Un
acto ao que lamentablemente non puiden asistir, como consecuencia do
comportamento sectario da Secretaria de Estado, Isabel
Pardo de Vera, e do delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, que só
invitaron a altos cargos socialistas excluíndo aos do Partido Popular e das
demais forzas políticas. Un feito lamentable.
http://www.celsodelgado.gal/2022/09/esta-mana-primeira-hora-conecin-traves.html
Como teño escrito nunha entrada deste Blog do pasado 2 de outubro, nesa data fun correndo ata o lugar onde se celebrou aquel acto e puiden ver como se apreciaban uns estaquillados, algunhas rozas e pouco máis. Non había maquinaria algunha estacionada, nin caseta de obra, tan só os carteis anunciadores como prescribe o contrato.
Dicía entón nesa entrada do Blog: “Espero que as obras avancen de forma efectiva, pois é moito o interese que teño en que esta obra sexa pronto unha realidade, como veño acreditando polas decenas de iniciativas que na miña vida parlamentaria fixen para impulsalas. E que me propoño seguir formulando mentres sexa parlamentario, para controlar esta obra e interesarme polo tramo seguinte entre Quintela e A Casilla, que xa tiña que estar licitado."
http://www.celsodelgado.gal/2022/10/en-quintela-vendo-as-incipientes-obras.html¿Qué está a pasar?
Recordo que o pasado 1 de setembro de 2022 os deputados ourensáns do PP formulamos no Congreso esta pregunta ao Goberno: “O BOE do 23 de maio publicou o anuncio de formalización de contratos de: a Dirección Xeral de Estradas. Obxecto: 13-OR-4600.A; 54.510/21 Proxecto construción Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 en P.K. 573,800 – Ligazón de Quintela coa N-120 en P.K. 572,000. Os adxudicatarios foron FERROVIAL CONSTRUCIÓN, S.A. e S.A. de obras e servizos, COPASA. Pasan os meses e non se aprecia que as obras comezasen de forma efectiva, motivo polo que nos preocupamos.
¿En qué día e mes comezaron de forma efectiva as adxudicatarias para executar as obras de construción da Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 en P.K. 573,800 – Ligazón de Quintela coa N-120 en P.K. 572,000?
Entendo que os inicios das obras non sexan inmediatos desde a formalización do contrato, pero paréceme preocupante que case seis meses despois de que as obras iniciásense- segundo o Mitma –os avances sexan prácticamente inexistentes. ¿Seguén os traballos topográficos, as ocupacións de leiras, etc..., canto van a demorar estos trámites?
Non son impaciente, pero os enormes atrasos e dilacións que viviu a tramitación desta Circunvalación norte fai que nos preocupemos, xa que como dixen moitas veces, este primeiro tramo da variante entre Eirasvedras e Quintela é moi importante e necsario para a cidade.
Está enmarcado nunha contorna periurbana, e prevese que captará o tráfico de longo e medio percorrido, acurtando os tempos de tránsito respecto á travesía.
Por todo o anterior volverei rexistrar novas preguntas parlamentarias pedindo explicacións por esta situación de demoras no tramo Eirasvedras- Quintela, e interesareime unha vez máis pola necesaria licitación das obras do seguinte tramo entre Quintela e A Casilla.