Formalizado o contrato de control e vixilancia das obras da circunvalación de O Barco de Valdeorras


Aparece publicado hoxe no BOE o anuncio de formalización de contratos da Dirección Xeral de Estradas: ten por obxecto o control e a vixilancia das obras de “Conexión entre as estradas  N-120 e  N-536. Tramo. Sobradelo – O Barco de Valdeorras.” (a coñecida como circunvalación do Barco)


A data de adxudicación foi o 15 de outubro de 2019. Recibíronse 29 ofertas e resultou adxudicataria a empresa, ESTEYCO- TECYP.

O valor da oferta seleccionada foi de 1.112.266,71 euros e o valor da  orferta de maior custo foi de 1.293.255,91 euros.

Destacar que este contrato fora licitado no BOE 24 de abril de 2019  por un valor estimado de 1.911.686,49 euros.


Compre lembrar que o 23 de setembro de 2019 tivo lugar em Valdeorras para asistir ao acto de inicio das obras da estrada de conexión da N-536 coa N-120, que presidiu o Delegado do Goberno en Galicia.

Un acto ao que asistín acompañado por concelleiros populares do Concello do Barco, a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, e o deputado autonómico Moisés Blanco. 

Agardemos que as obras desta circunvalación discurran con normalidade e cumpran os prazos establecidos. 

Estaremos vixiantes.



Con la tecnología de Blogger.