domingo, 24 de junio de 2018

Avanzan as obras do viaducto de Teixeiras no tramo Portocamba- Cerdedelo da LAV a Galicia

Viaxo este domingo 24 de xuño, ao  Concello de Laza e aproveito para ver as obras que neste termo municipal está a executar o Ministerio de Fomento, a través de  Adif Alta Velocidade, relativas á construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

Observei as obras do tramo  Portocamba- Cerdedelo, de 2,3 km de lonxitude. O proxecto tal e como foi adxudicado contempla a construción dos túneles de  Cerdedelo (1.700  m) e do viaduto de  Teixeiras (529  m) que salva o arroio do mesmo nome.

O tramo foi adxudicado á UTE composta por Dragados,  Tecsa Empresa Construtora,  Sogeosa-Sociedade Xeral de Obras e Construcións e Obras Llorente, por un importe de 93.663.244 euros (IVE incluído)

Está deseñado para dobre vía de alta velocidade en ancho internacional (1.435 mm) e o proxecto contén as actuacións necesarias para a execución das obras de infraestrutura, tales como movementos de terra, obras de drenaxe, estruturas, túnel, reposición dos servizos e servidumes afectadas, incluíndo as conexións transversais que aseguran a permeabilidade viaria da liña.


A miña impresión é moi favorable. 

Os túneles de Portocamba están concluídos e parece que xa só esperan a data na que se coloquen as travesas e o carril sobre a placa, e por supostos dótense das instalacións de electrificación e seguridade. Os túneles de Cerdedelo, a cincuenta metros da saída do viaduto continúan en excavación.

E o viaduto experimentou un gran avance desde que comezou este ano. Os accesos están executados e en servizo, e os alicerces xa teñen unha considerable altura. 

Achego este enlace ao video que eu mesmo fixen con teléfono móvil:



Compre lembrar que o pasado 17 de maio, con ocasión da visita a Ourense, o ministro Íñigo de la Serna referiuse a este tramo de  Portocamba- Cerdedelo, e falou en concreto das obras dos grandes viadutos de  Teixeiras e  dijó “estamos a traballar intensamente para cumprir cos prazos que seguimos mantendo que a finalización da plataforma da vía dereita pode situarse na contorna da primavera de 2019 e que a comezos do verán estará finalizada a plataforma da vía esquerda”. 

Desexamos que estas complexas obras sigan avanzando e podamos chegar a concluílas neses prazos anunciados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.