Apremiando ao Goberno de Sánchez para que cumpra os compromisos con Ourense en materia de estradas

Hoxe os medios de comunicación fanse eco dalgunhas das informacións que onte trasladamos os deputados ourensáns do Grupo Popular a medio desta nota de prensa que dicía:

"A 48 días de que remate o ano 2018, os parlamentarios ourensáns Celso Delgado, Miguel Ángel Viso e Ana Belén Vázquez constatan a falta de credibilidade de Pedro Sánchez en moitas das áreas da acción de Goberno. Unha delas é a relativa ás estradas que dependen do Ministerio de Fomento.

Xa desde a toma de posesión do novo responsable do ministerio e do seu equipo, o deputado Celso Delgado veu mantendo contacto cos responsables da área de estradas, co obxectivo de facer un seguimento aos principais proxectos de investimento que se contemplan nos PGE para 2018 e que teñen un cronograma previsto. Así, a finais do pasado mes de xullo, Delgado mantivo unha reunión co A 48 días de que remate o ano 2018, os parlamentarios ourensáns Celso Delgado, Miguel Ángel Viso e Ana Belén Vázquez constatan a falta de credibilidade de Pedro Sánchez en moitas das áreas da acción de Goberno. Unha delas é a relativa ás estradas que dependen do Ministerio de Fomento.



Xa desde a toma de posesión do novo responsable do ministerio e do seu equipo, o deputado Celso Delgado veu mantendo contacto cos responsables da área de estradas, co obxectivo de facer un seguimento aos principais proxectos de investimento que se contemplan nos PGE para 2018 e que teñen un cronograma previsto. Así, a finais do pasado mes de xullo, Delgado mantivo unha reunión co novo director xeral de Estradas ao que entregou un documento sobre as prioridades da provincia de Ourense.


Tamén nos meses seguintes, os deputados ourensáns formularon diferentes preguntas parlamentarias no Congreso coa finalidade de coñecer a situación dos proxectos e reclamar aos responsables ministeriais a súa activación, tendo en conta que contan con consignación orzamentaria nos PGE de 2018 .

Contas públicas en vigor desde o 4 de xullo e que foron elaboradas polo goberno de Mariano Rajoy e aprobadas pola maioría parlamentaria do Partido Popular e os seus aliados.


Quedan poucos días xa para que remate o presente ano  e os deputados ourensáns do PP alertan sobre o risco de perder investimentos e de adiamento de obras que son moi necesarias.

Hai dous proxectos de estradas que poden ser licitados dun xeito inmediato e que teñen todos os trámites cumpridos:


CONEXIÓN ENTRE A N-120 e a N-536. CIRCUNVALACIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS

O proxecto construtivo desta estrada (5,6 qm. e un orzamento de 63,6 millóns) foi aprobado en novembro de 2016. No ano 2017 foron ultimados todos os trámites relacionados coas expropiacións dos terreos.

O 7 de maio de 2018, nun acto oficial en Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna dixo que “a circunvalación do Barco é outra das estradas demandada na provincia e na que estamos a traballar na fase final da tramitación, correspondente a un proxecto xa aprobado con vistas a poder licitar neste mesmo ano as actuacións”

Pois ben, o Goberno socialista, malia ter consignados 3 millóns de euros nos  PGE para 2018, segue sen licitar as obras desta estrada que resulta de gran importancia para evitar o tránsito de camións pesados polo centro do Barco, estrada que ademais vén sendo reclamada de modo insistente desde hai anos polas forzas políticas e sociais de Valdeorras. Os deputados ourensáns reclaman a licitación inmediata. Non  hai escusas.

SENDAS PEONÍS DE RAZAMONDE (CENLLE)

Despois de dous anos e medio de tramitación, está aprobado o proxecto e comprometida - desde o pasado mes de de abril - a licitación das sendas peonís en Razamonde (Cenlle) que se cualificaba polo ministerio como prioritaria. O alcalde, Gabriel Alén, ven esixindo constantemente que se cumpra o comprometido e non recibe máis que evasivas, o que supón un deseprezo institucional e unha grave desconsideración aos veciños que demandan unha maior seguridade vial.


Os PGE para 2018 contemplan unha partida para este fin de 260.000 €. Reclamamos a súa inmediata licitación. Non  hai escusas.

