martes, 18 de junio de 2019

No faladoiro de Radio Voz

Participo hoxe no faladoiro do programa "Voces de Galicia" de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que interveu tamén Breogán Riobóo.

Falamos en primeiro lugar da política de pactos tras a celebración o pasado domingo das eleccións locais e autonómicas.

Lembrei a falta de vontade do resto de partidos para deixar gobernar á lista máis votada, e que o PPdeG dixo antes dos comicios, na campaña, e despois das votacións que debería existir un acordo que permitira asumir ás alcaldías aos partidos que gañaran as eleccións.

Dixen que comparto con Feijoo que esta oferta non caduca. E que  non parece moi normal que ao PP de  G faltoulle un escano para a maioría absoluta en 25 concellos, e só vai gobernar en cinco deles. E que noutros quince faltáronlle dous edís e non van mandar en ningún.

Reflexionei sobre o dato de que os socialistas van gobernar para un 55 % dos veciños, e con todo a poboación que suman os  concellos nos que foron a lista máis votada só chega ao 38 %, incluíndo tres das catro cidades máis poboadas de Galicia.

En definitiva cos resultados das eleccións do pasado 26 de maio, ese acordo de deixar gobernar á lista máis votada permitiría que o PPdeG gobernase a case a metade dos galegos. Sen embargo, o feito de pasar o escrutinio polo tamiz dos pactos postelectorais ocasiona que esa cifra se reduza ata o 21,4 por cento.

Insistín na necesidade de que se abra unha reflexión a nivel nacional sobre o asunto.

A continuación a moderadora propúxonos falar das declaracións do  exministro e  exalcalde londinense Boris Johnson que fixo unha referencia explícita a Galicia. "Hai pobos remotos galegos que teñen acceso á velocidade da luz a todas as glorias comerciais e culturais da web. Hai cidades enteiras británicas onde a xente aínda ten que soportar con frustración como ollan fixamente unha lenta roda de pizza do destino"
Dixen que certamente está ben informado, no sentido de que en Galicia  avanzouse moito para articular un modelo de  crecemento vinculado  á economía  dixital destinado a  contribuír  ao aumento dá  calidade de vida e  ao  desenvolvemento  sostible  nas  súas tres  vertentes: económica, social e ambiental. 
Resaltei o traballo realizado pola Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Citei alguna das actuacións para mellorar a conectividade do tecido e os despregamentos para a extensión de redes en núcleos de menos de 300 habitantes. En 2018 aprobouse o Plan Galicia 5G que permitirá a realización de 9 pilotos con esta tecnoloxía na Comunidade, aos que se sumarán outros 9 grazas a unha convocatoria estatal
Falei da  mellora da conectividade do tecido empresarial que é unha das liñas de actuación do Plan de Banda Larga 2020, que está a desenvolver a Amtega. En catro anos as medidas do Plan posibilitaron o acceso a redes de ata 600Mbps a máis de 1.750 empresas de 81 polígonos industriais e outras máis de 80 situadas fora destas áreas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta