viernes, 9 de agosto de 2019

Vendo as obras do viaduto ferroviario sobre o Miño en Ourense

Vexo esta mañá en Ourense os traballos que a empresa adxudicataria realiza por encargo de ADIF-AV no viaduto do tren sobre o leito do Miño, ao seu paso pola cidade. 

Un viaduto de formigón armado, de 359 metros de lonxitude e que foi inaugurado en 1957.

Por medio dunha enorme elevadora, varios operarios restauraban e pintaban o viaduto, outros  hormigonaban un muro de contención, e son moi rechamantes as enormes estadas colocadas para protección das rúas e estradas que pasan baixo o mesmo.

Consta a realización dun estudo pormenorizado do viaduto para a instalación da dobre vía prevista no proxecto e ás actuacións de reforzo e rehabilitación que permitan instalar corredores laterais de evacuación e a cimentación dos postes de  catenaria.