domingo, 21 de febrero de 2021

En fase de probas a electrificación da liña do Miño entre Viana do Castelo e Valença


Esta semana Infraestruturas de Portugal (IP)  informou que xa realizou a marcha de inspección e ensaio da  catenaria no tramo Viana do Castelo-Valença (Fronteira), da Liña do Miño.

Finalizada a obra na vía que foi obxecto de obras de modernización e electrificación, actualmente desenvólvese a fase de probas e de obtención de certificación, e este é un dos últimos ensaios.

Esta obra está incluída no Plan de Investimentos Ferrovía 2020 e comprende a electrificación do tramo, a instalación de sinalización electrónica e as telecomunicacións, a adecuación de deseños, a construción de novas estacións técnicas para o cruzamento de trens de mercadorías e intervencións en obras de arte e pasos de nivel cun investimento global de 832 millóns de euros.

E informa IP que a final de marzo,  Infraestruturas de Portugal  espera ter a  Linha  do Minho certificada para a circulación trens de tracción eléctrica.

En xullo de 2019, na estación de tren da capital do Alto Miño tuvo lugar a inauguración deste proxecto por valor de 16 millóns de euros, e o primeiro ministro,  António Costa, dixo que a electrificación do tramo entre Viana  do Castelo e Valença estaría terminada no segundo semestre de 2020.

Segundo a empresa  Infraestruturas de Portugal, a finalización do proxecto de electrificación completa da Liña do Miño permite reducir o tempo de viaxe como consecuencia do uso de trens de tracción eléctrica e a eliminación do  transbordo en Nine. Tamén aumentará a competitividade do transporte ferroviario de mercadorías, aumentará a capacidade de 15 trens por día a 20, con máis espazo.

Celebro moito este anuncio e agardamos ao remate das probas.

Achego os enlaces ao seguimento feito neste blog a esta linha: