sábado, 30 de junio de 2018

Coñecendo os proxectos das precandidatas á presidencia do Partido Popular


Recibimos esta semana en Ourense a visita de dúas precandidatas á presidencia do Partido Popular, que acudirán a sede provincial para presentar aos militantes os seus proxectos. En ambos casos foron presentadas polo presidente provincial, Manuel Baltar

O Xoves estivo Soraya Sáenz de Santamaría que manifestou que “O PP mira moito para Ourense, porque o PP de Ourense é un exemplo do que temos que facer para volver a gañar”,

Acompañada por Fátima Báñez, deputada por Huelva e ex ministra de Emprego, Sáenz de Santamaría dixo presentarse á presidencia do PP nacional “porque creo que podo axudar ao meu partido a gañar as eleccións municipais de 2019 e porque podo gañar a Sánchez nas próximas xerais”.

O Partido Popular, engadiu, “ten que estar a punto para recuperar un goberno que lle arrebataron inxustamente aos españois”. Este é un momento moi importante para os afiliados e para España, dixo, “xa que temos a oportunidade de elixir non só ao presidente do noso partido senón tamén a quen vai ser o candidato á presidencia do goberno”.

E onte venres estivo María Dolores de Cospedal, que manifestou que “o  22 de xullo imos saír do congreso con máis fortaleza que nunca e cun liderado forte para gañar as eleccións” e amosou a súa satisfacción por poder estar en Ourense, “unha provincia que é un exemplo de como gañar e facelo por maioría absoluta conseguindo os mellores resultados de toda España”.

A precandidata, que debuxou un escenario político e de goberno “moi complicado”, afirmou que os españois necesitan un referente como é o Partido Popular, que “está a vivir un proceso de debate interno, de ideas, de proxecto político e non de persoas”.


“Somos o instrumento político máis importante que hai en España, un dos máis importantes de Europa e o único que ten unha idea clara da unidade e pluralidade do noso país”, afirmou Cospedal, “polo que temos a obriga de recuperar a ilusión, a confianza dos cidadáns e mesmo dos nosos votantes”.


Neste acto estivo presente o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, asegurando que “imos construír unha alternativa para que dun xeito rápido ofrezamos un proxecto para a gran maioría dos españois”. Lembrou Feijoó que en 2006 tamén houbo un proceso de relevo en Galicia “pero logo do congreso pechamos filas e nos puxemos a traballar para conseguir o goberno, e o conseguimos porque o partido colleu músculo”. Unha vez pechadas as urnas, dixo, “hai que poñerse á orde da persoa que resulte elixida presidente do partido”.

Toca agora agardar ao proceso de votación dos precandidatos e dos compromisarios que terá lugar o próximo mercores 4 de xullo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Anunciada a licitación da implantación de vía en ancho estándar no traxecto ferroviario Taboadela-Ourense


Onte publicaba o Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de licitación de  Adif alta Velocidade do contrato de obras de execución do proxecto de construción para a implantación do ancho estándar na vía do traxecto Taboadela-Ourense.
Vía actual en Seixalbo

Ten un valor IVE excluído: 21.874.254.50  EUR e unha duración de 12 meses.



Esta estupenda noticia é a continuación doutra que publicaba neste Blog o pasado día 24 de maio cando daba conta que o Ministerio de Fomento a través de  Adif Alta Velocidade ( Adif AV), aprobase a licitación e adxudicación de diversos contratos, por importe global de 106.901.966 euros (IVE incluído), para o avance dos traballos no traxecto comprendido entre Pedralba de la Pradería (Zamora) e Ourense.

Un deles. o que onte se anuncia no  DO da UE, ten como obxectivo facilitar a chegada da alta velocidade desde Zamora á estación de Ourense dando continuidade á  LAV Madrid-Galicia. Para iso é necesaria a implantación de vía en ancho estándar (1.435 mm) sobre o corredor ferroviario actual entre as estacións de Taboadela e Ourense, nunha lonxitude aproximada de 13 km.

As principais actuacións incluídas neste proxecto son as seguintes:

- Renovación da superestrutura de vía existente ( balasto, carril e travesas).

- Implantación de ancho mixto (terceiro fío).

- Montaxe de vía en placa en dous pequenos tramos de vía.

Estación de San Francisco
- Adecuación do trazado para homoxeneizar velocidades e garantir o cumprimento dos  gálibos e alturas libres que permitan a súa electrificación (obxecto doutro contrato).

- Impermeabilización dos catro túneles do tramo e execución dunha galería de emerxencia no túnel de San Francisco.

- Demolición da plataforma lateral sen uso do apeadeiro de Ourense-San Francisco.

- Adecuación da drenaxe existente á nova configuración de vías.

- Execución de  canaletas para comunicacións e cimentación dos postes de  catenaria.

- Reposición de servizos afectados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.

viernes, 29 de junio de 2018

Feijóo: " A finalización das obras da LAV a Galicia non é un obxectivo da Xunta, senón que é un obxectivo de Estado"


Da actualidade política de hoxe destaco as palabras do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a rolda de prensa do Consello da Xunta, no sentido de que o obxectivo de rematar as obras do AVE galego é viable e está avalado polos técnicos de ADIF e pedindo vontade política para manter a dilixencia administrativa co fin de axilizar as licitacións xa autorizadas e as adxudicacións pendentes e a presión sobre as empresas adxudicatarias das obras para o estrito cumprimento dos prazos de execución establecidos.
Logo de asegurar que esta petición a trasladará ao presidente do Goberno central e ao ministro de Fomento -cando se produzan os primeiros encontros institucionais-, Feijóo recordou máis polo miúdo que, de acordo cos datos facilitados polos técnicos do Adif e contrastados pola Xunta, o grao de execución do total das obras supera o 80%; e todos os principais contratos pendentes –arredor do 5%- están ou en proceso de licitación ou unicamente pendentes de publicación no BOE, con prazos de finalización compatibles coa data comprometida.
Viaduto das Teixeiras
En definitiva, o presidente da Xunta asegurou que entre Galicia e Madrid estase a construír un AVE de alta calidade, deseñado para unha velocidade de 350 quilómetros por hora na práctica totalidade do seu trazado e coa previsión de optimizar as súas prestacións grazas aos trens Avril, compatibles cos distintos tipos de ancho de vía.
Tras analizar no Consello o estado actual da infraestrutura e a previsións en relación co prazo comprometido –a circulación do AVE en probas a finais do ano 2019-, Feijóo afirmou que a finalización das obras non é un obxectivo da Xunta, senón que é un obxectivo de Estado.
A situación actual
En relación ao estado de tramitación e execución avaliado, Feijóo precisou que o treito da liña de alta velocidade entre Zamora e Madrid está xa en servizo desde febreiro do ano 2016, acurtando 30 minutos o tempo de viaxe.
O seguinte treito, entre Zamora e Pedralba da Pradería, está actualmente na súa recta final, coa previsión de que as obras finalicen o último trimestre deste ano 2018. Cómpre subliñar que cando supere o período de probas da Axencia de Seguridade Ferroviaria, a posta en servizo deste treito permitirá acurtar o tempo de viaxe entre Madrid e Galicia no entorno doutra media hora.

En relación ao cambiador de ancho de vía de Pedralba, Feijóo resaltou que está en obras desde xuño do ano 2017 e deberá finalizarse aproximadamente o vindeiro mes de xullo, para facilitar que os trens Alvia que parten de Ourense poidan circular por vía AVE xa desde Pedralba ata Zamora e de aí a Madrid.
Túnel de Portocamba 
A maior intensidade das obras pendentes concéntrase, polo tanto, no treito entre Pedralba da Pradería e Taboadela. Así, as obras de plataforma atópanse todas elas rematadas ou en estado avanzado de execución con: 5 treitos rematados, 8 que superan o 90% de execución e os menos avanzados teñen un prazo de finalización que se sitúa na primavera de 2019.
Así mesmo, e sobre o Viaduto das Teixeiras, lembrou que se atopa xa en plena execución e en disposición de finalizar en prazo. E, sobre as obras de superestrutura e elementos complementarios (balasto, travesas, carril, montaxe vía, catenaria, etc) concretou que o material está xa practicamente todo adxudicado, así como boa parte das obras e, practicamente, todas as licitacións pendentes foron autorizadas polos consellos de administración de ADIF dos meses de abril, maio e xuño deste ano, pendentes só de publicación no Boletín Oficial do Estado.
Obras dun viaduto entre Cerdedelo e Prado
Outro dos puntos onde se concentran traballos pendentes é na conexión entre Taboadela e a estación de Ourense, onde a construción dun pequeno ramal de conexión entre a nova Vía de Alta Velocidade e a vía convencional xa está en execución; e as obras para a adaptación das vías e andéns da actual estación de ferrocarril de Ourense, co obxectivo de facelas compatibles coa chegada dos trens do AVE, foron adxudicadas e teñen un prazo de 12 meses. E tamén está autorizada a licitación das obras para a adaptación da vía convencional, instalando o chamado terceiro fío, para permitir a circulación dos trens AVE, cun prazo de execución de 12 meses.

A miña total coincidencia co expresado polo presidente Feijóo.

As obras da  LAV a Galicia, contan con recursos orzamentarios suficientes, un cronograma perfectamente definido por  Adif alta Velocidade - certamente ambicioso pero  cumplible -  e unhas empresas adxudicatarias traballando a pleno rendemento.


Estamos, como levo dicindo desde hai anos, ante un Proxecto de Estado que todos estamos obrigados a impulsar.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

jueves, 28 de junio de 2018

Aprobación final de los PGE para 2018


Esta mañana el Pleno del Congreso culminó la tramitación parlamentaria de los Presupuestos Generales del Estado para 2018 que volvieron del Senado.

La sesión comenzó a las 9,00 con el debate de las 44 enmiendas que la Cámara alta incorporó al proyecto de PGE de 2018 y que suponian un cambio de aproximadamente 179 millones de euros en las cuentas.

Tras el debate, vinieron las votaciones que ratificaron 32, entre las que destacan la enmienda a la disposición adicional quincuagésima sexta en la que se cambia la forma de baremar los importes de las indemnizaciones a las personas afectadas por la Talidomida y la colaboración económica de la compañía propietaria de la patente de este medicamento. La mayor parte de las demás enmiendas contemplan cambios en las partidas destinadas a las inversiones en infraestructuras en Aragón, además de cambios fiscales para grandes eventos como el Festival de Jazz de Barcelona.

Las enmiendas que incluyó el Senado y que hoy fueron rechazadas por el Congreso, con lo que no se incorporan a los Presupuestos definitivos, son las número 5370 a la 5377, la 5384, la 5295, la 5309, la 5377 (nueva), la 5380 y la 5381.

Los Presupuestos Generales, después de su tramitación completa y la incorporación de las enmiendas, incluyen varios cambios destacables en materia impositiva, de infraestructuras y para la Administración Pública. En lo que respecta a la fiscalidad, los Presupuestos contemplan la reducción del IRPF para las rentas de entre 12.000 y 18.000 euros y la reducción del IVA para la asistencia a las personas dependientes.

Por otro lado, las pensiones más bajas aumentarán un 3% y se dotará con 200 millones al Pacto de Estado contra la Violencia de Género, con la aportación de 20 millones para ayuntamientos y 100 para comunidades autónomas, a sumar a los 80 previstos inicialmente en el Proyecto. En lo que respecta a la Administración Pública, las cuentas contemplan el aumento de la oferta pública de empleo y el incremento del salario de los funcionarios, así como el aumento de los permisos de paternidad.

En lo que respecta a los objetivos de estabilidad presupuestaria, el límite de gasto no financiero se fijó en 119.000 millones de euros.

La tramitación de los Presupuestos dio hoy su último paso en el Congreso después de que éste enviara el proyecto de ley al Senado el pasado 23 de mayo. En la Cámara Alta se presentaron 5.478 enmiendas, 61 propuestas de veto y 9 votos particulares que se suman a las casi 7.000 enmiendas que fueron debatidas en el Congreso. De estas, fueron incorporadas 330 enmiendas, 257 en Comisión y el resto en el Pleno.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

miércoles, 27 de junio de 2018

Pesar polo pasamento de José Luis Meilán Gil


Coñecemos hoxe o pasamento de José Luis Meilán Gil, falecido repentinamente a pasada noite.
Este coruñés, foi un prestixioso catedrático de Dereito Administrativo- do que tiven a sorte de ser alumno-  na Facultade de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e logo foi o segundo reitor da Universidade da Coruña, entre os anos 1990 e 2003.
Tivo una importante carreira política. En agosto de 1976 fundou o Partido Galego Independente, que logo integrouse na UCD

Foi electo en 1977 como deputado pola provincia de A Coruña nas Cortes Xerais, formando parte da lexislatura constituinte.  Traballou na elaboración da Constitución, intervindo decisivamente na elaboración do título octavo ao lado do profesor Clavero. 
Foi logo electo na primeira Lexislatura de 1979 na que se distinguiu na defensa dos intereses de Galicia, conseguindo que non fora discriminada na aprobación do seu Estauto de Autonomía, evitando o "aldraxe" que algúns pretendían.

No seu libro "El Estatuto Gallego. Por fin unnha Terra Nosa" da conta das vicisitudes que pasou a aprobación da nosa máxima norma autonómica.
Tamén foi conselleiro de Estado e distinguido coa Medalla de Ouro de Galicia en 2003, a Gran Cruz do Mérito Civil ou a de Alfonso X o Sabio, entre outros galardóns.
Siinto moito o falecemento de José Luis Meilán Gil, a que tiven a honra en coeñecer e lembro agora o día  29 de xuño de 2017 cando saudáballe no Congreso con ocasión do 40 aniversario das eleccións de 1977.

D.E. P.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Comezan as obras da conexión do Polígono de San Cibrao a autovía A-52

Saliento cómo una gran noticia para o desenvolvemento económico de Ourense o inicio hoxe das obras da conexión entre o polígono de San Cibrao das Viñas e a A-52, cun investimento de máis de 21,8 millóns de euros, que estará ao servizo dos veciños a mediados de 2020 e suporá un novo pulo para a promoción económica da provincia.

A conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez Mourelle puxo en valor esta estrada propia do século XXI, deseñada e pensada para favorecer o dinamismo e a actividade e contribuír, así, ao progreso do conxunto da comunidade.

Salientou que co comezo hoxe destas actuacións a Xunta cumpre a palabra dada, xa que o presidente Alberto Núñez Feijóo manifestou na súa última visita á zona o compromiso co inicio das obras en xuño.

Na actualidade xa se teñen realizado os traballos de limpeza e roza en Rante, máis ou menos á metade da traza do que será esa nova vía e tamén, de xeito paralelo, comezarán estes traballos noutro tramo, ao inicio do enlace coa autovía A-52. 

Esta vía de novo trazado, que transcorre polos termos municipais de Taboadela e de San Cibrao das Viñas, terá unha lonxitude aproximada de  4,5 km. O seu comezo será no enlace de Gargantóns, que conecta a autovía a A-52, a autovía AG-31 que vai a Celanova e a estrada local de Rante, onde se reordenarán os accesos a través dunha glorieta.

Tamén se executará unha segunda glorieta ao final do trazado, para conectar coa N-525, ao sur do actual acceso ao polígono industrial. Para salvar o río construirase un viaduto de máis de 500 metros, que terá unha altura considerable, dada a complicada orografía desta zona. Habilitaranse pasos inferiores e superiores para dar continuidade ás vías locais e camiños existentes, ademais de cruces a distinto nivel, coas estradas locais, para garantir a permeabilidade.

O novo itinerario reducirá en máis do 60% o percorrido da conexión actual coa A-52 o que, unido a unha maior velocidade, de ata 100 km/hora, se traducirá tamén nunha aínda maior redución do tempo necesario para percorrelo. Ademais, incrementará a seguridade viaria e mellorará a conectividade coa autovía de Celanova, favorecendo a mobilidade e os desprazamentos en toda esta zona. 

Ethel Vázquez fixo fincapé en que se trata dun proxecto ambicioso, froito da planificación completa, recollida no Plan sectorial viario de Ourense, que se aprobou no ano 2014, unha infraestrutura que permitirá atender as necesidades de comunicación do polígono industrial de San Cibrao e de toda a comarca. Concretou que o trazado compatibiliza a menor afección aos terreos e edificacións existentes cos requirimentos técnicos desta vía.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

martes, 26 de junio de 2018

Licitada a subministración e transporte de desvíos ferroviarios para o tramo Pedralba -Ourense


Esta semana está a ser  prolixa en noticias relacionadas co ferrocarril e a nosa Comunidade Autónoma. Así hoxe o BOE publica un Anuncio de licitación de ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración. 

Ten por obxecto a subministración e transporte de desvíos ferroviarios para o tramo  Pedralba de la Pradería-Ourense da liña de alta velocidade Madrid- Galicia.

Ten un valor estimado de 14.145.425,79 euros.


Un  desvío ferroviario é un aparello de vía que permite materializar a bifurcación dunha vía en dúas ou máis, de forma que os eixos das mesmas sexan  tanxentes nun punto; consta de cambio, carrís de unión e  cruzamento simple.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.

Adxudicados e licitados contratos da LAV a Galicia entre Pedralba e Ourense


Divulgou onte Adif Alta Velocidade (Adif AV), a aprobación da licitación e adxudicación de diversos contratos necesarios para o avance Divulgou onte Adif Alta Velocidade (Adif AV), a aprobación da licitación e adxudicación de diversos contratos necesarios para o avance dos traballos no tramo Pedralba de la Pradería (Zamora)-Ourense da Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia.


Desta forma, proporciónase un novo e importante impulso ás actuacións necesarias para a conclusión da  LAV e a progresiva redución dos tempos de viaxe desde Madrid e a Meseta ata a comunidade galega.

Unha das licitacións aprobadas é a do contrato de montaxe de vía do tramo  Campobecerros-Taboadela, na provincia de Ourense, cuxo orzamento ascende a 31.562.165,6 euros (IVE incluído).

O trazado discorre polos termos municipais de Castrelo do Val, Laza, Vilar  do Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Paderne de Allariz e Taboadela.

O proxecto de montaxe de vía abarca unha lonxitude total de 46,5 km en vía dobre. A vía irá montada en ancho estándar (1.435 mm), tanto sobre  balasto (16,4 km) como sobre placa de formigón (30 km).

Subministración de material de vía (tramo  Pedralba-Ourense)

Así mesmo, aprobouse a adxudicación da subministración e transporte de 405.000 toneladas de  balasto para o tramo  Pedralba-Ourense. O contrato, desagregado en 3 lotes, ten un importe global de 10.384.639,2 euros (IVE incluído).

Ademais, adxudicouse á empresa ArcelorMittal España a subministración e transporte de carril para este mesmo tramo, cun orzamento global de 22.791.782,8 euros (IVE incluído). Este contrato foi licitado o 1 de marzo de 2018.

O carril fornecido terá como destino a montaxe das vías de alta velocidade do tramo  Pedralba-Ourense, incluíndo o ramal de conexión coa liña convencional Zamora-Ourense en Taboadela, o  cambiador de ancho e a remodelación da estación de Taboadela e a implantación do ancho estándar (mediante terceiro fío) no tramo Taboadela-Ourense.


Desta forma, proporciónase un novo e importante impulso ás actuacións necesarias para a conclusión da  LAV e a progresiva redución dos tempos de viaxe desde Madrid e a Meseta ata a comunidade galega.

Unha das licitacións aprobadas é a do contrato de montaxe de vía do tramo  Campobecerros-Taboadela, na provincia de Ourense, cuxo orzamento ascende a 31.562.165,6 euros (IVE incluído).

O trazado discorre polos termos municipais de Castrelo do Val, Laza, Vilar  do Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Paderne de Allariz e Taboadela.

O proxecto de montaxe de vía abarca unha lonxitude total de 46,5 km en vía dobre. A vía irá montada en ancho estándar (1.435 mm), tanto sobre  balasto (16,4 km) como sobre placa de formigón (30 km).

Subministración de material de vía (tramo  Pedralba-Ourense)

Así mesmo, aprobouse a adxudicación da subministración e transporte de 405.000 toneladas de  balasto para o tramo  Pedralba-Ourense. O contrato, desagregado en 3 lotes, ten un importe global de 10.384.639,2 euros (IVE incluído).

Ademais, adxudicouse á empresa ArcelorMittal España a subministración e transporte de carril para este mesmo tramo, cun orzamento global de 22.791.782,8 euros (IVE incluído). Este contrato foi licitado o 1 de marzo de 2018.

O carril fornecido terá como destino a montaxe das vías de alta velocidade do tramo  Pedralba-Ourense, incluíndo o ramal de conexión coa liña convencional Zamora-Ourense en Taboadela, o  cambiador de ancho e a remodelación da estación de Taboadela e a implantación do ancho estándar (mediante terceiro fío) no tramo Taboadela-Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.


Adxudicado o contrato de obras de execución do proxecto de construción de remodelación de vías e plataformas na estación de Ourense


O pasado 27 de febreiro informaba neste blog que o Consello de Administración de  Adif  Alta Velocidade aprobara a licitación do contrato de obras de execución do proxecto de construción de remodelación de vías e plataformas na estación de Ourense, co fin de acoller os novos servizos de alta velocidade dá LAV Madrid-Galicia.

E orzamento de licitación deste contrato ascendía a 16.699.296 euros ( IVE incluído) e contaba cun  prazo de execución de 12 meses.

Pois ben, onte 25 de xuño coñecemos que o Consello de Administración de  Adif AV aprobou a adxudicación do citado contrato  á UTE composta por Ferrovial  Agromán e  Thales España por 13.695.205,9 euros (IVE incluído). As obras adxudicadas cínguense exclusivamente á zona de vías e plataformas, e son independentes do proxecto de estación intermodal deseñado para a terminal ourensá.

O obxectivo do proxecto é a remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense para que a explotación actual da terminal sexa compatible coa chegada á mesma de trens de alta velocidade en ancho estándar (1.435 mm).

Principais actuacións en vías e plataformas

- Conversión a ancho estándar das dúas vías mango (vías mortas de curta lonxitude que serven para apartar material  rodante durante as manobras) ao lado Zamora, resultantes do corte parcial das vías 1 e 3 actuais.

- Esta actuación permitirá operar composicións simples de ata 200  m de lonxitude, grazas á prolongación da plataforma 2 e ao  recrecido e prolongación da plataforma 1.

- Instalación dunha  bretelle (aparello de vía en forma de 'X') entre as vías 2 e 4, que permitirá ampliar a súa funcionalidade operando nelas ata tres composicións de 200  m simultaneamente.

- Prolongación da actual plataforma 2 por ambos os extremos ata lograr capacidade para ata 3 composicións simples de 200  m, grazas á nova  bretelle instalada.

- Eliminación de vías mango 6, 8, 10A e 12 pola ampliación das plataformas 2 e 3.

Ademais, levarán a cabo outras actuacións en plataformas, paso inferior e marquesiñas, así como outros traballos en materia de electrificación e instalacións de seguridade.

A remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense vai ser cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) a través do  P.Ou.  Plurirrexional de España 2014-2020, Obxectivo Temático 7: Transporte sustentable.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

lunes, 25 de junio de 2018

En poucos días comeza en Galicia a campaña de alto risco de incendios forestais

Dentro de poucos días, o 1  de xullo, comezará a campaña de alto risco de incendios forestais. Dicía esta pasada semana o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, "con todo o operativo dispoñible e a pleno rendemento".
Informaba que por primeira vez, todo o dispositivo estará despregado polo territorio a comezos de xullo, xa que este ano se amplía a prestación do servizo dos fixos-descontinuos da Xunta e as brigadas de Seaga e Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses ata o 31 de outubro. Por outra banda, quedarán cubertas o cen por cento das vacantes que había no servizo antes da tempada de alto risco. Estas melloras reforzarán a operatividade do dispositivo, que destaca precisamente por ser un dos mellores de Europa.
O director xeral aproveitou tamén para facer un novo chamamento á cidadanía para que denuncien calquera actividade delituosa que poida poñer en perigo a nosa riqueza forestal, xa que reiterou que 3 de cada 4 lumes son intencionados. “Podemos ter temperaturas elevadas que iso non implica que haxa incendios, o problema está na man do home que está detrás”, subliñou Fernández-Couto.
Porén, tamén aclarou que hai un cambio de actitude na poboación, non só á hora de denunciar senón tamén de colaborar na limpeza das parcelas. E para que esa colaboración chegue a todos os concellos de Galicia, a Xunta asinará nos vindeiros días un convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para mellorar a xestión da biomasa nas proximidades das vivendas e núcleos de poboación e, consecuentemente, previr e minimizar os danos polos lumes.
A Consellería do Medio Rural comprométese a sufragar nunha porcentaxe do 75% os custes das actuacións precisas para manter estas faixas secundarias de acordo co establecido na normativa. Corresponderalle á Fegamp e, no seu caso, aos concellos adheridos ao convenio, o financiamento do 25 por cento restante. Para impulsar e formalizar este acordo, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez achega este ano un total de 6 millóns de euros co que se asumirá o 100% dos gastos, pois o Goberno galego é consciente das dificultades, sobre todo económicas, que teñen os concellos para facer cumprir a lei neste ámbito.
Por outra banda, lembrou que o dispositivo en Galicia está composto por uns 7.000 efectivos que cobren a totalidade do terreo, entre medios propios, do Ministerio, e municipais. “Haberá vixilancia nos nosos montes, porque previr é fundamental na loita contra os lumes”, e engadiu que non só haberá efectivos a pé, como a Operación Centinela Gallego ou as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, senón tamén fixos a través dos 91 postos que conforman a rede de vixilancia contra incendios. Así, nos vindeiros días quedarán instaladas as 44 novas cámaras que cubrirán o 54% do territorio.
Medios materiais
Galicia manterá os medios materiais dos últimos anos, con 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, e aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos. No tocante ao medios aéreos, estarán dispoñibles unha trintena de helicópteros entre os que se atopa un dotado con cámaras que transmitirán imaxes e vídeo en tempo real e xeorreferenciadas.

domingo, 24 de junio de 2018

Avanzan as obras do viaducto de Teixeiras no tramo Portocamba- Cerdedelo da LAV a Galicia

Viaxo este domingo 24 de xuño, ao  Concello de Laza e aproveito para ver as obras que neste termo municipal está a executar o Ministerio de Fomento, a través de  Adif Alta Velocidade, relativas á construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

Observei as obras do tramo  Portocamba- Cerdedelo, de 2,3 km de lonxitude. O proxecto tal e como foi adxudicado contempla a construción dos túneles de  Cerdedelo (1.700  m) e do viaduto de  Teixeiras (529  m) que salva o arroio do mesmo nome.

O tramo foi adxudicado á UTE composta por Dragados,  Tecsa Empresa Construtora,  Sogeosa-Sociedade Xeral de Obras e Construcións e Obras Llorente, por un importe de 93.663.244 euros (IVE incluído)

Está deseñado para dobre vía de alta velocidade en ancho internacional (1.435 mm) e o proxecto contén as actuacións necesarias para a execución das obras de infraestrutura, tales como movementos de terra, obras de drenaxe, estruturas, túnel, reposición dos servizos e servidumes afectadas, incluíndo as conexións transversais que aseguran a permeabilidade viaria da liña.


A miña impresión é moi favorable. 

Os túneles de Portocamba están concluídos e parece que xa só esperan a data na que se coloquen as travesas e o carril sobre a placa, e por supostos dótense das instalacións de electrificación e seguridade. Os túneles de Cerdedelo, a cincuenta metros da saída do viaduto continúan en excavación.

E o viaduto experimentou un gran avance desde que comezou este ano. Os accesos están executados e en servizo, e os alicerces xa teñen unha considerable altura. 

Achego este enlace ao video que eu mesmo fixen con teléfono móvil:



Compre lembrar que o pasado 17 de maio, con ocasión da visita a Ourense, o ministro Íñigo de la Serna referiuse a este tramo de  Portocamba- Cerdedelo, e falou en concreto das obras dos grandes viadutos de  Teixeiras e  dijó “estamos a traballar intensamente para cumprir cos prazos que seguimos mantendo que a finalización da plataforma da vía dereita pode situarse na contorna da primavera de 2019 e que a comezos do verán estará finalizada a plataforma da vía esquerda”. 

Desexamos que estas complexas obras sigan avanzando e podamos chegar a concluílas neses prazos anunciados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.


Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados

O vindeiro martes, o Pleno debaterá a toma en consideración da proposición de lei do grupo confederal de Unidos Podemos- ECP- EM relativa á reforma do sistema de permisos e prestacións para o coidado e atención de menores por parte dos seus proxenitores, en casos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento. Esta iniciativa busca, entre outras cuestións, que os permisos de paternidade e maternidade sexan iguais e  intransferibles para que, segundo os  proponentes, non se produzan discriminacións segundo o xénero dos proxenitores ou o tipo de familia.

