O 30 de maio
de 2019 preguntábamos ao Goberno sobre cal era o estado das obras de
construción da estación “Porta de Galicia” no termo municipal da Gudiña, entre
os puntos quilométricos 206/230 e 206/630 do tramo Lubián-Ourense, no lado sur
da plataforma da LAV Madrid-Galicia.

Lembro que as obras foron adxudicadas en marzo de 2019
á UTE DRAGADOS- TECSA por un importe de 2.667.758,2 € e un prazo de 8 meses.
As actuacións proxectadas inclúen a construción do
edificio de viaxeiros, a formación de plataformas e construción de marquesiñas
sobre estes, o acondicionamento do paso inferior de acceso a plataformas con
elementos de comunicación vertical, o aparcadoiro e urbanización exterior, os
accesos rodados próximos ao edificio de viaxeiros e a conexión co viario de
acceso. A estación terá acceso por medio da estrada OU-533.

As fotos que acompaño acreditan esta afirmación
Agardo que estos retrasos, que poden explicarse parcialmente
polo paro forzoso de actividade durante varios días pola pandemia da COVID-19 e
as dificultades de traballo derivadas das novas normas de seguridade, non
impidan o pronto remate destas obras.