viernes, 26 de septiembre de 2014

Encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Ourense

Na mañá de hoxe mantiven unha reunión co presidente da Confederación de Empresarios de OurenseJosé Manuel Pérez Canal, que tivo como finalidade facer un repaso dos proxectos de investimento do Goberno central relacionados con Ourense.

Os plans do Ministerio de Fomento leváronse a parte fundamental da entrevista. Neste sentido, manifestei que seguen a bo ritmo as obras da AVE correspondentes ao tramo Olmedo-Ourense, que se aceleran os traballos para a chegada da AVE a Zamora e que se constatan os avances nos traballos que se levan a cabo nas zonas de A GudiñaVilariño de ConsoCerdedelo ou Campobecerros.

Sobre estradas, informei que están previstos avances na A-76 Ourense-Ponferrada, xa que está previsto que neste ano 2014 teña lugar a licitación dos dous primeiros tramos, un dos cales (A Veiga de Cascallá-O Barco) está na provincia de Ourense.

En canto á autovía A-56 (Ourense-Lugo), adiantei que o proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2015 que entrará no Congreso o próximo martes incluirá "unha partida significativa" do Ministerio que dirixe Ana Pastor para a reanudación das obras no tramo A Barrela-San Martiño, paralizadas dende o ano 2010. Resaltei como nesta cuestión tivo importancia a implicación persoal da ministra, que mostrouse sensible ás voces e xestións realizadas para acreditar a necesidade de continuar esta infraestrutura.

Neste sentido, o presidente da CEO congratulouse da noticia, ao considerar que se trata dunha iniciativa á que os empresarios de Ourense e Lugo conceden grande importancia, xa que "permitirá conectar o sur de Galicia co norte a través do interior, e á súa vez enlazar co corredor do Cantábrico cara a Francia, e viceversa, con importantes beneficios para ambas as dúas provincias".

Tamén trasladei ao responsable da Confederación de Empresarios as actuacións doutros departamentos, como o Ministerio de Medio Ambientee, que continuarán en 2015, e que basicamente están referidas a obras de saneamento e infraestruturas hidráulicas, entre as que destaca a estación depuradora de Reza. En canto a investimentos do Ministerio de Cultura, apuntei o bo ritmo nas obras da Biblioteca e o Arquivo en San Francisco.

Finalmente, dialogamos sobre a conxuntura económica actual e as decisións adoptadas polo Goberno, entre outras a reforma fiscal que se tramita actualmente no Congreso, así como sobre a situación xeral das pequenas e medianas empresas. Neste sentido Pérez Canal sinalou a importancia de poñer en marcha iniciativas que incentiven a actividade económica para consolidar e intensificar o ritmo da recuperación económica que está a empezar a andar.