Pola súa banda, o grupo Socialista defenderá a toma en consideración dunha lei orgánica sobre a eutanasia que ten como obxectivo "regular o dereito que corresponde ás persoas para solicitar e recibir axuda para morrer cando concorran as circunstancias previstas na mesma, o procedemento que ha de seguirse e as garantías que han de observarse". A norma tamén contempla deberes para o persoal sanitario que atenda ás persoas que reclamen a eutanasia e obrigacións para que administracións e institucións garantan o exercicio do dereito recoñecido nesta lei.

No que respecta ás proposicións non de lei, o grupo Popular presentará unha iniciativa na que insta o Goberno "a continuar traballando  no ámbito da Inspección de Traballo e Seguridade Social para lograr un mercado de traballo máis xusto, e para atallar as condutas que atenten contra os dereitos dos traballadores e o noso sistema de Seguridade Social".

Por último, Cidadáns defenderá a súa proposición non de lei que na que insta o Goberno a avanzar na extensión a receita electrónica, o cartón sanitario único e a historia clínica dixital. O obxectivo dos promotores que "calquera cidadán poida ser atendido e reciba os seus medicamentos en calquera punto de España respectando a data esixida legalmente e analizando a posibilidade de incentivar a aquelas comunidades autónomas que cumpran en tempo e forma".

Por último, veranse as mocións consecuencia das interpelacións urxentes debatidas a semana anterior, de ERC sobre a situación política en Cataluña e do Grupo Popular achega do anuncio da ministra de Política Territorial e Función Pública sobre a recuperación de artigos do Estatuto de Cataluña declarados inconstitucionais. 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comparecerá ante o Pleno do Congreso dos Deputados o vindeiro mércores 27 de xuño para informar sobre  a postura do Executivo ante os asuntos que serán tratados no Consello Europeo dos próximos días 28 e 29 de xuño. A comparecencia, que foi solicitada polo propio Sánchez e polo grupo confederal de Unidos Podemos-En  Comú- Podem-En Marea, precederá á habitual sesión de control ao Goberno.

Xa o xoves a Cámara debaterá as 44 emendas que o Senado incorporou ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2018 e que supoñen un cambio de aproximadamente 179 millóns de euros nas contas. As emendas necesitan o voto afirmativo da maioría do Pleno para seguir vixentes. No caso de ser rexeitadas, os Orzamentos serán aprobados nos termos que se votaron no Congreso o pasado 23 de maio.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

sábado, 23 de junio de 2018

O novo Goberno debe ratificar os compromisos coa alta velocidade a Galicia


Esta semana que finaliza coñecemos que o vindeiro martes 17 de xullo terá lugar o primeiro encontro de carácter institucional que manterán na Moncloa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.
Sen dúbida un dos temas de máxima prioridade será obter do Goberno socialista a ratificación de todos  os compromisos de Estado asumidos polo anterior Goberno en relación coa Administración do Estado as grandes infraestruturas en Galicia e moi en especial ao ferrocarril de alta velocidade.
Hai dúas datas comprometidas que deben cumprirse, a conclusión das obras a finais deste ano no tramo de Zamora a Pedralba de la Pradería e a finais de 2019 das obras  entre esa localidade zamorana e Ourense.
Dicía esta semana o presidente Feijóo: «Non imos a esixir a este Goberno máis do que esiximos ao anterior»,  afirmación con la que estoy totalmente de acordo.
Como xa puxen de relevo esta semana noutra entrada, as obras da  LAV a Galicia progresan satisfactoriamente neste momento. 
O xoves regresando no  Alvia a Ourense puiden ver como evolucionaban as obras do  cambiador de ancho de Pedralba de la Pradería, e os viadutos, que mes a mes ven crecer os seus alicerces e os seus taboleiros. Agora ademais o bo tempo acompaña e iso facilita a execución das obras.
Agardo con interés as primeiras palabras do novo ministro cando compareza na Comisión de Fomento do Congresos dos Deputados, previsiblemente na primeira quincena de xullo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.