Sobre a mellora dos servizos ferroviarios transfronteirizos entre Guillarei-Tui-Valença do Minho.


A electrificación do tramo  Guillarei-Tui, de aproximadamente 5 km de lonxitude, enmárcase nos acordos bilaterais entre España e Portugal para a mellora dos servizos ferroviarios transfronteirizos.

Neste mesmo blog, o 14 de xuño de 2019 daba conta da adxudicación da execución do proxecto construtivo á empresa Telice por 1.782.939,22 euros (IVE incluído), e un prazo de execución de 6 meses.

http://www.celsodelgado.gal/2019/06/adxudicada-por-adif-electrificacion-do.html

As obras para a instalación da  catenaria no traxecto iniciáronse o pasado mes de setembro de 2019.

Tamén se atopa en fase de supervisión o proxecto de renovación integral e adecuación da infraestrutura do citado traxecto, no que destaca a racionalización e adaptación das instalacións para as novas condicións de explotación da estación de Tui.

Adif efectuou, a partir das 00:01 do pasado día 27 de xullo de 2020, a posta en tensión da  catenaria para a tracción eléctrica do tramo entre  Guillarei-Tui-Fronteira Portuguesa, pertencente á liña de ancho convencional  Guillarei-Valença  do Minho.

Executouse a instalación completa da nova liña aérea de contacto(LAC), electrificada a 3.000 V e preparada para a súa posterior electrificación a 25.000 V, e o  telemando das súas instalacións. A nova instalación está  telemandada desde un novo posto local situado en Tui e desde o posto central de Ourense.

O pasado 6 de agosto de 2020,  Adif daba conta da aprobación da  licitación do contrato de instalación dunha nova saída de  feeder  na subestación de  Guillarei e outras actuacións complementarias, no marco da electrificación do tramo  Guillarei-Tui e a conexión coa rede ferroviaria portuguesa.

A instalación da nova electrificación no tramo  Guillarei-Tui e a súa interconexión coa rede portuguesa fan necesario executar, segundo os resultados do estudo de potencia realizado por  Adif, as seguintes actuacións complementarias:

- Incorporación dun segundo grupo de 3.000 KW na subestación de Redondela, mediante a instalación dunha subestación móbil de tracción.

- Mellora das proteccións das subestacións eléctricas de tracción de Redondela,  Sela e  Guillarei.

- Inclusión dunha nova saída de feeder na subestación de  Guillarei. Os feeder son os condutores encargados de alimentar a catenaria (liña aérea de contacto) desde as subestacións.

- Substitución de compoñentes de telemando nas subestacións de Redondela,  Sela e  Guillarei.

O orzamento de licitación do contrato é de 719.139,80 euros (IVE incluído).

Unha vez finalicen estas actuacións e tras a realización das probas de fiabilidade, poderá ser posta en servizo.

Electrificación do tramo da Liña do Minho entre Viana do Castelo e  Valença


Salientar que o 27 de xullo de 2018 Infraestruturas de Portugal firmou o contrato de  electrificación do tramo da Liña do Minho entre Viana do Castelo e  Valença, cun investimento por valor de cerca de 18 millóns de euros. 
Son 49 Km, os que integra o proxecto de modernización da Linha do Minho, que  Infraestruturas de Portugal está a desenvolver no ámbito do plano de investimentos na Rede Ferroviaria Nacional –  Ferrovia 2020.

O prazo do contrato era de 660 días.

http://www.celsodelgado.gal/2018/07/un-paso-adiante-na-electrificacion-do.html

En maio de 2019 tiven oportunidade de constatar na propia estación de  Valença  a colocación dos postes sobre os que logo se colocaría o tendido áereo.

http://www.celsodelgado.gal/2019/05/en-execucion-as-obras-de-eletrificacion.html

As obras de eletrificación da Lña do Minho ata Valença deberán estar concluídas a finais deste ano 2020. O prazo foi anunciado en maio polo secretário de Estado das Infraestruturas, Jorge Delgado. 

A primeira fase da modernización desta liña entre Nine e Viana do Castelo, de 44 quilómetros foi xa inaugurada o 15 de xuño de  junho de 2019 e foi iniciada a circulación eléctrica. A obra foi executada en 820 días.


Con la tecnología de Blogger.