A sociedade civil de Ourense homenaxea a José Manuel Pérez Canal


Asisto onte en Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel á homenaxe ao falecido José Manuel Pérez Canal, que foi xerente de Aceites Abril e presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO).

Foron moitas as intervencións de familiares, amigos e personalidades do ámbito empresarial, político e social que lembraron a súa produtiva traxectoria vital e a súa humanidade.

De todas elas destaco a da súa viúva,  Elena  Rivo que falou de “dous agasallos marabillosos que lle deixou, os seus fillos Alexia e Manuel”.

Tamén houbo moitas  elogiosas referencias a María del Carmen Canal, nai do homenaxeado.

Como dicía no meu blog o 17 de novembro de 2018, a miña valoración de José Manuel foi a dunha moi boa persoa, traballadora, emprendedora e  honesta.

Desde que asumiu a presidencia da  CEO mantiven con el unha relación moito máis frecuente para informarlle puntualmente de como avanzaban os proxectos de infraestruturas de Ourense polos que el tanto se interesaba.

A primeira reunión institucional con él tivo lugar o 26 de setembro de 2014 para facer un repaso aos proxectos de investimento do Goberno central relacionados con Ourense.

En canto á autovía A-56 (Ourense-Lugo), lle adiantaba que o proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2015 incluiría unha partida significativa do Ministerio que dirixía Ana Pastor para a reanudación das obras no tramo A Barrela-San Martiño, paralizadas dende o ano 2010. Noticia que José Manuel recibiu con satisfacción.


Recordo tamén outras moitas reunións, algunhas delas en Madrid para abordar a situación dos  proxectos da Autovía Ourense-Lugo (o pasado 28 de maio de 2018), a Autovía Ourense-Ponferrada ( o 12 de decembro de 2017) e por suposto das obras de Alta Velocidade a Galicia. Infraestruturas que consideraba vitais para o progreso do noso querido Ourense.


O seu recordo permanecerá sempre entre nós. Unha aperta a toda a súa familia.


Con la tecnología de Blogger.