miércoles, 19 de junio de 2019

Os deputados ourensáns do PP no Congreso presentamos dezaseis novas preguntas sobre infraestruturas do AVE, transporte ferroviario, cultura e ríos

Difundimos hoxe desde o PP de Ourense, a seguinte nota de prensa:

"Os deputados do Partido Popular por Ourense, Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, proseguen no Congreso coas súas iniciativas parlamentarias, presentando desta volta 16 novas preguntas dirixidas ao Goberno  e que deberán ser respondidas por escrito, cuestión nas que se interesan pola situación de diversos proxectos relacionados con infraestruturas de alta velocidade, transporte, cultura e ríos da provincia. 


Aínda que o Congreso dos Deputados vive desde a súa data de constitución, o 21 de maio,  unha situación de práctica inactividade pola ausencia de investidura dun novo Goberno, os parlamentarios do PP continúan o labor de control parlamentario a través do mecanismo das preguntas escritas ao Goberno, á espera de ter a oportunidade de promover outras iniciativas de impulso como son as proposicións non de lei.

As cuestións formuladas agora e sobre as que se solicita información, son as seguintes:

Infraestruturas de alta velocidade

• ¿Que previsións ten o Ministerio de Fomento para licitar as obras correspondentes ao tramo da  LAV a Galicia  Seixalbo- Ourense, cumprindo así cos compromisos para avanzar nesta conexión?

• ¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?

Transporte ferroviario

• ¿Cal é a situación actual dos prazos previstos para a entrega a RENFE dos futuros trens AVRIL e da súa entrada en servizo na liña Madrid-Galicia, que é tan necesaria para mellorar os tempos de viaxe?

• ¿Acordará RENFE unha ampliación da oferta de billetes entre Galicia e Madrid dado o incremento importante da demanda destes servizos ferroviarios que non se satisface coa actual oferta?

• ¿Cara ao próximo Xacobeo 2021, que actuacións está a planificar RENFE para reforzar a calidade e o volume da oferta entre Galicia e Madrid?

• ¿É consciente RENFE da necesidade de rebaixar polo menos un 30 %, o prezo dos billetes dos servizos ferroviarios AVANT entre Ourense e Santiago, que son sensiblemente superiores aos cobrados no Eixo Atlántico Ferroviario?

• ¿Que previsións ten RENFE para ampliar as frecuencias horarias dos servizos  AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña?

• ¿Que previsións ten RENFE para flexibilizar a política dos bonos de transporte dos servizos AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña, no relativo ao tempo de validez desde o primeiro uso? 

• ¿Encargou RENFE algún estudo para prolongar os servizos  AVANT (A Coruña-Santiago-Ourense) ata Monforte de Lemos?

Cultura

• ¿En que data deste outono o Ministerio de Cultura inaugurará a Biblioteca Pública e o Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco en Ourense?

• ¿En que data do mes de xullo iniciaranse as obras do Museo Arqueolóxico en Ourense, tal e como anunciou en plena campaña electoral municipal o ministro de Cultura en funcións José  Guirao?

Ríos

• ¿Cando está previsto o comezo das obras de prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella, ao seu paso polo núcleo de Bande, cuxa investimento estímase en 295.000 euros e que segundo Convenio serán financiadas nun 80% pola Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil e o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense?

• ¿Que actuacións de saneamento e depuración ten previstas a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para continuar coa mellora da calidade das augas do río Limia? 

• ¿Cales foron os resultados das actuacións e/ou accións contidas no Proxecto LifeRegenera Limia do que é beneficiaria coordinadora a Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil?

• ¿Previuse pola Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil, algunha acción concreta no encoro de  As Conchas para que durante o próximo período estival o Complexo Deportivo do Corgo en  Muiños, Ourense, poida ser utilizado con normalidade durante os campamentos de verán e que non teñan que ser modificadas as actividades pola presenza de  cianobacterias?

Unha vez coñecida as respostas, os deputados decidirán as actuacións parlamentarias que sexan oportunas."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta