Licitadas as sendas peonís na estrada N-120 ao seu paso por Razamonde

O 10 de outubro de 2015 o alcalde de Cenlle, Gabriel  Alén, mantivo unha reunión coa entón  Ministra de Fomento, Ana Pastor,na que lle expuxo diferentes cuestións de infraestruturas que afectaban o seu  Concello  e entre elas os problemas de seguridade vial que tiñan para os veciños as travesías da  N-120 en Barbantes, Laias e  Razamonde.


A ministra foi sensible a estas peticións e encargou que se redactase un estudo sobre unhas sendas peonís en  Razamonde, que se materializou en 2016.

A obra foi orzada polo Goberno Popular nos anos 2017 (200.000 €) e 2018 (260.000 €). A principios do pasado ano recibimos información desde o Ministerio que presidía Iñigo de la Serna, confirmando que a obra sería licitada no segundo semestre de 2018.

Pero tras a moción censura e a chegada ao Goberno de Pedro  Sánchez e o seu ministro Ábalos, comezamos a preocuparnos ante o temor de que ese obxectivo non se cumprise.

Por iso o pasado 27 de setembro de 2018 formulei na Comisión de Fomento do Congreso unha pregunta ao secretario Xeral de Infraestruturas, Javier Izquierdo e dicíalle: “E non quero esquecerme doutra actuación, que é moi pequena, 260.000 euros, nun orzamento de 2018, unhas sendas peonís no Concello de Cenlle,  Razamonde. Está todo aprobado. O seu alcalde está desesperado; recibiu vinte veces informacións de que ía xa, de que ía xa, pódese vostede interesar polas sendas peonís de  Razamonde, 260.000 euros, que está no orzamento, que se pode executar? Teñen un orzamento; está aprobado pola maioría parlamentaria desta Cámara. Aprovéiteno. Teñen que executalo en moi pouquiño tempo. Ínstolle a que o faga, e agradézolle que, por favor, faga un seguimento de todo o que lle expuxen”



Despois daquela data foron moitas as xestións realizadas, especialmente polo alcalde de Cenlle, que non parou de insistir ante todas as instancias ministeriais conseguindo que nos últimos días de 2018 liquidáranse todos os inconvenientes.

Pois ben, hoxe o Ministerio de Fomento anuncia que licitou as obras de “Construción de paseos peonís na estrada  N-120.  P. K. 787,200 ao 588,010 ambas as marxes e travesía de  Razamonde. Termo municipal de Cenlle. Provincia de Ourense.”, cun orzamento de licitación que ascende a 260.202 €.

E engade na súa nota que as obras proxectadas inscríbense no marco das actuacións destinadas a incrementar a seguridade viaria na rede de estradas do Estado. Este proxecto xorde como consecuencia da necesidade de mellorar as marxes da estrada para o seu uso peonil, dado que na actualidade gran parte do tramo carece de beirarrúas ou o seu estado é deficiente. 

Así mesmo, existen vivendas cuxa cota se atopa por baixo da rasante da  N-120, o que obriga a ordenar as marxes con obxecto de garantir na medida do posible a seguridade dos viandantes e veciños. 

As obras comprendidas neste proxecto divídense en 5 bloques fundamentais: - Traballos previos, demolicións e movemento de terras. - Firmes e pavimentos. - Drenaxe da plataforma e das beirarrúas proxectadas. - Sinalización e Defensa do conxunto do tramo, tanto vertical como horizontal, incluíndo a instalación de sistemas de contención onde resulten necesarios, así como as varandas no  pontón e a solución ao tráfico durante a obra. - Varios: limpeza de beirarrúas con auga a presión, posta a cota de tapas, e limpeza e terminación das obras.

Así que me alegro moitísimo da licitación dunha obra que non por ser de menor contía, deixa de ter importancia. Tena e moita para dar máis seguridade aos veciños que polo querido pobo de  Razamonde transitan.

O meu recoñecemento especial a Gabriel  Alén, o exemplar alcalde de Cenlle que atesoura  entrega aos veciños, capacidade de xestión, insistencia e seriedade. E grazas aos responsables políticos e ministeriais que apoiaron ata aquí este proxecto.

Agora esperar á adxudicación das obras e espero que pronto podamos ver executadas estas sendas peonís, que no proxecto de  PGE de 2019 teñen consignados 100.000 €.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.