Adxudicadas as obras de construción de paseos peonís en Razamonde, Cenlle


Por fin recibimos onte unha moi boa noticia que foi a publicación no BOE do anuncio de formalización dun contrato da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento relativo á construción de paseos peonís na  CN-120  P. K. 787,200 ao 588,010 ambas as marxes e travesía de  Razamonde, Cenlle.



A data de adxudicación foi a do 30 de agosto de 2019. Recibíronse 28 ofertas e a adxudicataria foi a empresa  XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS S.L.

O valor da oferta seleccionada ascendeu a 163.218,09 euros.

Lembro agora que o 10 de outubro de 2015 o alcalde de Cenlle, Gabriel  Alén, mantivo unha reunión coa entón  Ministra de Fomento, Ana Pastor,na que lle expuxo diferentes cuestións de infraestruturas que afectaban o seu Concello  e entre elas os problemas de seguridade vial que tiñan para os veciños as travesías da  N-120 en Barbantes, Laias e  Razamonde.


A ministra foi sensible a estas peticións e encargou que se redactase un estudo sobre unhas sendas peonís en  Razamonde, que se materializou en 2016.

A obra foi orzada polo Goberno Popular nos anos 2017 (200.000 €) e 2018 (260.000 €). A principios do ano 2018 recibimos información desde o Ministerio que entón presidía Iñigo de la Serna, confirmando que a obra sería licitada no segundo semestre de 2018.

Pero tras a moción censura e a chegada ao Goberno de Pedro  Sánchez e o seu ministro josé Luis Ábalos, comezamos a preocuparnos ante o temor de que ese obxectivo non se cumprise.

Por iso o pasado 27 de setembro de 2018 formulei na Comisión de Fomento do Congreso unha pregunta ao secretario Xeral de Infraestruturas, Javier Izquierdo e dicíalle: “E non quero esquecerme doutra actuación, que é moi pequena, 260.000 euros, nun orzamento de 2018, unhas sendas peonís no Concello de Cenlle,  Razamonde. Está todo aprobado. O seu alcalde está desesperado; recibiu vinte veces informacións de que ía xa, de que ía xa, pódese vostede interesar polas sendas peonís de  Razamonde, 260.000 euros, que está no orzamento, que se pode executar? Teñen un orzamento; está aprobado pola maioría parlamentaria desta Cámara. Aprovéiteno. Teñen que executalo en moi pouquiño tempo. Ínstolle a que o faga, e agradézolle que, por favor, faga un seguimento de todo o que lle expuxen”

http://www.celsodelgado.gal/2018/09/preguntando-al-gobierno-sobre.html


Despois daquela data foron moitas as xestións realizadas, especialmente polo alcalde de Cenlle, que non parou de insistir ante todas as instancias ministeriais conseguindo que nos últimos días de 2018 liquidáranse todos os inconvintes.

Pois ben, o 17 de xaneiro de 2019 Ministerio de Fomento licitou as obras de construción dos citados paseos peonís, cun orzamento de licitación que ascendeu a 260.202 €.


Celebro pois esta adxudicación, e agardamos que canto antes comecen as obras de xeito que podamos dotar dunha maior seguridade viaria en Razamonde mellorando as marxes da estrada para o seu uso peonil, dado que na actualidade gran parte do tramo carece de beirarrúas ou o seu estado é deficiente. 

As obras comprendidas neste proxecto divídense en 5 bloques fundamentais: - Traballos previos, demolicións e movemento de terras. - Firmes e pavimentos. - Drenaxe da plataforma e das beirarrúas proxectadas. - Sinalización e Defensa do conxunto do tramo, tanto vertical como horizontal, incluíndo a instalación de sistemas de contención onde resulten necesarios, así como as varandas no  pontón e a solución ao tráfico durante a obra. - Varios: limpeza de beirarrúas con auga a presión, posta a cota de tapas, e limpeza e terminación das obras.

Unha vez máis o meu recoñecemento especial a Gabriel  Alén, o exemplar alcalde de Cenlle que atesoura  entrega aos veciños, capacidade de xestión, insistencia e seriedade. E grazas aos responsables políticos e ministeriais que apoiaron ata aquí este proxecto.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.