O paro rexistrado dispárase un 7,97% e alcanza os 3,8 millóns no maior incremento da serie para o mes de abril


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de abril de 2020.


Unhas estatísticas que veñen marcadas pola parálise na actividade económica derivada da crise sanitaria do COVID-19.

Son os seguintes:


Ourense:

Medra o paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en 1.367 persoas, un 7,07  %.


A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado, 1.671 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un incremento do desemprego do  8,79 %. 


O número de parados queda en 20.689, deles 9.300 son homes e 11.389 mulleres, 19.537 son maiores de 25 anos e 1.152 menores.

Por sectores, 1.034 son da agricultura, 2.432 da industria, 1.705 da construción, 13.786 nos servizos e 1.732 do colectivo sen emprego anterior.


Galicia:


O paro rexistrado de Galicia medra en abril en 17.148  persoas con respecto a marzo (un 9,83 %). 


O desemprego viña diminuíndo en Galicia nun mes de abril de xeito continuado desde 2013, pero a actual situación de crise sanitaria provocou esta suba. 

Sobe nas 4 provincias, nas sete cidades, en ambos os dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores. 

A suba en termos absolutos aparece concentrada no sector servizos (+12.425), o que supón 7 de cada 10 desempregados (sobre todo debido á caída da contratación por parte das ETTs, á paralización da actividade na hostalería e ao peche de gran parte do comercio). 

Estes datos confirman o cambio de tendencia que se empezou a orixinar no mes de marzo, cando se decretou o estado de alarma.

O número de parados queda en 191.629, deles 84.982 son homes e 106.647  mulleres, 182.079 son maiores de 25 anos e 9.550 menores.


Por sectores, 6.385 son da agricultura, 21.221 da industria, 16.358 da construción, 134.031 nos servizos e 13.634 do colectivo sen emprego anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 25.403 persoas entraron en Galicia nas listas do paro, o que supón un crecemento do desemprego do 15,28 %. É a terceira Comunidade na que menos medra o paro en termos relativos, case seis puntos menos que a media estatal (España: +21,10%).

A Comunidade viña encadeando seis anos consecutivos de caída do paro interanual nun mes de abril. A serie positiva vese interrompida pola crise sanitaria xerada polo coronavirus que está a marcar unha situación socioeconómica sen precedentes. 

Pero, a pesar deste contexto internacional, hai menos desempregados que en abril de 2009, é dicir, que hai 11 anos. 

Polo tanto, as estatísticas de desemprego do mes de abril veñen marcadas pola parálise na actividade económica derivada da crise sanitaria do COVID-19, que a súa vez repercute no mercado laboral galego. 
 
Este factor provoca que os datos de paro non resulten comparables ou representativos con respecto á tendencia positiva de Galicia a principios deste ano. 

Aínda que o paro sobe en todos os sectores de actividade, no ámbito laboral a crise sanitaria está prexudicando sobre todo ao sector servizos, con 8 de cada 10 parados (+20.829 persoas). 
 
España:

O número de desempregados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) aumentou en 282.891 persoas no mes de abril respecto ao mes anterior. O total de demandantes de emprego alcanza a cifra de 3.831.203 persoas. Supón un aumento do 7,97% respecto ao mes de marzo.

O efecto da crise sanitaria do  COVID-19 comezou a repercutir notablemente no paro rexistrado a partir do 13 de marzo, con especial intensidade na Semana Santa. Nas últimas semanas de abril o paro - según dí o SEPE-  foi moderando o seu ritmo de crecemento.

Son unhas cifras moi negativas que serían moito peores de non mediar as axudas extraordinarias postas en marcha para amortecer o golpe: a finais de abril había 3,4 millóns de afectados por  ERTE percibindo unha prestación e 1,1 millóns de autónomos cobrando a axuda.

O aumento do paro por sectores

En termos absolutos, a crise sanitaria da  COVID-19 incide, sobre todo, no sector Servizos, onde o desemprego increméntase en 219.128 (8,76%) persoas. Na Industria sobe en 26.832 (8,92%), na Construción increméntase en 25.055 (7,84%) persoas, na Agricultura en 4.015 (2,52%) e no colectivo Sen Emprego Anterior aumenta en 7.861 persoas (2,95%).

En termos relativos, a repercusión en Servizos, Industria e Construción é similar.

Variación do paro por sexo e idade

O paro rexistrado aumenta máis entre os homes. En abril inscribíronse 150.461 (9,84%) desempregados, ata sumar un total de 1.679.403 homes rexistrados. Con todo, o paro feminino é maior, cun total de 2.151.800 desempregadas nas listas do  SEPE. Suman 132.430 (6,56%) mulleres máis respecto ao mes de marzo.

O desemprego dos mozos menores de 25 anos increméntase en abril en 31.262 persoas (10,87%) respecto ao mes anterior, mentres o paro de 25 e máis anos sobe en 251.629 (7,72%).

O comportamento do paro por comunidades autónomas

O paro rexistrado aumenta, sobre todo en Cataluña (50.763), Madrid (41.263) e na Comunidade Valenciana (38.115).



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a 
celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta




Con la tecnología de Blogger.