Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Ourense. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de agosto de 2026

A Xunta inicia a información pública do novo viario de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense desde a N-525


A Xunta informou onte do inicio do trámite de información pública do proxecto do novo viario de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) desde a estrada N-525. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañada pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, e polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentou hoxe na cidade este proxecto.

O inicio deste trámite, recollido hoxe no Diario Oficial de Galicia, supón un novo paso para avanzar na execución dunha actuación que reforzará a mobilidade e a conectividade co complexo hospitalario. 

Segundo concretou  M. Allegue, trátase dun novo viario que conectara a N-525 co acceso ao CHUO, “con esa avenida do Regato e que, polo tanto, atravesará de modo transversal de oeste a este, e evitará esa circunvalación, eses rodeos, non só os veciños de Ourense, senón de todos os usuarios do complexo  hospitalario”. 

O Consello da Xunta deu luz verde a semana pasada á aprobación provisional do proxecto, que agora avanza coa exposición pública, incluída as expropiacións de 24 predios, co obxectivo de continuar coa súa tramitación administrativa. O prazo de presentación de alegacións estará aberto ata o vindeiro 21 de setembro.

O novo viario de acceso ao CHUO desde a estrada N-525 constitúe un compromiso do Executivo galego coa cidade de Ourense, a pesar de tratarse dun viario de carácter municipal, e suporá un investimento que supera os 4,3M€ de euros con fondos propios da Xunta. Esta contía, sumada aos 12,7 M€ da rolda Leste, cuxa licitación foi recentemente impulsada pola Xunta, representa un investimento conxunto de 17 M€ en novas infraestruturas viarias para a cidade. 

A estas actuacións engádese tamén o investimento de arredor de 3 M€ en reforzos de firme na cidade de Ourense.

O novo viario 

O novo viario permitirá mellorar os desprazamentos da veciñanza dos concellos da área sanitaria que acceden á cidade pola N-525, desde o sur. 

A actuación creará, ademais, unha nova conexión que favorecerá a mobilidade transversalmente desde a N-525, que conecta ao sur coa autovía A-52, e o CHUO.

O trazado terá unha lonxitude aproximada de 640 metros e discorrerá desde a estrada nacional ata a avenida do Regato, xa dentro da zona urbana.

A conselleira puxo o acento en con esta intervención acadarase un percorrido máis directo, favorecendo unha circulación tamén máis fluída e evitando os rodeos que actualmente deben realizar os usuarios para acceder ao complexo hospitalario.

O novo viario estará formado por dúas calzadas, con dous carrís de circulación de subida e un de baixada, separadas por unha mediana de 2 metros. O proxecto contempla tamén a execución de beirarrúas a ambos os dous lados e zonas de aparcamento ao longo do trazado. Ademais, para a conexión con distintas rúas do traxecto, habilitaranse dúas glorietas e interseccións con viarios municipais, entre eles o Camiño Romano, o Camiño das Laxas e a rúa Ramón Abelas.

Deste xeito, a intervención permitirá mellorar a accesibilidade ao CHUO e a mobilidade da súa contorna, beneficiando tanto á cidadanía de Ourense como ás persoas procedentes dos concellos da área sanitaria.

A conselleira enmarcar esta actuación, que facilitará o acceso dos ourensáns aos servizo da sanidade pública, no traballo que a Xunta está a desenvolver na cidade de Ourense para mellorar e o día a día da cidadanía.  Neste contexto, lembrou que esta mesma filosofía tamén está presente noutras actuacións impulsadas pola Xunta na cidade, como a senda de Reza, que contou cun investimento de 1,4 M€; a senda do Barbaña, cun investimento de 5,4 M€; ou a pasarela de Cudeiro, cun investimento de máis de 430.000 euros.

martes, 4 de agosto de 2026

O Consello da Xunta acorda a información pública, do proxecto para a execución da nova vía de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) desde a N-525


O Consello da Xunta acordou hoxe darlle luz verde á aprobación provisional, para a 
súa información pública, do proxecto para a execución da nova vía de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) desde a N-525.

Esta nova intervención, que suporá un investimento que roldará os 4,4 M€, ten como principal obxectivo a mellora da conectividade do CHUO, mediante a execución dunhanova vía de características urbanas, de 640 metros de lonxitude, e cunha marcada funcionalidade supramunicipal, xa que constituirá un novo acceso ao complexo hospitalario para a poboación dos concellos do distrito sanitario de Ourense, desde a N-525 á avenida do Regato.


A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas someterá este proxecto a

información pública este mesmo mes de agosto, para os efectos da Lei 8/2013, de

estradas de Galicia, e para os efectos expropiatorios, por un prazo dun mes. Nesta

intervención é necesario a expropiación dun total de 26 predios no municipio, dos que dous son públicos de titularidade do Concello de Ourense.


Unha vez que se resolva esta, aprobarase definitivamente o proxecto de trazado e a

redactarase o proxecto construtivo para a súa posterior licitación no primeiro trimestre do 2027. O prazo de execución das obras é de 24 meses.


O proxecto


En concreto, a actuación consiste na execución dunha nova vía transversal(dirección oeste-leste) con características urbanas, que conecte a estrada N-525coa avenida do Regato, dentro xa da zona urbana de Ourense, e evite así un importante rodeo para acceder ao centro hospitalario. Para acometer esta nova actuación, cómpre destacar que as conexións da vía proxectada xa se atopan executadas e en servizo.


Deste xeito, para a conexión coa N-525 utilizarase o enlace existente a distinto nivel

con glorieta situado no punto quilométrico 235,5. A conexión da nova vía substitúe e repón o actual entroncamento do camiño do Dentragón nesta glorieta.


No outro extremo, a vía proxectada conectará coa avenida do Regato e dálle continuidade á sección actualmente existente. Ademais destes dous puntos que definen os límites do trazado, a vía proxectada dará conexión a diversas rúas e camiños presentes ao longo deste, e para iso dúas novas glorietas e diversas interseccións con vías municipais, como, por exemplo, co camiño Romano, o camiño das Laxas ou a rúa Ramón Abelas.


As citadas dúas novas glorietas, de 35 metros de diámetro exterior, situaranse aproximadamente unha no punto medio do trazado e outra na súa parte final. Isto

permitirá ordenar todos os movementos viarios da zona e, en particular, coa rúa das

Laxas e a rúa Xoán Manuel Pintos, de conexión coa rúa Ermida.



A nova vía proxectada consta de dúas calzadas separadas por unha mediana de 2 metros, e dispón de dous carrís de subida (cara á N-525) e dun de baixada, en todos os casos de 3,25 metros de anchura. No proxecto incluíronse, ademais, beirarrúas de máis de 2 metros de anchura a ambos os dous lados e zonas de aparcadoiro distribuídas ao longo do trazado.


Na proposta que se someterá agora á información pública, no treito final de conexión coa avenida do Regato mantívose a mesma sección existente de dous carrís de 3,25 metros por calzada e mediana de 2,70 metros, alén de zonas de aparcadoiro e beirarrúas, que lle dan continuidade á actual sección da citada avenida.

lunes, 13 de julio de 2026

O delegado territorial verifica o comezo do asfaltado da rúa Progreso, na cidade de Ourense


O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo,  visitou esta mañá, acompañado de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, a rúa Progreso para supervisar o comezo das obras de asfaltado da rúa Progreso, que principian  na rotonda de Concepción Arenal e continuarán por toda a rúa do Progreso ata a rúa A Coruña, contempladas no proxecto para a mellora de 13 travesías urbanas de titularidade autonómica, nas que a Xunta  vai investir máis de  2,8 millóns de euros.

O delegado territorial explicou que as  actuacións no firme da rúa Progreso consisten no fresado e reposición puntual das zonas máis deterioradas e a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a rúa, ao tempo que se instalarán tres pasos elevados realizados con mestura bituminosa en quente.

