jueves, 10 de enero de 2019

Jesús Vázquez acada o compromiso do Secretario General de Infraestruturas para licitar a Variante Norte en 2019


Coñecemos hoxe que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá no Ministerio de Fomento co secretario de general de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, para reivindicar a necesidade de activar as obras do primeiro tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela), unha estrada de 1,7 km de lonxitude e orzamentadas en 30,2 M€.



Informa nunha nota o Concello que “ o encontro de traballo transcurriu dun xeito amable, no que o alcalde de Ourense logrou que o secretario xeral de Infraestruturas avanzase o compromiso de rematar o proxecto construtivo; para poder licitar este primeiro tramo da Variante Norte durante o presente ano 2019. De feito, Jesús Vázquez puxo sobre a mesa a necesidade de desbloquear unha infraestrutura clave para o desenvolvemento económico e termal da cidade, e que está pendiente desde hai máis de 20 anos”.

Sinalan que “durante a reunión institucional, o rexedor ourensán enfatizou a importancia de licitar o primeiro tramo deste proxecto estratéxico da cidade “porque nos permitirá desenvolver a área termal da zona e a creación de postos de traballo vinculados á mesma, algo que é fundamental para o futuro de Ourense: porque suporá a vertebración da cidade e a creación do Bulevar Termal, clave para poñer en valor as marxes do río Miño e a nosa riqueza termal”.
Conclue a nota afirmando que “a reunión foi froito da insistencia do rexedor ourensán, que desde finais de setembro remitiulle tres cartas ao Ministerio de Fomento para solicitar unha reunión á maior brevidade co ministro, José Luis Ábalos, co gallo de tratar sobre a parálise da construción deste tramo”
Recordo que o pasado 27 de  setembro de 2018 na Comisión de Fomento formulei unha  pregunta ao secretario de general de Infraestruturas José Javier Izquierdo  Roncero sobre este tema e dicíalle: “En primeiro lugar, céntrome na variante de Ourense  Eirasvedras Quintela, un dos tramos da autovía Ourense Lugo, pero que é o tramo urbano e o que ten máis volume de tráfico. Neste expediente o 7 de febreiro o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución pola que se aprobaba o expediente de información pública e o documento técnico de adecuación do proxecto de construción. O 7 de maio o ministro anterior, nun acto público en Ourense, sobre a base dos informes que me consta que obraban na Dirección Xeral de Estradas, manifestou de modo tallante que o proxecto de construción sería finalizado no mes de xuño e que, a partir de aí, entrábase na fase de supervisión do mesmo e sería unha das prioridades de licitación en 2018. Ao mesmo tempo, dicía que ían seguir traballando na redacción do proxecto do tramo entre Quintela e A Casilla. Póñolle de manifesto que os orzamentos de 2018 contemplan para o tramo  Eirasvedras Quintela unha partida de 2,5 millóns de euros. Pídolle que anuncien xa a aprobación do proxecto de construción deste tramo e, previo á súa supervisión, acorden a súa licitación antes de que conclúa 2018.”

E o alto cargo de Fomento contestábame: “ Mire, teño algunha información que me trasladan agora directamente desde o meu gabinete. No tramo  Eirasvedras-Quintela, en relación co proxecto, vai realizar unha auditoría de seguridade viaria e a continuación aprobaremos o proxecto técnico, ou sexa, está pendente de culminarse esa auditoría de seguridade viaria.”

Ante este sorpresiva resposta aludindo a un trámite -nunca antes anunciado- procedería que sin dilación o Ministerio de Fomento acelerará a tramitación e rematara esa auditoría e logo á conclusión do proxecto de construcción.

Máis a 31 de decembro non consta que tal cousa sucederá – pese a que estamos falando de auditar unha estrada de 1,7 km de lonxitude -  e polo tanto quedou adiada en 2018  esta actuación de vital importancia para a cidade de Ourense- por falta de capacidade de xestión da Dirección General de Carreteras, e debo pensar tamén na falta de vontade política dos novos responsables ministeriais.
Agardo que o compromiso expresado hoxe por Izquierdo Roncero, diante do alcalde, se materialice no primeiro semestre deste ano. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta