-Quiroga – Montefurado – A Rúa-Petín.

 

Locomotora Eléctrica 7722 "La Inglesa " - 1953 (MUFERGA)

Informó ayer la La Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) que ha concluido que los servicios del tren turístico de Alsa en Galicia y los servicios públicos de Renfe no compiten entre sí y no comprometen el equilibrio económico del Contrato de servicios públicos 2018-2027 entre el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible y Renfe Viajeros. (STP/DTSP/011/26).

Alsa ha solicitado prestar hasta cinco frecuencias por sentido, que son coincidentes con servicios públicos de media distancia en la red convencional, en los siguientes trayectos:

  • Orense – Barra de Miño – Os Peares – San Estevo de Sil – Canaval – Monforte de Lemos.
  • Monforte de Lemos – San Clodio-Quiroga – Montefurado – A Rúa-Petín.

Los servicios turísticos de Alsa y los servicios públicos de Renfe no compiten entre sí porque los de Alsa circulan con trenes históricos y sólo operan durante el verano. Además, sus precios son entre tres y siete veces más caros que los de los servicios públicos.

La CNMC ha realizado la preceptiva prueba de equilibrio económico a solicitud del Ministerio de Transportes y de acuerdo con la Metodología aprobada el 16 de julio de 2020.

miércoles, 25 de marzo de 2026

O PP de Ourense participa na mobilización en defensa dun tren útil na Gudiña e critica a ausencia do PSOE nunha reivindicación clave para a provincia


O Partido Popular de Ourense participou hoxe na mobilización convocada pola Plataforma Dereito ao Tren en defensa dun servizo ferroviario útil na estación Porta de Galicia-A Gudiña, unha mobilización diante da Subdelegación do Goberno para reclamar máis frecuencias e horarios axeitados que garantan o dereito á mobilidade do interior da provincia.

Representantes institucionais, alcaldes das comarcas afectadas, cargos públicos e afiliados do PP de Ourense sumáronse a esta convocatoria, reiterando o seu compromiso coa defensa dun tren útil e co desenvolvemento equilibrado do territorio. 


Os deputados do PP no Congreso tuvimos Pleno, o que imposibilitou a nosa asistencia.


Desde o partido sinalaron que esta mobilización responde a unha demanda “xusta e necesaria” para as comarcas do oriente ourensán, que dependen da estación da Gudiña como principal acceso á alta velocidade.

 

O Partido Popular lembra que nos últimos meses vén reclamando a recuperación de frecuencias e melloras nos horarios ferroviarios, tras a supresión de paradas e conexións que afectaron a milleiros de usuarios da provincia. Neste sentido, os populares puxeron en valor o traballo realizado a través de iniciativas parlamentarias e mobilizacións sociais, que contribuíron á recuperación dunha frecuencia matinal temperá na estación da Gudiña, unha rectificación que consideran “un paso na boa dirección, aínda que insuficiente”.

 

Así mesmo, o PP de Ourense subliña que a mobilización social foi clave para lograr avances e insistiu en que “é necesario seguir defendendo novos horarios e máis frecuencias que permitan desprazamentos razoables e favorezan a cohesión territorial”.

 

Crítica á ausencia do PSOE

 

Os populares lamentan que o PSOE de Ourense non secundase esta mobilización, a pesar de tratarse dunha reivindicación histórica da provincia e dunha demanda social amplamente compartida.

 

Consideran tamén “incomprensible” esta ausencia, especialmente cando os socialistas destacan publicamente a recuperación de frecuencias como un logro propio, tal e como fixeron recentemente en declaracións sobre a estación da Gudiña.

 

Para os populares, esta actitude evidencia “unha falta de coherencia e compromiso coa defensa real da mobilidade do interior da provincia”, subliñando que “cando se trata de defender os intereses dos ourensáns, é necesario estar ao lado da cidadanía, tamén nas mobilizacións”.

 

Compromiso coa mobilidade e coa cohesión territorial

 

O PP de Ourense reitera o seu compromiso coa defensa dun tren útil para a provincia e anunciou que continuará traballando desde todas as institucións para garantir mellores conexións ferroviarias, horarios máis axeitados e servizos que contribúan ao desenvolvemento económico e social do territorio.

 

Os populares ourensáns advirten que seguirán apoiando con firmeza “todas aquelas iniciativas que defendan a igualdade de oportunidades e o dereito á mobilidade dos ourensáns, especialmente das zonas do interior, que non poden seguir sufrindo decisións inxustas e discriminatorias”, afirma o Partido Popular de Ourense.

viernes, 6 de febrero de 2026

O sector turístico amosouse en 2025 como un dos principais piares da economía galega, tanto pola súa capacidade para xerar riqueza e emprego como polo seu impacto territorial e social





Onte o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nunha comparecencia no Parlamento de Galicia deu conta do balance turístico e económico que representou a actividade turística no pasado ano. Precisamente, os datos oficiais, publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), sitúan 2025 como un dos mellores da serie histórica e confirman a fortaleza dun modelo turístico baseado nos recursos dos territorio, a calidade e a sostibilidade.

INEbase / Servicios /Hostelería y turismo /Encuesta de gasto turístico. Egatur / Últimos datos

Segundo salientou o director de Turismo de Galicia, “os resultados de 2025 demostran que o turismo é hoxe unha actividade clave para o desenvolvemento económico de Galicia”.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou que Galicia pechou 2025 cun total de 8,8 millóns de turistas, un 7,3% máis que no ano anterior, “superando por segundo ano consecutivo a barreira dos oito millóns de visitantes”. Do total, 7,3 millóns aloxáronse en establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, cun incremento do 2,4%.

As noites superaron os 13,5 millóns, un 2% máis que en 2024, acadando o máximo histórico da serie. “A evolución positiva da demanda tivo un reflexo directo nos resultados económicos do sector”, afirmou. 

En 2025, os establecementos hoteleiros e pensións ingresaron máis de 451 millóns de euros, o que supón un aumento do 5,2% respecto a 2024. A rendibilidade do sector medrou un 7%, un punto por riba da media estatal que o fai nun 6%, e situando este indicador no valor máis alto rexistrado ata o momento. Para o director de Turismo de Galicia, “estes datos confirman que Galicia non medra só en volume, senón tamén en valor, apostando por un turismo máis rendible e de maior calidade”.

Emprego estable por todo o territorio

Toda esta conxuntura sitúa a actividade turística como una das principais achegas ao Produto Interior Bruto superando xa o 10%, e cun impacto directo e indirecto sobre sectores como a hostalaría, o comercio, o transporte, a cultura, o sector primario e os servizos. Concretamente, en termos de emprego, o sector rexistrou en 2025 un total de 83.629 afiliacións á Seguridade Social, un 1,5% máis que no ano anterior, o que representa o 7,7% do total das afiliacións en Galicia. “O turismo é tamén unha fonte de emprego estable e distribuído por todo o territorio”, subliñou Xosé Merelles.

O mercado internacional continúa representando preto do 30% da demanda, superando por terceiro ano consecutivo o turismo residente na comunidade. Destacan especialmente os incrementos de visitantes procedentes de Estados Unidos (+10,4%) e do Reino Unido (+14,6%), dous mercados estratéxicos polo seu elevado nivel de gasto.

O turista estadounidense alcanzou un gasto medio diario de 282 euros, converténdose no primeiro mercado internacional en termos de gasto total en Galicia, con máis de 200 millóns de euros entre xaneiro e setembro de 2025. “A internacionalización é unha das claves do crecemento do turismo galego e un dos eixos nos que seguiremos traballando”, indicou o director de Turismo.

Xuño, o mes que máis medra

O balance de 2025 confirma tamén avances significativos na desestacionalización, con incrementos de visitantes fóra da tempada alta e crecementos nas tres grandes tempadas turísticas do ano. Concretamente, xaneiro, maio e decembro amosaron crecementos que superaron o 4% e xuño foi o mes cun maior crecemento no número de visitantes cunha suba do 6,7% con respecto ao mesmo mes de 2025.

