Correos sumarase cun selo á celebración do centenario da Coral “De Ruada”

Informa Correos na súa web que dentro de dez días, en concreto o 28 de xuño de 2019 emitirá dentro da serie de "Lecer e afeccións" un selo da Coral de Ruada de tamaño 28.8 x 40.9 mm.

 Terá un valor postal de 0.60 €, sendo a tirada de 180.000 unidades. E publica a imaxe do selo que reproduzo.

E fai a seguinte motivación:

"A Coral “De  Ruada” empezou a xestarse en 1918 pero foi o 24 de xuño de 1919 cando debutou no Teatro Apolo de Ourense.

Segundo os xornais da época, aquela actuación tivo gran éxito para o público, sorprendendo sobre todo pola súa calidade interpretativa.

A base destas agrupacións adoita ser un coro de voces, de homes e mulleres, ataviados co traxe tradicional, acompañados polos tres instrumentos típicos da tradición galega: a gaita, o  tamborilero e o bombo, ademais de  zanfoñas e pandeiros.

Só no seu primeiro ano, a Coral iniciou unha xira por algunhas das cidades máis importantes de Galicia. Máis tarde, percorrería España pasando por Madrid, Asturias, Andalucía ou Barcelona, obtendo o aplauso e a satisfacción do público así como as mellores críticas.

En 1931, a Coral “De  Ruada”, convidada polos Centros Galegos suramericanos, cruzou o charco visitando Arxentina, Uruguai e Brasil.

A súa posta en escena encaixaba perfectamente as cancións populares con obras polifónicas e unha escenografía moi nova para a época que incluía a  teatralización das máis antigas tradicións e símbolos galegos.

En 1956, cando é nomeado director Manuel de Dios, comezará unha nova etapa supoñendo un xiro substancial sobre todo o repertorio interpretado.

Este ano, a Coral cumpre o seu primeiro centenario. 100 anos cantando e narrando a historia de Ourense a través das raíces musicais galegas.

Por iso, a cidade que a viu nacer dedicoulle unha praza como homenaxe aos seus cen anos de esforzo e traballo levando Ourense en forma de música por todos os recunchos do mundo.

Correos tamén quere sumarse á celebración deste centenario cun selo que recolle a ilustración que protagoniza a portada do libro-disco publicado pola Fundación Otero Pedrayo.

Tamén, sobre unha imaxe do Puente Romano de Ourense, pódese ver aos membros da formación nunha das súas extraordinarias actuacións. Todo o conxunto enmarcado coas páxinas das partituras como as que usan na coral."

https://www.correos.es/ss/Satellite/site/coleccion-1363203865984-galeria_sellos_filatelia/detalle_emision-sidioma=es_ES


Tratarei de asistir o vindeiro venres 28 de xuño á presentación en Ourense deste selo, sobre o que xa escribín varias veces neste Blog, a última o 29 de novembro de 2018.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.