Manuel Pardo precisou que o desenvolvemento das obras requirirán itinerarios de tráfico alternativos para minimizar as molestias á cidadanía, polo que emprazará a sinalización adecuada dos desvíos, xa consensuados coa Policía local de Ourense.

Durante a súa visita, o representante do Goberno galego salientou que as actuacións proxectadas inclúen obras de reparación, rehabilitación e reforzo dos firmes e pavimentos integrantes do dominio público autonómico, tanto das beirarrúas como das calzadas, complementadas coa renovación completa da sinalización horizontal e outras pequenas melloras complementarias, de forma que se reforce a seguridade viaria e a accesibilidade.

Estado das obras

O delegado territorial informou que a día de hoxe xa se leva executada a accesibilidade e mellora de beirarrúas nas rúas Emilia Pardo Bazán, Peña Trevinca, A Coruña, Progreso, Sáenz Díez e Río Arnoia.  Nestes intres, na rúa do Seminario xa se executou o muro da marxe esquerda, e estase a traballar na colocación dos novos colectores e a retirada de parte dos antigos. Tamén está en execución a rúa Bispo Lorenzo. 

En xeral, sostivo Manuel Pardo, trátase de actuacións encamiñadas a aumentar a seguridade e comodidade tanto dos peóns como dos condutores. Para iso, mellorarase a accesibilidade dos cruces e pasos de peóns con plaquetas podotáctiles, rebaixes onde sexa necesario ou a ampliación de beirarrúa para refuxio de pasos de peóns. “A adecuación de espazos urbanos para atender as necesidades das persoas con discapacidade non só mellora a calidade de vida, senón que tamén promove unha cultura de respecto e dignidade cara a todos os cidadáns”; concluíu o delegado territorial.

Proxecto de mellora nas estradas autonómicas na cidade de Ourense 

Manuel Pardo lembrou que dentro deste plan de mellora de infraestruturas da Consellería de  Vivenda e Planificación de Infraestruturas, están incluídas as rúas Río Arnoia, Progreso, Emilia Pardo Bazán, parte da rúa Velázquez, Bispo Lorenzo, Coruña, Peña Trevinca (na parte de titulariade autonómica), Seminario, Sáenz Díez, avenida Bos Aires, Isaac Piñeiro Varela e Pena do Vado, avenida de Ponferrada e Avenida de Zamora. 

E remarcou a importancia das redes viarias autonómicas para acadar a vertebración territorial, de modo complementario coa rede estatal. Neste sentido, sinalou que o Goberno galego segue traballando para aumentar e mellorar esta rede, asegurando unha axeitada conservación e preparándoa para eventos climáticos extremos. 

O delegado territorial rematou poñendo en valor a aposta da Xunta pola conservación das estradas da rede viaria autonómica, ás que en 2025 destinou 68 millóns de euros, entre as que se atopan os viarios urbanos, co fin de mantelas nas mellores condicións e facelas máis cómodas, seguras e accesibles.

miércoles, 13 de mayo de 2026

A Xunta instala unha pasarela peonil paralela á ponte da OU-150 na parroquia de Cudeiro, en Ourense, na que inviste máis de 435.000€.

 


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe os traballos de instalación dunha pasarela peonil paralela á ponte da OU-150 na parroquia de Cudeiro, en Ourense, na que inviste máis de 435.000€.

A nova pasarela discorre paralela á ponte sobre o rego Val dos Gozos, terá unha lonxitude de 60 metros e conectará con dous treitos da estrada OU-150 que xa contaban cunha senda e con beirarrúas, para conformar así un itinerario peonil continuo.

Allegue puxo en valor o proceso de instalación desta pasarela, que chega fabricada por partes para reducir o tempo de montaxe. Na colocación utilízanse dúas autogrúas e, en primeiro lugar, instalouse o apoio central para posteriormente colocar os dous vans cos que conta e ensamblar o conxunto. “Gústanos comprobar como se materializan proxectos, como pasan do plano á realidade”, destacou a conselleira, que tamén salientou a utilización de materia prima “de Galicia calidade” na construción do novo paso.

