viernes, 9 de octubre de 2026

29-N: Na primeira reunión do Comité de Campaña do PPdeG, Paula Prado salienta a forza” e a “unión” necesaria para ser unha peza máis para que Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España


A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que o partido en Galicia terá a “forza” e a “unión” necesaria para ser unha peza máis, dentro de todas as que hai que encaixar en España, para lograr o “obxectivo común” de que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España. “Sei que en Galicia estaremos á altura, porque a gran maioría de galegos e galegas quere un cambio, un Goberno que colabore e que teña en conta as necesidades e potencial de Galicia”, engadiu. Para Prado, é o momento de elixir “entre a delincuencia ou a decencia”.

A número dous dos populares galegos fixo estas declaracións esta mañá na sede autonómica do partido, na primeira reunión do Comité de Campaña do PPdeG para as Eleccións Xerais do 29 de novembro. “O noso traballo será coordinar todo o que ocorra en Galicia” e apoiar o traballo do Comité de Campaña do PP nacional.

Definiu ao PPdeG como “un gran equipo que percorrerá cada recuncho de Galicia para defender, por fin, o cambio”. Unha necesidade que, para Prado, é evidente en cuestións “que afectan día a día aos galegos e galegas” e que dependen do Goberno central, como a urxencia de máis investimento, máis colaboración e máis atención aos problemas que afectan aos cidadáns, como a vivenda, a sanidade, a educación ou o emprego.

Sobre o Comité de Campaña do PPdeG, Prado subliñou que “no PPdeG non somos de sorpresas”, e por iso, está conformado por persoas con experiencia noutras campañas e con magníficos resultados electorais acadados polo partido nas últimas eleccións municipais, autonómicas, xerais e europeas.

Este órgano volverá estar liderado por Paula Prado, que pediu a todos os seus compoñentes que deseñen unha campaña en positivo. Neste sentido, Prado amosou o seu “orgullo” por repetir como directora de campaña. Como número dous, tamén repite o vicesecretario de Organización, Pedro Rojo.

No Comité tamén participan coordinadores provinciais e coordinadores de cidades, así como coordinadores doutras áreas, persoas “moi preparadas e con experiencia”, como o portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Alberto Pazos, aos que se suman outros perfís potentes das filas populares, como o coordinador de Medio Rural, Avelino Souto, e o coordinador de Emprego, Pablo Fernández. E todo, apoiado por un importante equipo técnico que, en palabras do presidente Alfonso Rueda, “ten a máquina de gañar eleccións sempre engraxada”.

“Xa estamos somerxidos de cheo no 29N, unha cita que pensabamos que non chegaría pero por fin Pedro Sánchez fixo algo bo nesta lexislatura: convocar eleccións e darlle a oportunidade a todos os españois a que falen”, apuntou.

Ademais, sinalou a “oportunidade” que suporá o 29N para os galegos e galegas, “que levamos anos sufrindo os recortes e castigos do Goberno central”. Así, animou aos cidadáns a “elixir entre a incerteza ou a seguridade, entre a corrupción ou a dignidade, entre o desgoberno ou o rigor, entre o declive de España ou o cambio e, en definitiva, entre a delincuencia ou a decencia”.

Prado insiste en que os españois agora teñen a oportunidade do cambio, “de dar paso a un goberno serio, que se preocupe polos problemas reais da cidadanía, da vivenda, da sanidade, da economía, do que lle preocupa ás persoas e non do que lle preocupa ao círculo de Sánchez”.


Rueda avanza que o 100% dos concellos seleccionados xa se adheriron ao novo Proxecto de residencias de maiores da Xunta que creará máis de 1.800 prazas


Onte o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou que o 100% dos concellos seleccionados para participar no Proxecto de residencias do Goberno autonómico -aprobado o pasado 14 de setembro no Consello da Xunta- xa formalizaron a súa adhesión a esta iniciativa que permitirá crear máis de 1.800 novas prazas en 25 centros.

Na súa intervención durante a presentación do proxecto, en San Cibrao das Viñas, e na que tamén estivo presente a conselleira de Política Social, Fabiola García, Rueda apostou pola colaboración “imprescindible” entre administracións para “cumprir cunha obriga que temos todos” e mellorar os servizos que se ofrecen aos cidadáns “en calquera lugar de Galicia”. Tamén salientou que esta iniciativa busca reforzar a rede de atención ás persoas maiores para que poidan elixir como e onde pasar esta etapa das súas vidas, coidando así “aos que nos coidaron”.

Tal e como abondou o titular do Executivo galego, este proxecto vai supoñer a posta en marcha de máis de 1.800 novas prazas -polo menos o 60% delas públicas- en 25 concellos. Á hora de seleccionar os municipios tívose en conta a taxa de envellecemento da poboación, que fosen de menos de 25.000 habitantes e que non dispoñan de prazas residenciais públicas autonómicas para dependentes (grado I e II).

Os concellos teñen agora un ano de prazo para ceder unha parcela na que construír as residencias e a Xunta realizará o resto de trámites para a súa posta en marcha, a través da colaboración co sector sociosanitario. Vaise apostar por un sistema de atención innovador, a través de lotes compostos, cada un deles, por unha residencia de máis de 100 prazas e outra, próxima, de 30, para acadar unha mellor optimización dos servizos.

Nesta liña, Rueda salientou que na Xunta “non queremos macrocentros, senón fogares para as persoas maiores”. Por iso, nas residencias con maior capacidade, os usuarios convivirán “en grupos reducidos” -de entre 20 e 30 persoas- para garantir a familiaridade e proximidade entre todos os residentes e o persoal.

Estas novas residencias permitirán achegar este servizo a municipios nos que aínda non existía e dinamizarán a economía da contorna xa que a previsión e xerar un milleiro de postos de traballo directos e outros 3.000 indirectos na construción ou na hostalaría, por exemplo.

O presidente destacou que, deste xeito, a Xunta avanza no seu compromiso de poñer en marcha 3.500 novas prazas residenciais nesta lexislatura e lembrou que o Goberno autonómico ten outras medidas para cubrir as necesidades dos maiores como son o Bono Coidado no Fogar -para persoas dependentes atendidas no domicilio por alguén das súa contorna- o Servizo de Axuda no Fogar ou a rede de 150 Casas do Maior. 

Nesta liña, fixo fincapé no compromiso da Xunta con apoiar ás persoas maiores nesta etapa da súa vida, unha xeración que, salientou, foi o xerme da Galicia Calidade e que contribuíu a que Galicia sexa a comunidade próspera e de oportunidades que é hoxe en día.

jueves, 8 de octubre de 2026

Feijóo: "Que nadie confunda nuestra ilusión con confianza excesiva, nuestra fuerza con arrogancia y las ganas con precipitación"

 


Asisto esta mañana en Madrid a la Junta Directiva Nacional  en la que Feijóo exige a Sánchez que hoy mismo aclare quién dio la orden de deshacerse de la jueza que investigaba a su hermano: Decencia o delincuencia.

• El presidente del PP, Alberto Núñez Feijóo, se compromete a una “limpieza total” cuando llegue al Gobierno para llevar a cabo una regeneración política, institucional y moral que acabe con la situación actual de corrupción, con unas cloacas del PSOE que, incluso, pretendían borrar del mapa con sicarios a la jueza que investigaba al hermano de Sánchez

• “El presidente del Gobierno tiene que aclarar hoy mismo quién dio la orden de deshacerse de la jueza que investigaba a su hermano por corrupción. La mera posibilidad provoca escalofríos. Que respondan: quién dio la orden. Insisto: quién dio la orden”

• Recuerda que el PP solicitó la imputación del PSOE por 5 delitos y hoy la Fiscalía Anticorrupción dice que el partido del Gobierno tiene indicios de criminalidad: “Hicimos bien en pedir su imputación y decir que son la mafia. Los mafiosos a la cárcel o a la oposición, pero no dirigiendo el futuro de los españoles”

• “El 29 de noviembre no elegiremos sólo quién gobierna. Fijaremos el listón de lo que estamos dispuestos a tolerar. DECENCIA O DELINCUENCIA”

• Propone “recordarlo todo, sin exagerar, porque quieren que España olvide”. “Quieren ocho semanas de anuncios para tapar ocho años de hechos”, indica

• “Vamos a recordar que han abusado del poder, que han robado a dos manos, han mentido, han subastado la igualdad, han gobernado sin presupuestos, han descontrolado las fronteras, se han entregado a regímenes de otros países, han sido incompetentes, cuando alguien lo ha denunciado el problema era quien lo denunciaba y quisieron eliminar a quien lo investigaba”, sostiene

• Asegura que “el PP no les va a pasar una” porque todo esto ha pasado “y no se va a borrar con una campaña”, apunta que “el PP y los españoles pasarán por encima de esta decadencia y traerán el cambio”: “Un cambio que reconstruya lo destruido, y sobre lo reconstruido levante un tiempo nuevo. Ésa es la reconstrucción nacional de la que hablo. No es una consigna. Es una tarea. Y empieza el 29 de noviembre”

• Afirma que el PP tiene “la obligación de desmontar cada engaño” y advierte frente a las maniobras del PSOE las próximas semanas con promesas de última hora, instituciones a su servicio y la generación de miedo. “Que tengan claro que este partido no va a bajar la cabeza. Eso de que solo vale lo que repiten sus altavoces o repartir carnés de demócratas y sentirse impunes se acabó. Fin”, añade

• Señala que los adversarios “están más hundidos que nunca y por eso nunca han sido tan peligrosos” y pone el ejemplo de la vivienda: “Los que han creado el problema de la vivienda dicen que van a arreglarlo y quieren que su campaña gire alrededor de la vivienda”

• “Quien cree que puede engañar a la gente con un fracaso tan evidente como la vivienda se cree que puede manipularlo todo. No vamos a permitir el intento de manipulación emocional de los españoles. Todo esto ha sucedido durante sus 8 años de Gobierno con sus políticas y sus decisiones”, adelanta para recordar los 97 desahucios diarios que se han producido con Pedro Sánchez

• Durante la Junta Directiva en la que se nombró al comité de campaña, con Miguel Tellado a la cabeza como su director, Feijóo ha emplazado a todo el partido a no celebrar nada hasta que no se cierre el último colegio electoral porque “aquí no se da ninguna elección por ganada” ni tampoco ningún voto por perdido

• Agradece a todos los que han querido formar parte del “equipo del cambio” y señala que ha elegido la dirección de campaña con la que ha logrado sus mejores resultados como candidato

• Asegura que España tiene “por fin la oportunidad de abrir un tiempo nuevo”, llama a un cambio necesario, profundo y que no consiste solo en relevar a un Gobierno, sino en reconstruir España y proyectarla hacia el futuro”. “Por fin los españoles van a poder hablar, opinar y decidir qué quieren cambiar y qué país quieren construir”, subraya

• Advierte de que “lo único que se celebra es que por fin podemos votar, nada más” y sostiene que “las elecciones se ganan persona a persona, voto a voto y el día que se vota”

• Avanza que el PP tiene “argumentos para convencer a muchísima gente, a quienes nos han apoyado siempre, a quienes han dejado de hacerlo, los que están decepcionados con este Gobierno y esta política, a quienes están enfadados, quienes buscan esperanza o quienes solamente quieren que España funcione con normalidad”

• “Que nadie confunda nuestra ilusión con confianza excesiva, nuestra fuerza con arrogancia y las ganas con precipitación”, insiste

• “Salimos a ganar. Salimos a por todas”, proclama. Y concluye: “Vamos a darlo todo para que el 29 de noviembre los españoles puedan decir “POR FIN, CAMBIO”, “POR FIN, ESPAÑA”.




In memoriam de Xosé Manuel Beiras Torrado, referente do nacionalismo galego

Xosé Manuel Beiras en 1997

Coñecemos esta mañá a triste nova da morte de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela 1936-2026) na súa casa de Brión, aos noventa anos de idade. 

Co seu falecemento, despois dunha longa e intensa vida, Galicia perde unha das suas figuras políticas máis senlleiras. E o nacionalismo galego o seu gran referente.

Tiven a sorte de coñecelo e compartir con él escano no Parlamento de Galicia da V Lexislatura. Nas eleccións de 1997, Beiras liderando o BNG obtivo un magnífico resultado (18 actas e o 25,11 % de apoio) quedando en segundo lugar tras o PP de Galicia (42 actas e 52,28 %) liderado por Manuel Fraga.

A foto que acompaño procede do video da sesión constitutiva desa lexislatura onde Beiras prometía o cargo enarbolando un caravel vermello. A outra foto, publicada no Progreso, é do dia de votación para constituir as Comisións do Parlamento de Galicia.

https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/sesion-constitutiva-do-parlamento-de-galicia-no-1997

Naquel ano eu iniciaba a miña carreira política pois tiña sido o cabeza de lista do PP de G por Ourense.

E no hemiciclo do Hórreo, onde exercín ata o ano 2000 como vicepresidente primeiro, tiven ocasión de escoitar decenas de veces os discursos de Beiras que sempre eran interesantes e mesmo brillantes pola sua erudición e cultura.

O meu sentido pésame a súa familia e amigos. 

Descanse en Paz.


27.11.1997
Nas votacións para consitituir as Comisións do Parlamento de Galicia



miércoles, 7 de octubre de 2026

Concluye la XV Legislatura y el Gobierno de Sánchez incumplió el compromiso de presentar el estudio del servicio de cercanías de Galicia


Ayer 6 de octubre quedaron disueltas las Cortes Generales de la XV Legislatura por voluntad del presidente del Gobierno Pedro Sánchez dejando pendientes muchos asuntos de interés para Galicia.

Me refiero ahora a uno de ellos que es el incumplimiento reiterado en la conclusión y presentación del estudio de los nuevos servicios ferroviarios para la movilidad cotidiana en Galicia (coloquialmente conocido como “estudio de cercanías”)

Conviene recordar que el 10 de septiembre de 2025  en el Pleno del Congreso el ministro  de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente respondiendo a una interpelación dijo: “En lo que se refiere a las actuaciones en fase de planificación, nos encontramos con el estudio de análisis de nuevos servicios ferroviarios para la movilidad cotidiana en Galicia, que pusimos en marcha a finales del año pasado. Se encargó en diciembre de 2024, se concluirá antes de que termine este 2025 y se presentará antes de 2026, como el otro día le comenté e incluso le mostré parte del documento confidencial que en este momento tengo a mi disposición. Sin entrar en profundidad, sí que le diré que se están estudiando cuatro zonas principales ―y tómenlo, por favor, con cautela hasta que no esté el estudio aprobado de manera definitiva―: un área de cercanías de Galicia, cuatro zonas principales y una zona complementaria.”

Posteriormente, el 2 de diciembre de 2025 en el Senado Óscar Puente, a una pregunta del senador ferrolano José Manuel Rey, respondió “En último lugar, quiero hablar de los nuevos servicios ferroviarios para la movilidad cotidiana en Galicia, cuyo estudio, como sabe, estamos ultimando desde el ministerio y espero que este mes o el próximo lo tengamos completado. Es un estudio que, como ya adelantamos hace unos meses, está analizando todos los tráficos posibles, no solo de cercanías, sino también de servicios de proximidad, que vertebren la comunidad ferroviaria dentro de Galicia”

Una vez más los diputados gallegos se interesaron en el Congreso presentando pregunta por esta demora y el 22 de junio de 2026 llegó esta respuesta del Gobierno: “El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible continúa avanzando en la elaboración del estudio de nuevos servicios ferroviarios para la movilidad cotidiana en Galicia, en línea con lo previsto en la Disposición Adicional decimonovena de la Ley de Movilidad Sostenible” y añadió “En la actualidad, los trabajos se encuentran en una fase avanzada de desarrollo, teniendo en cuenta que el objetivo es disponer de un documento que permita fundamentar la toma de decisiones con una base técnica sólida”.

Expuesto lo anterior, queda acreditado que el Gobierno incumplió sus compromisos y no lo presentó antes de finalizar 2025 y que pasaron ya nueve meses de 2026 sin que haya sido presentado.

Es pertinente recordar que la Xunta de Galicia ha venido demandando con reiteración, la implantación de una red de servicios ferroviarios de  proximidad que tenga en cuenta las necesidades de interconexión de toda la Comunidad dando así respuesta a las necesidades de movilidad cotidiana de los gallegos y gallegas. 

Y finalmente mencionar que además se ha incumplido de forma flagrante el acuerdo para la investidura de Pedro Sánchez en 2023, suscrito por BNG (Ana Pontón) y PSOE (María Jesús Montero) que incluye en su punto 8.a) “ Un estudio para la implantación de cercanías en Galicia para que antes de finalizar la legislatura, Galicia cuente con este servicio, priorizando los tramos Vigo-Pontevedra y A Coruña-Ferrol”

La realidad es que ni hubo conclusión del mencionado estudio ni implantación del servicio de cercanías. 

https://iniciativa2028.es/wp-content/uploads/2023/11/682590675-Acuerdo-BNG-PSOE.pdf

Rueda destaca a aprobación do Plan de reforma da atención primaria 2026-2030 que creará máis de 640 novas prazas e ten un investimento de máis de 320 M€


Do Consello da Xunta celebrado o pasado luns saliento a aprobación do Plan de reforma da atención primaria e comunitaria de Galicia 2026-2030, dotado de máis de 320 millóns de euros, e que suporá a creación de 644 novas prazas nos centros de saúde e puntos de atención continuada. 

Sen dúbida un asunto de extraordinaria importancia que precisaba dun novo impulso para atender as crecientes necesidades en materia sanitaria da sociedade galega.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda resaltou que o obxectivo é acadar unha atención primaria “máis moderna, con máis servizos e adaptada ás necesidade da medicina de hoxe e do futuro inmediato”. Nesta liña, destacou que grazas a medidas como o reforzo do persoal ou a mellora das ratios, “imos garantir que os profesionais teñan máis tempo para realizar o seu principal labor: atender os pacientes”. “É un ambicioso Plan para mellorar a atención primaria, que é a primeira porta de entrada dos cidadáns á sanidade pública”, engadiu o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

O plan centra a transformación en catro grandes ámbitos: estrutura, organización asistencial de axendas, modelo retributivo e medios materiais e infraestruturas. Fixa como obxectivos a protección do tempo clínico que o persoal sanitario dedica á atención aos pacientes; a ordenación da sobredemanda; o despregamento do potencial multiprofesional dos equipos dos centros de saúde, a redución da burocracia; e o seguimento continuo e a avaliación da actividade de cada servizo de atención primaria.

No tocante á estrutura, a Xunta creou xa a Dirección Xeral de Atención Primaria e Comunitaria, dependente directamente da Xerencia do Servizo Galego de Saúde. Ademais, prevé estender o reforzo da xestión ás áreas sanitarias, onde a dirección de atención primaria pasará a depender directamente da respectiva xerencia. Ademais, reforzaranse as funcións de xestión das xefaturas de servizo de atención primaria.



