Aprobada a licitación da nova estación de alta Velocidade de A Gudiña “Porta de Galicia”


Coñecimos onte a esperada e moi boa nova de que o  ADIF-AV aprobou licitar o contrato de construcción da nova estación de alta Velocidade e A Gudiña e que levará o nome de “Porta de Galicia”, dentro da nosa liña de alta velocidade Madrid-Galicia
O presuposto de licitación é de 4.093.314 euros (IVA engadido) e conta cun prazo de execución de 8 meses.
As actuacións proxectadas inclúen a construción do edificio de viaxeiros, a formación de plataformas e construción de marquesiñas sobre estes, o acondicionamento do paso inferior de acceso a plataformas con elementos de comunicación vertical, o aparcadoiro e urbanización exterior, os accesos rodados próximos ao edificio de viaxeiros e a conexión co viario de acceso. A estación terá acceso por medio da estrada OU-533.
Dentro das obras do proxecto de plataforma ferroviaria onde se localiza a estación, xa se executou unha plataforma e un paso inferior peonil. Co contrato presente, acondicionaranse os elementos xa construídos e dotaráselles de elementos de seguridade.
Estou moi ledo con esta esperada nova que expresa a continuidade do traballo que comezou hai moito tempo, como teño dado conta neste Blog en diversos anos.
13.10.2014
Lembro agora a visita da ministra de fomento Ana Pastor o día 13 de octubre de 2014 as obras do tramo la LAV entre os túneles do Espiño-A Canda-Vilavella. Nela estivo tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o Secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez Pomar e o presidente da Deputación Manuel Baltar e outras autoridades. E quen firma esta entrada.
Entre os elementos singulares do tramo visitado destacaban os túneles bitubos do Espiño e de Vilavella, de 15,8 e 7,6 km respectivamente de lonxitude, así como a explanada na que se situaría a estación de Porta de Galicia


Naquela entrada dicía que “O subtramo Túnel do Canizo vía dereita, nas inmediacións da Gudiña, inclúe o túnel para vía única de alta velocidade correspondente ao tubo dereito e a explanación de ambas as dúas vías (esquerda e dereita) necesaria para albergar a plataforma e plataformas da estación de Porta de Galicia.
Ademais do túnel do Canizo (vía dereita), este subtramo, de 6,6 km de lonxitude, presenta como estrutura singular o paso sobre a estrada OU-533 (22 m de lonxitude) no Concello da Gudiña. Tamén conta cun paso superior e outro inferior para salvar outras vías de comunicación.”

Salientar que nesa visita estaba o entón alcalde de A Gudiña, Guillermo Lago, que desgrazadamente finou no ano 2016. Un extraordinario alcalde que loitou denodadamente para que A Gudiña seguira contando cunha estación de alta velocidade, de xeito que seguirá sendo a porta de entrada ferroviaria a Galicia.

Tamén saliento outra entrada deste blog de data 27 de marzo de 2017  que titulaba “A necesidade de construir a nova estación ferroviaria de A Gudiña”.


Reseñaba entón un interesante reportaxe do diario La Voz de Galicia, asinado por Pablo García titulado "As estacións rurais que traerá o AVE: a súa razón de ser fronte á polémica" no que defendía a necesidade das estacións de Otero de Sanabria e da Gudiña dentro da nova LAV a Galicia, fronte a persoas que ben por desinformación ou por animadversión opóñense a que sexan construídas.

Dicía eu entón que estaba plenamente de acordo  e recomendaba a súa lectura:
13.10.14
Afirmaba que mais que lle pesara a algúns "a realidade é que na provincia de Ourense, na LAV de acceso a Galicia  e dentro do tramo do Túnel de O Cañizo, está prevista a construción no PK. 295,721 da vía dereita dunha estación na Gudiña. 

Eu pola miña parte expresaba que esta actuación era imprescindible para dar servizo de conexión con Madrid en alta velocidade a toda a comarca de Verín, das poboacións do norte de Portugal e da comarca de Valdeorras. E afirmaba “estar convencido de que como está proxectada será construída”.

Afortunadamente todo leva bo camiño; agora agardemos a publicación no BOE da licitación, a adxudicación do contrato e ao comezo das obras.

Parabéns a ADIF-AV, a todos aqueles que demandaron e apoiaron este proxecto como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, partidos políticos de diferente signo, colectivos sociais, medios de comunicación  e sobre todo ao actual alcalde de A Gudiña José Lago que  - recollendo o legado do seu pai Guillermo- tanto ten traballado para acadar esta licitación.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.