Ao mesmo tempo, consolídase a diversificación territorial, con aumentos destacados en xeodestinos do interior como Deza-Tabeirós, Ancares-Courel, O Ribeiro ou Celanova-Limia. Neste sentido, o director de Turismo destacou que “estase a ver como o turismo está a xerar riqueza repartida por toda Galicia”, contribuíndo deste xeito, á cohesión territorial e ao desenvolvemento do rural e do interior da comunidade.

Similar comportamento presenta o Camiño de Santiago, unha proposta que cada ano gaña máis peregrinos que optan por percorrer as distintas rutas. Así, volveu desempeñar en 2025 un papel fundamental como elemento vertebrador da oferta turística da comunidade. A Oficina do Peregrino entregou 530.987 Compostelas, un 6% máis que no ano anterior, cun peso crecente do peregrino internacional, que xa representa o 57% do total.

Ademais, segundo salientou o director de Turismo de Galicia, a chegada de peregrinos continúa a desestacionalizarse, con incrementos en meses como xaneiro (+31%) e febreiro (+15,20%), favorecendo a actividade económica durante todo o ano en numerosas comarcas do interior. Finalmente, o aspecto diversificador queda patente no incremento de peregrinos en camiños coma o Portugués da Costa que medra un 19,74%, seguido do Primitivo (+13,89%).

Experiencia, profesionalización e sostibilidade

Feita a análise do pasado ano, o director de Turismo de Galicia destacou que o seu departamento está a traballar no desenvolvemento de accións e programas que van nestas liñas estratéxicas e que permitirán mellorar a experiencia turística, avanzarán na profesionalización do sector e na aposta pola sostibilidade, a innovación e a calidade e tamén será o ano de preparación dun Xacobeo 2027 que promete grandes cifras e unha programación diversa e de calidade.

Neste sentido, Xosé Merelles destacou o Plan de Patrocinios e o programa de exencións fiscais así como a liña de axudas dirixidas aos actores e axentes económicos e sociais que favorecerán o deseño e plantexamento dunha programación de eventos conmemorativos do Xacobeo 2027 que interese a todos os públicos e cubra todas as temáticas e ámbitos da sociedade.

Do mesmo xeito, tamén se avanzará na profesionalización do sector turístico con máis accións de formación pero tamén cunha nova proposta, o Hub Gastronómico que se porá ao servizo dos profesionais turísticos para que poidan innovar, investigar e mellorar a competitividade do sector. Xosé Merelles tamén anunciou a posta en marcha dun programa específico de competencias dixitais para profesionais en activo, cun investimento de 2,5M€, para marketing dixital, redes, reservas online e atención ao cliente dixital, entre outros.

viernes, 23 de enero de 2026

A campaña "Provincia Termal de Ourense, Refuxio Familiar" xa está presente nas estacións de tren de Alta Velocidade

 A campaña "Provincia Termal de Ourense, Refuxio Familiar" xa está presente nas estacións de tren de Alta Velocidade de Chamartín e Alacant e tamén en liña a través dunha campaña de mercadotecnia dixital segmentada para captar os mercados próximos e o mercado interior gallego.

Onte na terminal madrileña puiden ver nas pantallas estas instantáneas:









jueves, 22 de enero de 2026

En Fitur na presentación de ”Ourense Provincia Termal Refuxio Familiar”

 


Asisto hoxe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo (Fitur), a presentación pola Deputación de Ourense da campaña “Provincia termal de Ourense, refuxio familiar”, para orientar cara a este segmento a creación dunha oferta turística multidestino para todo o ano, enriquecendo así o produto de lecer e saúde cun carácter desestacional que xa posúe.


A presentación correu a cargo do presidente Luis Menor; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; e a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística, Ilona Shekyants Kazaryan.


