Os deputados do PPdeOU presentamos as credenciais e comprometemos unha firme defensa dos intereses dos ourensáns

Os deputados ourensáns proclamados electos do Partido Popular de Ourense tras as eleccións xerais do pasado 10 de novembro, Ana Vázquez e Celso Delgado, presentamos esta mañá no Congreso as credenciais, primeiro requisito para adquirir a condición plena de deputado, que se completará ao acatar a Constitución no primeiro pleno no que participemos, neste caso, na sesión constitutiva da XIV Lexislatura do día 3 de decembro.

Ambos expresamos o  agradecemento polo respaldo que os ourensáns deron ao Partido Popular nos pasados comicios, así como o compromiso por traballar coa maior intensidade e desde o primeiro momento para defender os intereses xerais dos cidadáns, non só ourensáns senón tamén galegos.

“Nun preocupante escenario de inestabilidade política, de problemas de cohesión territorial e de desaceleración do ritmo de crecemento da economía, o principal obxectivo que temos é contribuir con respostas efectivas ao reto demográfico, traballar para  garantir o benestar dos habitantes da nosa provincia, e acadar a mellora da ocupación e dos datos de emprego e de afiliación”, manifestamos. 

En consonancia con este compromiso, anunciamos que xa estamos a preparar unha ampla axenda de traballo que pasa, en primeiro lugar, pola presentación -a partir do 4 de decembro- dunha batería de iniciativas nas que esixiremos ao goberno en funcións a adopción de decisións en relación con investimentos pendentes.

VARIANTE NORTE DE OURENSE, EIRASVEDRAS-QUINTELA.

A 41 días de rematar 2019, o goberno socialista aínda non licitou as obras, da variante norte de Ourense, no tramo de Eirasvedras a Quintela. Con moito retraso, hoxe foi publicado no BOE un anuncio de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados, cando o certo é que o citado proxecto xa foi sometido á Auditoría de Seguridade Viaria e está aprobado pola Dirección Xeral de Estradas desde o 22 de abril de 2019, cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

“Non caben máis escusas por parte do Ministerio de Fomento”, afirmamos os representantes ourensáns, recordando de novo que nos Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda prorrogados-  existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar as obras deste.

A 41 días de rematar 2019, o goberno socialista aínda non licitou as obras, da variante norte de Ourense, no tramo de Eirasvedras a Quintela. Con moito retraso, hoxe foi publicado no BOE un anuncio de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados, cando o certo é que o citado proxecto xa foi sometido á Auditoría de Seguridade Viaria e está aprobado pola Dirección Xeral de Estradas desde o 22 de abril de 2019, cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.



“Non caben máis escusas por parte do Ministerio de Fomento”, afirmamos, recordando de novo que nos Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda prorrogados-  existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar as obras deste tramo, existindo claramente dispoñibilidade orzamentaria “polo que o único que é preciso é vontade política de licitar”.


Recordamos tamén que Pedro Sánchez presentou a principios deste ano un proxecto de orzamentos para 2019 no que para este tramo non existía consignación algunha, o que provocou enormes protestas. Afortunadamente estos orzamentos foron rexeitados.

O presidente en funcións “ten a responsabilidade, e tamén a capacidade, de impulsar unha das infraestruturas máis urxentes e importantes para Ourense, como é a variante norte, polo que consideramos un agravio esta demora e esiximos ao Goberno que leve xa ao Consello de  Ministros este expediente é licite as obras do tramo Eirasvedras-Quintela, deixando de expoñer condicionantes orzamentarios, inxustificados, xa que un goberno en funcións non é un goberno sen obligacións”.


VARIANTE FERROVIARIA EXTERIOR.

Por outra banda, constatamos o retraso na licitación da denominada variante exterior ferroviaria (16,9 qm.), “un tramo indispensable para completar a chegada da alta velocidade con independencia da solución provisional actualmente en construción entre Taboadela e Ourense”.

Nesta liña, entendemos que o goberno socialista debe dar explicacións sobre as razóns polas que o pasado 1 de xullo non foron licitadas por ADIF-AV as obras de plataforma da variante de Ourense, tal e como se anunciou no Diario Oficial da Unión Europea do 7 de marzo.

Estes anuncios estimaban a licitación na citada data dos tramos da plataforma Taboadela-túnel de Rante (88 millóns de euros), túnel de Rante-Conexión  Seixalbo (21 millóns de euros) e da conexión Seixalbo-Seixalbo (9 millóns), todos eles con IVE excluído.

Tamén expresamos preocupación polo tramo da variante de Ourense entre  Seixalbo e Ourense, que tampouco foi licitado.

Finalmente sinalamos que non caben escusas de orde orzamentario para a licitación, xa que por prórroga orzamentaria en 2019 están vixentes os Orzamentos Xerais do Estado de 2018, elaborados polo goberno do PP, nos que ADIF-AV consignaba unha partida para esta variante ferroviaria, dentro dun custo total de 635,56 millóns, fixando a súa conclusión en 2024. En consecuencia, esixen ao Goberno que licite xa estas obras.

Ademáis os deputados incluiremos na nosa axenda de traballo, entre outras, estas reclamacións en materia de investimentos.


ALTA VELOCIDADE.



Os deputados ourensáns seguiremos vixiantes no seguimento do cronograma previsto para a chegada do AVE, pois “a día de hoxe a única certeza é que seguimos sen saber en que ano imos poder coller o AVE, e que o Goberno central segue sen ser capaz de concretar prazos”. O presidente Sánchez e o ministro de Fomento adquiriron un compromiso moi claro con Galicia: o inicio das probas do AVE a finais de 2019 e a posta en servizo en 2020, ademais da apertura do treito Zamora-Pedralba en 2020.

“Pola información que temos, que é ben pouca e ben pouco concreta, ningún deses prazos se vai cumprir, as probas non van comezar este ano, como se nos dixo, e Zamora-Pedralba tampouco vai entrar en servizo este ano como se nos dixo; e os galegos non sabemos cando imos poder viaxar a Madrid en AVE. Iso desde logo non é ir en prazo, polo que insistiremos na demanda de información y no obxectivo de que podamos coller o AVE para o inicio do Xacobeo 2021”.

ESTACIÓN FERROVIARIA DE MERCADORÍAS NO POLÍGONO DE SAN CIBRAO.

Os deputados instaremos ao Ministerio de Fomento a que contrate á redacción dun proxecto de estación de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, tendo en conta a potencialidade de carga e recepción desta área empresarial.

AUTOVÍA OURENSE-LUGO (Guntín).

Os deputados reclamaremos que se aceleren as obras do tramo San Martiño-A Barrela (9,8 qm.) de modo que poda estar en servizo no primeiro cuatrimestre de 2020. Tamén reclaman a aprobación definitiva do proxecto do tramo Ourense-Enlace Cambeo (9,0 qm.) que é, xunto á variante norte de Ourense, un dos prioritarios da A-56 por tráficos próximos a 10.000 vehículos e a sinistralidade existente na N-525.

A-76 (PONFERRADA-OURENSE).

Reclamaremos a licitación das obras, do tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras, no que agardamos desde xullo de 2019 o trámite de información oficial e pública do enlace de acceso a Biobra. E tamén a licitación das obras do tramo leonés entre Villamartín de la Abadía-Requejo.

MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA N-120).

Os deputados amosamos preocupación polos problemas xerados polos contínuos desprendementos de pedras e noiros no tramo desta estrada N-120, entre Os Peares e Ourense, que permanece aínda hoxe cortada. Resuta imprescindible dar unha solución definitiva e o primeiro é executar a maior brevidade as obras de emerxencia para a reapertura, pero tamén aprobar inmediatamente o proxecto de implantación de carriles de adiantamento entre os puntos quilométricos 548,800 e 564,000, que está demorada.

INVESTIMENTOS DA CONFEDERACIÓN MIÑO-SIL.

Faremos un seguemento en detalle sobre a situación de proxectos de interese para Ourense relacionados coa CHMS, como o saneamento do río Barbaña ou o do edificio para albergar as dependencias administrativas deste organismo de conca.

MELLORA DA SEGURIDADE CIDADÁ NA PROVINCIA.

Insistiremos na reclamación da necesaria e urxente creación da Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) que reforzaría a seguridade xa que a provincia de Ourense concentra o 70 % da súa poboación no rural.
Con la tecnología de Blogger.