A estrutura da pasarela é de aceiro e para o pavimento e os pasamáns emprégase madeira de piñeiro, mentres que os estribos contarán con revestimento de coieira para acadar unha imaxe acorde coa ponte e a paisaxe próxima. 

A conselleira destacou esta actuación en materia de seguridade viaria e mobilidade sostible, que permitirá que os peóns poidan desprazarse a pé pola zona sen necesidade de cruzar a ponte, e puxo tamén en valor o seu deseño moderno é sostible, que busca tamén a integración na contorna.

Reapertura do tráfico

Os traballos de instalación da estrutura da pasarela motivaron o corte do tráfico desde o martes na ponte, a fin de desenvolver os traballos con seguridade e prevese que finalice neste venres 15.

Despois desta montaxe principal, quedan traballos na varanda, canalizacións, e o pavimento de madeira para completar a actuación. O proxecto inclúe ademais a dotación de iluminación da pasarela, para gañar seguridade, e a canalización de telecomunicacións. Prevese que os traballos estean rematados a finais de xuño ou comezos de xullo.

viernes, 16 de enero de 2026

Aprobada una moción del PP en el Concello instando al Gobierno y a ADIF a activar las obras de la estación intermodal y la adopción de soluciones urgentes al problema del estacionamiento

 

Hoy en el Concello de Ourense se celebró un pleno extraordinario en el que se debatió la moción propuesta por el grupo municipal del Partido Popular para activar las obras de la estación intermodal y la adopción de “soluciones urgentes” al problema del estacionamiento.

Fue defendida con solvencia por la concejal popular Noelia Pérez y fue aprobada con los votos a favor de PP, DO y BNG. El PSdeG-PSOE se abstuvo.

El texto aprobado es el siguiente:

Instar al gobierno municipal a que exija formalmente al Gobierno de España y  a ADIF Alta Velocidad.

1) La activación inmediata y efectiva de las obras de construcción de la nueva estación intermodal de Ourense, garantizando un ritmo de ejecución  acorde con la importancia del proyecto y las necesidades de los usuarios del ferrocarril.

2) La adopción de medidas urgentes para solucionar el problema de saturación del parking de la estación intermodal, priorizando su uso para los usuarios ferroviarios y garantizando el interés general de los ciudadanos de Ourense.


Exposición de motivos de la Moción

"La alta velocidad llegó a la ciudad de Ourense en diciembre de 2021 y cuatro años después en su estación, que es estratégica para toda Galicia, ADIF- AV una entidad pública adscrita al Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, apenas ha avanzado en las obras de modernización que fueron contratadas con la UTE adjudicataria en febrero de 2024.

En respuestas oficiales del Gobierno socialista de diciembre de 2025 a preguntas formuladas en el Congreso de los Diputados, se ha constatado que el grado de ejecución de las obras de la estación intermodal era tan sólo del 2,59 %, un porcentaje muy pobre alejado de lo razonable para el tiempo transcurrido desde su inicio formal el 17 de mayo de 2024.

A día de hoy no han comenzado las obras de ampliación del edificio de viajeros, ni las obras del nuevo paso elevado, cubierto y accesible (con ascensores y escaleras fijas y mecánicas), para facilitar el acceso a la zona de vías y andenes. No hay todavía indicio de obra alguna en la plaza de acceso a la estación: la marquesina de gran altura en la entrada principal y cubiertas modulares más bajas en el resto. Y sin atisbo de comienzo de las obras de la pasarela peatonal cubierta, dotada de ascensor, que cruzará sobre las vías de la estación entre A Ponte e o Vinteún.

Se  confirma la lentitud extrema en el desarrollo de un proyecto clave para la ciudad, que resulta aún más injustificable si se compara con la evolución de las actuaciones de modernización en otras estaciones gallegas, donde las obras ya han finalizado o se encuentran en un estado de ejecución muy avanzado. Es evidente que está generando un agravio evidente a Ourense.

A esta falta de impulso en las obras se suma un problema que afecta directamente al día a día de los usuarios, la saturación del parking de la estación intermodal. El propio ADIF ha reconocido oficialmente la alta ocupación del aparcamiento, especialmente en determinadas franjas horarias, sin que hasta la fecha se hayan adoptado soluciones eficaces. Una parte relevante de las plazas está ocupada por vehículos de alquiler y renting, lo que desvirtúa la finalidad del parking como servicio para los viajeros y reduce de forma notable las plazas disponibles, generando molestias continuas y una imagen negativa de la ciudad.

Ante esta situación, y pese a las reiteradas denuncias realizadas, resulta especialmente llamativo el silencio y la pasividad tanto del gobierno central como del gobierno municipal, cuando el alcalde de Ourense debería estar liderando una defensa firme y continua  de los intereses de la ciudad, exigiendo al Gobierno de España y a ADIF tanto la activación real de las obras así como soluciones inmediatas al problema del estacionamiento.

El Ayuntamiento de Ourense no puede permanecer al margen de una situación que afecta a la movilidad, a la calidad del servicio ferroviario y a la imagen de la ciudad."



sábado, 20 de diciembre de 2025

viernes, 19 de diciembre de 2025

O Liceo recibe a Medalla de Ouro de Ourense


Hoxe o C
oncello de Ourense recoñeceu a extraordinaria achega realizada polo Liceo á cidade outorgándolle a súa máxima distinción: a Medalla de Ouro. 

Foi entregada no salón de plenos por parte do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a Corporación municipal, con presenza de todos os grupos políticos, e recibida a distinción polo presidente do Liceo, Javier Casares, e a súa xunta directiva.


Asistin logo a continuidade deste acto na sede do Liceo na rúa Lamas Carvajal (Pazo de Oca Valladares) para participar nun acto con representantes de diferentes administracións e entidades e os propios socios do Liceo.


Parabéns!!













jueves, 18 de diciembre de 2025

A Xunta conclúe, coa nova pasarela do Barbaña, o eixo de mobilidade peonil e ciclista que conecta a cidade de Ourense de norte a sur, tras o investimento de 5,8m€

 


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou hoxe o eixo de mobilidade peonil e ciclista que conecta a cidade de Ourense de norte a sur, tras o investimento de 5,8M€. Estiven presente nesta visita.

A Xunta conclúe o eixo de mobilidade peonil e ciclista que conecta a cidade de Ourense de norte a sur, tras o investimento de 5,8M€. Allegue explicou que o último treito no que se actuou comprendeu o tránsito polo paseo da marxe do río Barbaña. Renovouse en 1,1 km o pavimento existente para segregar o carril bici da zona de paso peonil entre Os Remedios e a praza de Abastos.

A estrutura da pasarela proxéctase cun ancho útil de 5 metros, elevándose case dous metros sobre o terreo mediante pilotes. Nas zonas onde a senda non vai elevada, dispúxose unha base de 20 cm de saburra artificial rematada con 16 cm de pavimento de formigón, evitando invadir a zona inundable e respectando a cota do terreo actual. O deseño inclúe un ramal específico cara á zona de As Burgas e o centro histórico, con sinalización direccional e paneis informativos para o usuario.

Ademais deuse continuidade ao paseo na zona en que antes se interrompía, creando un novo treito entre a praza de Abastos e A Molinera. Neste último tramo tamén se mellorou cun novo cruce a avenida Pardo de Cela para facilitar a conexión da senda que chega pola Ponte Vella coa cidade.

A conselleira remarcou que a Xunta culmina así un itinerario de 4 quilómetros que atravesa a cidade, ao paso pola intermodal, o pavillón Paco Paz, a avenida das Caldas, a praza de abastos e o paseo do Barbaña. Sinalou que o percorrido une equipamentos e lugares de interese e conecta tamén coas Burgas e o centro histórico.

