Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP tachan de agravio que o Goberno aínda non licitara as obras do primeiro subtramo da circunvalación norte entre Eirasvedras e Quintela


Hoxe pola mañá os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández- reivindicamos o impulso e inicio de diferentes infraestruturas de comunicación de gran importancia para a cidade e para a provincia, comezando pola variante norte de Ourense, que a 64 días de que remate o ano aínda non foi licitada.

VARIANTE NORTE DE OURENSE- EIRASVEDRAS-QUINTELA

En Quintela, os candidatos criticamos que a 64 días de que remate o ano o Goberno central aínda non licitara as obras de construción da variante norte de Ourense, e moi especialmente do subtramo Eirasvedras-Quintela, de un 1,7 quilómetros.

En xullo deste ano, logo dunha interpelación dos deputados Celso Delgado e Ana Vázquez, o Goberno informou que o citado proxecto fora sometido á Auditoría de Seguridade Viaria -despois de meses de longa espera- e tamén que o proxecto de construción do tramo Eirasvedras e a N-120, no seu  punto qm. 573,800, ata a ligazón de Quintela, no seu pq. 572,000, fora aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

Unha esperada nova que se tiña que producir no ano 2018, pero que foi deliberadamente adiada polos novos responsables socialistas do Ministerio de Fomento, que interpelados de novo o pasado 3 de xullo sobre as previsións de licitación respondían, sen comprometer data algunha, que “tratándose dunha das actuacións prioritarias, procederase a licitar as obras na medida que o permita a dispoñibilidade orzamentaria”.

Os candidatos rexeitamos calquera escusa máis e  lembraron de novo que nos Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda prorrogados-  existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar as obras deste tramo e, polo tanto, “existe claramente disponibilidade orzamentaria e o único que é preciso e vontade política de licitar”.

Engadimos tamén que o Goberno Central presentou a principios deste ano un proxecto de orzamentos para 2019 –afortunadamente rexeitados- no que para este tramo non existía consignación algunha, o que provocou enormes protestas.

O Goberno ten a responsabilidade, e tamén a capacidade, de impulsar unha das infraestruturas máis urxentes e importantes para Ourense como é a variante norte, e polo tanto os candidatos consideramos un agravio esta demora, polo que esiximos que leve xa ao Consello de  Ministros este expediente e se liciten antes de rematar 2019 as obras do tramo Eirasvedras-Quintela, deixando poñer condicionantes orzamentarios inxustificados, “xa que un goberno en funcións non é un goberno sen obligacións.


https://m.youtube.com/watch?v=GNdp5YLepfM&time_continue=104



Con la tecnología de Blogger.