A necesidade de construir a nova estación ferroviaria de A Gudiña

Publica hoxe o diario La Voz de Galicia unha interesante reportaxe do xornalista Pablo García  que titula "As estacións rurais que traerá o AVE: a súa razón de ser fronte á polémica"

Neste traballo defende a necesidade das estacións de Otero de Sanabria e da Gudiña dentro da nova LAV a Galicia, fronte a persoas que ben por desinformación ou por animadversión opóñense a que sexan construídas.

Estou plenamente de acordo co que nel dise e recomendo a súa lectura:

A realidade é que na provincia de Ourense, na LAV de acceso a Galicia  e dentro do tramo do Túnel de O Cañizo, está prevista a construción no PK. 295,721 da vía dereita dunha estación na Gudiña. 

Lembro que en outubro de 2014 a ministra Ana Pastor comprobou os terreos que albergarían a futura estación do AVE da localidade, coñecida como Porta de Galicia, alí tamén estiven eu. 

Trátase dun PAET (posto de adiantamento e estacionamento de trens) cuxa construción é precisa por razóns técnicas de circulación e de seguridade. Tería unha lonxitude de 1.420 metros e permitiría a parada de trens para subida e baixada de viaxeiros, sen que obstaculice o paso do resto das circulacións. 

Trátase ao meu xuízo dunha actuación imprescindible para dar servizo de conexión con Madrid en alta velocidade a toda a comarca de Verín, das poboacións do norte de Portugal e da comarca de Valdeorras. 

E estou convencido de que como está proxectada será construída.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.