Puxo o acento nesta nova forma sostible que permite desprazarse por Ourense, por exemplo empregando a bicicleta para ir dende a intermodal ata Expourense en tan só 15 ou 20 minutos.

Cómpre lembrar que esta intervención forma parte da Estratexia de Mobilidade Sostible da Xunta, con sendas impulsadas polos fondos Next Generation nas cidades. O itinerario de Ourense súmase así ao xa estreado en Santiago, entre a intermodal a San Caetano.

María M. Allegue recordou que a Xunta tamén está a avanzar noutra senda para Ourense, no barrio de Reza, cuxas obras xa están licitadas por 1,5M€. Neste caso, trátase de 2,8km de itinerarios peonís.

O Goberno galego seguirá a dar pasos no eido das infraestruturas e da vivenda en Ourense grazas aos Orzamentos autonómicos para 2026, que dedican a estes ámbitos case 70M€ para a citada provincia.










 


sábado, 30 de agosto de 2025

Reaberto ao tráfico a Avenida Pardo de Cela tras rematar as obras para mellorar os cruces

 

Vexo esta mañá a actuación da Xunta de Galicia na avenida Pardo de Cela de Ourense, que conecta a ponte romana con Avilés de Taramancos e o paseo do Barbaña. Acaba de ser reaberta tras as obras executadas este verán.

O obxectivo destes traballos foi crear nesta contorna unha ampla superficie onde os cruces se poidan facer en múltiples direccións en condicións de seguridade. Para acadar este propósito, coordináronse os semáforos situados na zona do Pavillón Municipal dos Remedios e do Colexio Salesianos.

Colocáronse novos semáforos e iluminación, unha plataforma única máis accesible e melloras de seguridade para peóns e ciclistas.








domingo, 27 de julio de 2025

A avenida de Pardo de Cela, en Ourense, estará cortada ao tráfico a partir do vindeiro luns, 28 de xullo, con motivo das obras da senda do Barbaña


Informa a Xunta que a
s obras da senda do Barbaña, en Ourense, farán necesario o corte total ao tráfico da avenida Pardo de Cela, na zona dos Remedios, a partir de mañá luns 28 de xullo. Este corte prolongarase entre tres e catro semanas.

Trátase da última fase das afeccións á circulación para executar os traballos pendentes no cruce da avenida Pardo de Cela. O inicio desta fase, que supón o corte total do tráfico rodado, permitindo a circulación peonil, programouse para o luns 28 tras as conversas co Concello de Ourense, a fin de non interferir cos días da ponte da festividade de Santiago.

A Xunta xa instalou a sinalización específica para os desvíos de tráfico con motivo destas obras. Durante a súa execución, habilitaranse itinerarios peonís temporais para facilitar a mobilidade.

A Xunta está a intervir no cruce desta avenida, mellorando os movementos peonís e de bicicletas e o paso do Camiño de Santiago, nunha actuación consensuada coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O obxectivo destes traballos é crear nesta contorna unha ampla superficie onde os cruces se poidan facer en múltiples direccións en condicións de seguridade. Para acadar este propósito, coordinaranse os semáforos situados na zona do Pavillón Municipal dos Remedios e do Colexio Salesianos.

Tamén se colocará sinalización podotáctil e se disporán marcado viario e sinalización horizontal no cambio de rasante, zona de cruzamento de peóns e carrís de circulación de tráfico rodado.



lunes, 21 de julio de 2025

O Pleno do Concello de Ourense aproba os Orzamentos para o exercicio 2025


Hoxe foron aprobados en Pleno os orzamentos do Concello de Ourense para 2025 cos votos a favor de Democracia Ourensana ,a abstención do PP e o voto en contra de PSOE e BNG.

