Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP comprometen á Federación ourensá a defensa da “caza responsable”


Os candidatos do Partido Popular ao Congreso –Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso e Francisco Fernández- comprometémonos onte a defender nas Cortes Xerais unha “caza responsable”, como actividade que posúe un alto valor medioambiental e económico e que só na provincia practican máis de 8.000 persoas. Así o manifestamos aos representantes da Federación Ourensá de Caza, nunha reunión mantida na sede provincial popular para coñecer en detalle as necesidades e demandas deste sector.

Na xuntanza, os candidatos trasladaron aos representantes dos cazadores que, ao contrario do que queren facer outros partidos, “o PP oporase á prohibición da caza”, destacando que no programa electoral figura un apartado específico “que inclúe o impulso a plans de apoio da actividade cinexética, ampliando ademais as licenzas de caza”.

Se en Ourense son máis de 8.000 os cazadores rexistrados e preto de 40.000 en Galicia. Cada concello de Galicia ten alomenos 1 tecor, existindo na Comunidade 455 tecores xestionados por sociedades de caza sén ánimo de lucro.

Os nosos interlocutores afirmaron que o gasto medio por temporada en cacerías de 2.350 euros, en toda España a importancia deste sector queda reflectida por dúas cifras: máis de 170.000 empregos e un movemento económico que se calcula en torno aos 6.000 millóns de euros. Datos máis que suficientes, destacaron os candidatos, “para comprender o valor desta actividade, cunha máis que clara repercusión no rural”.

Manifestaron que a caza, tal e como se practica hoxe en día, debe entenderse como un elemento de conservación e recuperación de ecosistemas.

Con la tecnología de Blogger.