sábado, 28 de julio de 2018

Un paso adiante na electrificación do tramo da Liña do Miño entre Viana do Castelo e Valença do Minho

Salientar que onte  Infraestruturas de Portugal firmó el contrato de  electrificación do tramo da Liña do Miño entre Viana do Castelo e  Valença, nunha cerimonia que contou coa presenza do Ministro da Planificación e das Infraestruturas Pedro Marques, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes e do Vicepresidente da  IP, Carlos Fernandes.
Trátase dun investimento por valor de cerca de 18 millóns de euros, que comprende, entre outros, os seguintes traballos:
Instalación de  catenária
Alteamento das plataformas de pasaxeiros
Execución de dúas estacións técnicas de 750 m para trens de mercadorías
Rebaixe da vía férrea, para permitir  a electrificación, nos Túneles de  Seixas e  Gondarém
Estabilización de taludes, traballos nos terraplens, drenaxe e estruturas de soporte e contención
O contrato que agora se inicia no treito Viana do Castelo -  Valença, con cerca 49 Km, integra o proxecto de modernización da Liña do Miño, que  Infraestruturas de Portugal está a desenvolver no ámbito do plano de investimentos na Rede Ferroviaria Nacional –  Ferrovia 2020.
A concreción destes investimentos van dotar a Liña do Miño dun nivel de servizo superior, con mellores niveis de seguridade, eficiencia e competitividade do sistema ferroviario.
A presente acción integra a candidatura sometida no ámbito do COMPITE 2020, coa designación “Liña do Miño - Modernización do treito Viana do Castelo -  Valença, referente á cal se prevé un financiamento comunitario do 85%.
Neste acto estivo presente a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que avogou por poder acompasar a modernización da liña ferroviaria entre as cidades portuguesas de Porto e Valença coa electrificación do treito pendente de mellora en Galicia, entre Tui e Guillarei, e o impulso da saída sur de Vigo.
A conselleira trasladou a satisfacción do Goberno galego por este impulso á mellora do treito portugués desta liña ferroviaria e lembrou a demanda que a Xunta mantén activa desde hai anos para que, desde o Ministerio de Fomento, se impulsen as melloras necesarias no percorrido galego.
Nese sentido, Ethel Vázquez salientou a importancia estratéxica que ten para Galicia o obxectivo marcado de acadar que o tempo de viaxe entre Vigo e Porto quede no entorno dos 90 minutos.
A conselleira de Infraestruturas lembrou que esa preocupación da Xunta motivou que os Presupostos Xerais do Estado incluísen a partida necesaria para impulsar a electrificación do treito pendente entre Tui e Guillarei. Así mesmo, demandou que se produzan avances na planificación técnica que debe definir a saída sur de Vigo, “unha actuación complexa pero necesaria” na que considerou necesario dar pasos adiante.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.