«Ourense Provincia Termal, Refuxio Familiar» pretende «captar a atención do segmento familiar, achegándolles propostas orientadas ao desfrute conxunto e adaptadas ás necesidades de todo tipo de familias», explicou Luis Menor, quen lembrou que este é un segmento que «enriquece a nosa oferta e nos permite seguir reforzando o noso atractivo como destino ao longo do ano».


Neste sentido, convén lembrar que as zonas rurais da provincia de Ourense ofrecen a oportunidade de descubrir comodamente a enorme riqueza natural e patrimonial de Ourensa, sendo "a mellor maneira de descubrir a esencia do noso territorio", sinalou o presidente provincial.


Novas propostas adaptadas a todas as familias


A campaña busca dar a coñecer estas novas propostas, que inclúen escapadas para descubrir a natureza e os diferentes centros históricos declarados como Bens de Interese Cultural, actividades culturais, deportivas, de orientación e de observación adaptadas para nenos, así como diferentes ideas para desfrutar dos recursos termais do territorio, que son o elemento diferenciador da provincia termal por excelencia.


Desde un tranquilo paseo ou unha ruta en bicicleta polas ribeiras dun balneario, ata visitas a Centros de Interpretación singulares como o de San Cibrán de Las, con vistas á comarca do Ribeiro, ou o Aquis Querquenae en Bande, ás portas da serra do Xurés, pasando por aventuras en castelos e fortalezas como as de Monterrei ou Castro Caldelas, ou navegando nun pequeno ecobarco polo río Miño… os plans que ofrecen as vilas termais e os centros históricos da provincia son incriblemente variados. E tamén se poden adaptar aos intereses de cada familia.


Unha viaxe no tempo, dende o megalítico á cultura romana, pasando polos castros celtas e o patrimonio medieval de vilas como Ribadavia, Allariz e Pazos de Arenteiro en Boborás, ata as ofertas máis lúdicas do Parque Acuático de Monterrei —situado na entrada da Ribeira Sacra—, o complexo deportivo O Corgo en Muíños e a perspectiva científica do Universo no Observatorio Astronómico de Trevinca. Esta nova iniciativa turística ten como obxectivo mostrar a riqueza patrimonial e a beleza natural da provincia a través dunha proposta moderna e sostible adaptada ás necesidades das familias que viaxan con nenos.


A Deputación reforza a súa estratexia turística coa inclusión do mercado familiar


Con esta iniciativa, a Deputación de Ourense pretende reforzar o seu atractivo turístico promovendo experiencias dirixidas ao mercado familiar durante todo o ano, ás que se unen outros segmentos, como o turismo sénior, o turismo deportivo ou o Camiño de Santiago, a través da promoción da Vía da Prata que seguirá vixente durante o ano 2026.


Esta campaña, lanzada hoxe en Fitur, forma parte do Plan de Sostibilidade Turística “Ourense colle velocidade: Vilas Históricas e Termais”, que a Deputación de Ourense está a executar en colaboración con Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, financiado por fondos europeos de Nova Xeración e xestionado polo Inorde. O obxectivo deste proxecto é desenvolver unha zona rural onde o turismo, e en especial o termal, sexa un piar fundamental da dinamización socioeconómica.


Esta campaña "Provincia Termal de Ourense, Refuxio Familiar" promoverase nas estacións de tren de Alta Velocidade de Chamartín e Alacant e tamén en liña a través dunha campaña de mercadotecnia dixital segmentada para captar os mercados próximos e o mercado interior gallego.






miércoles, 21 de enero de 2026

Na primeira xornada da Feira Internacional de Turismo (FITUR)



Visitei hoxe a Feira Internacional "Fitur" que celébrase desde o mércores 21 de xaneiro ata o domingo 25 no IFEMA de Madrid.  Ata o venres 23, Fitur está unicamente aberto a profesionais do sector turismo.

Esta Feira organizada por IFEMA MADRID na súa 46ª edición volve situarse no epicentro do turismo mundial e consolídase como a plataforma global do sector e defínese pola súa aposta polo coñecemento e o fortalecemento da súa dimensión internacional.

Así o subliñan as cifras presentadas pola organización: 9 pavillóns, 10.000 empresas representadas de 161 países, 111 deles con representación oficial -10 máis que na pasada edición- e 967 expositores titulares.

Incorpóranse 18 países a FITUR 2026, procedentes sobre todo de África e Asia-Pacífico, rexións que, segundo ONU Turismo, lideraron o crecemento mundial con +10% e +8% en chegadas, respectivamente, e incrementos en FITUR do 34% e 22% de superficie expositiva. Entre os novos destinos participantes, atópanse Abu Dabi, Dubái, Zanzíbar e rexións de Alemaña e Reino Unido, entre outros.

Estiven a maior parte do tempo no expositor da comunidade, situado no pavillón 9, organizado baixo o lema ‘Galicia Calidade’ e quere converterse na porta de entrada á terra para as persoas, profesionais e visitantes, que se acheguen a coñecer as propostas turísticas galegas.

Ao longo destas tres xornadas, o stand de Galicia acolle máis de medio centenar de actividades promocionais, mostras e faladoiros.

Estiven na presentación destas promocións turíticas:

RIBEIRA SACRA, CANDIDATURA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE


CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA INCLUSIVO

800 ANOS DA CONSAGRACIÓN DA CATEDRAL DE TUI

ASOCIACIÓN DE MUNICIPIOS DO CAMIÑO DE INVERNO A SANTIAGO: VINTE MUNICIPIOS, UNHA SOLA VOZ

TERMATALIA 2026 (24/25 de setembro) e XANTAR 2026 (19/22 de novembro)



Tamén nesta FEIRA ten unha importante presenza o sector do transporte por  marítimo, aéreo e por estrada. Chamoume a atención o stand da empresa galega Mombus, con un imponente autobús de dous pisos que fai a liña Galicia-Barcelona e Galicia-Madrid. Impresionante.

O transporte ferroviario por mor do tráxico accidente de Adamuz derivou en que  non estiveran presentes as operadoras Renfe, Iryo e Ouigo. E tampouco houbo actividade no stand de ADIF e do MiITMA. Unha decisión acertada.




domingo, 28 de diciembre de 2025

O programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense para o ano 2026 abrirá o prazo de presentación de solicitudes o próximo 7 de xaneiro

Informou onte a Deputación Provincial de Ourense que o programa de Termalismo Social para o ano 2026 abrirá o prazo de presentación de solicitudes o próximo 7 de xaneiro. 

Termalismo todo o ano desde a primeira quenda do 19 de xaneiro


Para o ano 2026, os balnearios participantes habilitarán quendas desde o mesmo mes de xaneiro ata decembro, ofertando prazas que permitirán acudir aos balnearios da provincia en calquera data do ano a través do programa da institución provincial.


A principal modalidade do programa por número de prazas ofertadas será a de Estancias Termais de 6 días (5 noites) con aloxamento, pensión completa, 10 técnicas termais e acceso ás piscinas de auga mineromedicinal termal. 


A primeira quenda ofertada nesta modalidade será a programada polo Balneario de Laias, que se iniciará o luns 19 de xaneiro, tan só 12 días despois de abrirse o prazo de solicitudes.


Modalidades, prezos e calendario en termalismourense.com


Desde hoxe, tod a información do programa estará dispoñible en www.termalismourense.com, que inclúe datos sobre os balnearios participantes: Arnoia, Eurostars de Allariz, Laias, Lobios, O Carballiño e Partovia.


Poderase consultar o contido das diferentes modalidades individuais do programa (Estancias Termais, Cultura Termal e Tratamentos Terapéuticos), así como os requisitos específicos e os servizos incluídos en cada modalidade.


Desde están xa dispoñibles os prezos. Como novidade este ano, os balnearios poderán ofertar un prezo único ou diferentes prezos en función da consideración de tempada baixa, media ou alta na que se habiliten quendas.


Na web atoparase un calendario de cada balneario coas quendas ofertadas e coa información sobre que meses considéranse tempada baixa, media e alta para cada establecemento termal.