Desde o 17 de abril, en varias entradas deste
blog veño dando conta das miñas reclamacións ao Goberno central para que establecese con anticipación, protocolos claros e completos
para para a volta á actividade a partir de hoxe dos sectores do pequeño comercio
e da perruquería.
Uns protocolos que desde
o punto de vista da prevención, permitiran achegar confianza aos consumidores.
Unha vez máis o Goberno de España chegou tarde e
así tivemos que esperar ata onte pola tarde para ver no BOE unha Orde
Ministerial que determina as condicións que rexerán a reapertura de certas actividades
económicas e deportivas a partir na denominada fase 0. Todo a unhas horas da apertura sen tempo para a adaptación.

No caso de negocios como perruquerías, centros
de estética ou fisioterapia, onde é imprescindible o contacto físico cos
clientes, os traballadores – segundo esta orde - deberán utilizar equipos de
protección individual, sendo obrigatoria a máscara. A orde especifica que o
titular do negocio deber garantir que se dispoña, como mínimo, de máscaras e
xeles hidroalcohólicos. Neste tipo de
locais, aínda que a separación entre traballador-cliente sexa menor a eses dous
metros, si se debe garantir esa distancia entre os clientes que coincidan no
establecemento.
Afortunadamente a Xunta de Galicia anticipouse e publicou guías de recomendacións preventivas ante o
coronavirus sectoriais en colaboración con distintas asociacións empresariais, unha
específica para o comercio e outra para a perruquería.
Ademáis destes protocolos ou guías
sanitarias poñerase en marcha unha campaña de divulgación e información de
comercio seguro. A través dela, enviaranse elementos informativos para colocar
nos mostradores de todos os establecementos que levarán recomendacións da
Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.
Nesta liña, outra medida será a creación
da plataforma Comercio Seguro, para que cada comerciante, dun xeito directo e
sinxelo, poida realizar un autodiagnóstico en liña que lle facilite unhas recomendacións
básicas sobre que medidas sanitarias e de prevención debe tomar no seu negocio.
Ademais, facilitarase a formación para os comerciantes sobre temas de
protección da saúde.
Parabéns á Xunta, especialmente ao conselleiro Francisco Conde por ter tomado estas inciativas e dar respostas aos sectores con feitos e non só con palabras.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Parabéns á Xunta, especialmente ao conselleiro Francisco Conde por ter tomado estas inciativas e dar respostas aos sectores con feitos e non só con palabras.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta