Onte recibimos unha moi boa noticia: nunha
reunión extraordinaria, a Xunta de Goberno do Concello de Ourense deu visto e prace a sete
modificacións orzamentarias. Unha delas relativa á habilitación dun crédito de
586.255,71 euros, para destinalos ao
cofinanciamento de dúas actuacións:
1- A ampliación do paso
superior do PP. KK. 48/241 da liña férrea Monforte-Ourense-Vigo en
Tarascón.
- A ampliación
do paso inferior do PP. KK. 244/881 da liña férrea Zamora-A Coruña, na
Rúa Ramón Puga.
O seguinte trámite é levalo a Pleno do Concello para
a súa aprobación e así estar en condicións de asinar o Convenio co
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF)
Esperemos que este trámite non se demore
e nos próximos meses licítense polo ADIF as obras destes tan necesarios pasos.
