En execución as obras de electrificación do tramo da Liña do Miño, entre Viana do Castelo e Valença


Como teño informado noutra entrada deste blog, Infraestruturas de Portugal ( a ADIF lusa) consignou o 27 de xullo de 2018 o contrato de Eletrificación do tramo da Liña do Miño, entre Viana do Castelo e Valença, de 49 km de lonxitude, e que forma parte do proxecto de modernización desta liña no marco do plan de investimentos na Rede Nacional de Ferrocarrís - Tren 2020 .
Un investimento  por valor de 18,8 millóns de euros, que comprende entre outros, vos seguintes traballos:

  Instalación de  catenária.

  Altitude das plataformas de pasaxeiros.

• Execución de dúas estacións técnicas de 750  m para trens de mercadorías.

• Descenso da vía férrea, para permitir a electrificación, nos Túneles de Seixas e  Gondarém.

• Estabilización de noiros, traballos de  terraplenado, drenaxe e estruturas de soporte e contención.

• Impermeabilización, para permitir a electrificación, dos túneles de Caminha,  Seixas e  Gondarém.

• Implementación do sistema de retorno de corrente de tracción + terras de protección ( RCT +  TP) e execución de ruta de cable.

A realización destes investimentos ten como obxectivo dotar á Liña de  Minho dun nivel de servizo superior, con mellores niveis de seguridade, eficiencia e competitividade do sistema ferroviario.

Hai uns días tiven oportunidade de constar na propia estación de  Valença  a colocación dos postes sobre os que logo se colocará o tendido áereo. Estas fotografías o acreditan.
Con la tecnología de Blogger.