Vendo en Ourense as obras no viaduto do tren sobre o río Miño


Nunha entrada do pasado 9 de agosto daba conta dos traballos que se estaban a realizar en Ourense pola empresa adxudicataria e por encargo de ADIF-AV no viaduto do tren sobre o leito do Miño, ao seu paso pola cidade. 

Un gran viaduto de formigón armado, de 359 metros de lonxitude e que foi inaugurado en 1957. Foi un dos grandes viadutos construidos en formigón armado nesa época e ol segundo máis grande da liña Zamora-Ourense despois do zamorano de Martín Gil, sobre o río Esla.

http://www.celsodelgado.gal/2019/08/vendo-as-obras-do-viaduto-ferroviario.html

Salientar que no psado mes de novembro – desde o 5 o 29 - no que estivo suspendido o tráfico ferroviario foron realizados traballos de adecuación, consistentes en rehabilitaciones puntuais do taboleiro e a posterior impermeabilización.

Hoxe pola mañá, a primeira puiden ver como operarios realizaban traballos en altura, como amosan estas fotos que fixen.

Agardemos que rematen dun modo satisfactorio.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.