E hai outros proxectos de estradas nas que exisimos a súa activación para cumprir o comprometido:

VARIANTE DE OURENSE: TRAMO  EIRASVEDRAS-QUINTELA


O 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo enlace de Eirasvedras coa N-120, no seu punto quilométrico 573,800 - Ligazón de Quintela coa N-120 no seu punto quilométrico 572,000 (orzamento de licitación estimado con IVE de 30,2 millóns de euros).



O 7 de maio de 2018 nun acto oficial en Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna resaltou a prioridade para o ministerio sobre a variante de Ourense, no tramo entre Eirasvedras e Quintela, sinalando que “o proxecto de construción finalizarémolo no mes de xuño e a partir de aí entraremos na fase de supervisión do mesmo e será unha das prioridades de licitación en 2018”. E engadiu que “imos seguir traballando na redacción do proxecto do tramo entre Quintela-A Casilla, duns 95 millóns de euros, para tentar chegar a finalizar o proxecto neste ano 2018.”

Pois ben, o pasado 27 de setembro o secretario xeral de Inrfraestruturas respostaba a unha pregunta de Celso Delgado y dicía: “En el tramo Eirasvedras-Quintela, en relación con el proyecto, se va a realizar una auditoría de seguridad vial y a continuación aprobaremos el proyecto técnico, o sea, está pendiente de culminarse esa auditoría de seguridad vial”.

Ante este sorpresivo trámite -nunca antes anunciado- procede que sin dilación o Ministerio de Fomento remate esa auditoría e proceda á conclusión do proxecto de construción do tramo, para que previa supervisión se proceda á súa licitación antes de que finalice 2018. Os  PGE de 2018 contemplan para este tramo unha partida de 2,5 millóns de euros.

Os deputados ourensáns consideran que non son admisibles máis demoras nesta actuación de vital importancia para a cidade de Ourense e esixen que se cumpra o comprometido.

AUTOVÍA A-76. TRAMO ENTRE A VEIGA DE  CASCALLÁ E O BARCO DE VALDEORRAS

O tramo da A-76 entre A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras ten unha lonxitude de 8,4 quilómetros e un orzamento de 26,35 millóns de euros. O 7 de maio de 2018 nun acto oficial en Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna dixo que “o departamento de Fomento está a traballar no tramo entre O Barco e León intensamente”. O BOE do 10 de maio de 2018 publicou a aprobación  do expediente de información pública do tramo que discorre integramente pola comarca de Valdeorras

Pois ben, o pasado 27 de setembro o secretario xeral de Inrfraestruturas respostaba a unha pregunta de Celso Delgado y dicía que “la previsión de finalización de la redacción del proyecto constructivo es mayo de 2019”.

Unha resposta que amosa que o goberno socialista incumpre os prazos previstos que eran que o proxecto de construción fora aprobado antes de que rematara 2018, como paso previo á licitación das obras deste primeiro tramo da autovía A-7. Os  PGE de 2018 contemplan para este fin unha partida de 3 millóns de euros.

Os deputados ourensáns reclaman a aprobación do proxecto antes de finalizar 2018.

AUTOVÍA A-56. OURENSE-LUGO

O 28 de maio de 2018 celebrouse no Ministerio de Fomento unha reunión entre o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, e un grupo político-empresarial comisionado para falar do impulso da autovía A-56 (Ourense-Lugo). Os responsables de Fomento informaron que as obras entre A Barrela e Sanmartiño (9,8 qm; 33,43 millóns) -executadas xa en máis dun 50 %- estarían previsiblemente finalizadas a mediados de 2019 e que nos PGE de 2018 había unha consignación de 10,76 millóns de euros para continuar coas obras neste tramo. E informaron que a previsión de finalización de redacción do proxecto constructivo era maio de 2019.

Nunha reunión en Fomento celebrada no mes de outubro cos representantes políticos e empresariais da zona pediron explicacións sobre a práctica paralización das obras. E os responsables ministeriais informaron que a causa fora debida a un modificado e que pronto serían retomadas as obras.

Demandamos a Fomento que reactive as obras deste tramo. E tamén que remate a redacción do proxecto do tramo seguinte Quintela-A Casilla antes de que finalice 2018."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.