Teñen un importe total de 115.894.828,82 euros, fronte aos 103 millóns de euros de 2020, os últimos aprobados.


martes, 3 de junio de 2025

Ana Méndez presenta a nova xestora popular da cidade de Ourense, coa incorporación dunha vintena de membros “con capacidade e moitas ganas de devolver ao PP o liderado na capital”

 



Esta tarde na sede popular, coa presenza do presidente do PPdeOU, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas, Ana Méndez presentou a nova xestora popular da cidade de Ourense, coa incorporación dunha vintena de membros “con capacidade e moitas ganas de devolver ao PP o liderado na capital”

● A presidenta da xestora, que asume esta etapa “cunha gran esixencia persoal e moita responsabilidade”, advirtiu que quedan dous anos por diante “para demostrar que o PP é o partido da maioría, que escoita á súa xente e procura solucións”

● O presidente provincial asegurou que “o Partido Popular ten que ser a alternativa que esta cidade merece”. Con esta xestora, dixo, séntanse as bases para afrontar as eleccións municipais de 2027, “garantindo que estamos en condicións de deseñar un proxecto de futuro, cun amplo equipo e cunha persoa de referencia do PP para a sociedade ourensá”

3, xuño, 2025. A xestora local do Partido Popular na cidade de Ourense celebrou esta tarde a súa primeira reunión con Ana Méndez como nova presidenta, convocatoria na que deu a coñecer as persoas que formarán parte deste órgano.

Coa presenza do presidente provincial do PP, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas, a presidenta da xestora local agradeceu a confianza depositada na súa persoa para dirixir esta etapa no partido local: “É un posto que asumo con responsabilidade, orgullo, compromiso, ilusión e, como non podía ser doutro xeito, cunha gran esixencia persoal”.

Na reunión adiantou que o seu principal obxectivo é “traballar con moita dedicación para que o Partido Popular da cidade acade o liderado que sempre tivo e para mellorar a vida da cidadanía”. Ademais puxo o foco xa nas vindeiras eleccións municipais de 2027: “Quedan dous anos por diante para demostrar que o PP é o

partido da maioría, o partido das solucións, o que pisa a rúa e escoita á súa xente”. Ana Méndez advertiu que non hai tempo que perder, destacando que “temos equipo, temos capacidade, e sobre todo, temos ganas”.

Pola súa banda, o presidente provincial foi rotundo na súa intervención: “O Partido Popular ten que ser a alternativa que esta cidade merece”. Así, afirmou que os nomes da nova xestora son “ben coñecidos por todos nós, e tamén pola cidadanía”, persoas con ampla experiencia política “e outras que dan un paso á fronte na vida política local”.

Luis Menor asegurou que con esta xestora os populares ourensáns están sentado as bases para afrontar as eleccións municipais de 2027, “garantindo que estamos en condicións de deseñar un proxecto de futuro, cun amplo equipo e cunha persoa de referencia do PP para a sociedade ourensá”, dixo de Ana Méndez.

Integrantes da xestora do PP na cidade

A xestora local está integrada a partir de agora por 40 membros, anunciándose na reunión a incorporación dos novos integrantes deste órgano: Alberto Cacharrón, Antonio Rodríguez Miranda, Gabriel Alén, Enrique Álvarez, Ana Belén Vázquez Blanco, Santiago Camba, Cristina Romero, Jose Antonio Armada, Celso Delgado e Miguel Ángel Viso. También estarán representados mozos de Novas Xeracións: Elena Corral e Martín Gil.

Como secretaria da xestora Local continuará Marisol Díaz e seguirán como membros natos os concelleiros do grupo municipal: Jorge Pumar, Noelia Pérez, Pepe Araújo, Inma Moreiras, Sonia Ogando e Javier Rodríguez-Nóvoa.

Este órgano, así como o grupo municipal, manteñen o seu firme compromiso de traballar pola cidade de Ourense, e seguir incorporando ás súas filas persoas que desexen achegar novas ideas e proxectos de futuro para a capital.