Esta semana está a
ser prolixa en noticias relacionadas co
ferrocarril e a nosa Comunidade Autónoma. Así hoxe o BOE publica un Anuncio de
licitación de ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración.
Ten por
obxecto a subministración e transporte de desvíos ferroviarios para o
tramo Pedralba de la Pradería-Ourense da liña de alta
velocidade Madrid- Galicia.
Ten un valor
estimado de 14.145.425,79 euros.
Un desvío ferroviario é un aparello de vía que
permite materializar a bifurcación dunha vía en dúas ou máis, de forma que os
eixos das mesmas sexan tanxentes nun
punto; consta de cambio, carrís de unión e
cruzamento simple.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.