lunes, 12 de diciembre de 2022

A falta de axilidade do Goberno á hora de xestionar os fondos europeos Next Generation está poñendo en risco o futuro da industria en Galicia


A falta de axilidade do Goberno á hora de xestionar os fondos europeos Next Generation está poñendo en risco o futuro da industria en Galicia: o risco de deslocalización da produción e de que se descarte Galicia como lugar onde investir en novos proxectos industriais é unha realidade porque o Goberno non está a repartir as axudas europeas.

Stellantis e Altri son dous exemplos claros, pero o problema esténdese a todo o tecido industrial. Xa que o Goberno só convocou a terceira parte dos fondos vinculados aos Pertes: arredor de 10.500 millóns de euros dos máis de 33.000 M€ aprobados.

Se algo ten fallado ata agora, é que o Goberno nin actuou con dilixencia nin quixo contar coas CCAA, facendo unha apropiación inxustificada dos fondos en materia industrial cando se trata dunha competencia autonómica.

O Goberno debe de reaccionar de inmediato. Precisamos que sexa consciente da gravidade da situación, na que tamén están en xogo miles de empregos en Galicia.