No ámbito da organización, a transformación céntrase en despregar todo o potencial multiprofesional dos equipos, revisar as axendas de medicina de familia e pediatría, na definición e absorción da sobredemanda, na análise das ratios dos equipos e na adecuación das necesidades de recursos humanos. Abórdanse as medidas necesarias para establecer unha axenda cun número determinado de actos asistenciais pero flexibles nas composicións dos mesmos e adaptado ás características particulares de cada centro e de cada profesional.

Neste sentido, tal e como explicou o presidente, as axendas dos profesionais fíxanse en 30 actos por día para o caso do médico de familia e 25 para a pediatría, cunha parte flexible que xestionará o propio profesional en conxunto co seu xefe de servizo e tendo en conta as características e necesidades dos pacientes e o seu entorno.

Co fin de testar a efectividade do novo modelo, o conselleiro explicou que “a Xunta levará a cabo de xeito progresivo programas piloto de reorganización das axendas en 14 centros de saúde, dous por cada área sanitaria”, que se iniciarán xa esta mesma semana.

Para cumprir os seus obxectivos, o Plan prevé importantes medidas no eido da dotación de recursos humanos. Así, o conselleiro destacou a creación de, cando menos, 383 novas prazas en 16 categorías profesionais, que se sumarán ás 50 da Unidade Técnica de Apoio á Atención Primaria, en funcionamento desde maio. 

Trátase de reforzar progresivamente os equipos de atención primaria, adecuar os cadros de persoal ás necesidades asistenciais e organizativas e mellorar a capacidade de resposta do sistema. Para iso resérvase un orzamento de 21.560.000 euros destinado ao reforzo dos equipos de atención primaria.

A ampliación do cadro de persoal que está baseada nos criterios valorados positivamente na mesa sectorial de Sanidade por tres das catro organizacións sindicais presentes. Determínanse así os reforzos necesarios en atención primaria, que se adoptan tendo en conta que a partir de 2029 se agarda que as incorporacións de novos médicos superen o número de xubilacións e se reduza a escaseza actual. Así mesmo, a creación ou reforzo dos postos previstos no plan valoran a carga asistencial, a poboación de referencia e a existencia dunha dimensión organizativa suficiente para integrar os recursos existentes.

En particular, na categoría de medicina familiar e comunitaria o plan prevé a creación de 45 novas prazas nos centros de saúde e 18 novos postos nos puntos de atención continuada.

Na especialidade de pediatría, tendo en conta o criterio establecido de que os profesionais dispoñan dunha axenda de 25 actos e unha referencia de 1.000 tarxetas sanitarias asignadas, considérase a necesidade de crear 2 novas prazas.

En enfermería, para cumprir a ratio de 1 : 1, un profesional por cada médico ou pediatra, crearanse tantas prazas como as de médicos: 45 novos postos da especialidade familiar e comunitaria e 2 de pediatría. Ademais, aumentaranse as prazas de matrona en 45 máis para atender as mulleres ao longo de todo o seu ciclo vital, seguindo a ratio establecida dunha profesional por cada 5.500 mulleres maiores de 14 anos.

Potenciación dos equipos multidisciplinares

Co mesmo fin de  aumentar a dimensión multiprofesional dos equipos de atención primaria prevese a creación, por primeira vez, da categoría de podoloxía. Ata o ano 2030, crearanse 28 prazas.

No marco do Plan estratéxico de saúde mental de Galicia 2026-2030, os equipos tamén se verán reforzados coa ampliación da rede de psicoloxía clínica en atención primaria. Tendo en conta que actualmente son 28 o número de profesionais que compoñen esta rede, o Servizo Galego de Saúde chegará de forma progresiva ata os 50 ao remate do plan.

O aumento de persoal tamén inclúe 48 novas prazas de farmacéuticos de atención primaria ata acadar un por cada 18.000 habitantes. En canto á saúde bucodental, acadarase a ratio de 1 técnico en hixiene bucodental por cada odontólogo de atención primaria por cada 22.500 habitantes coa creación de 10 novas parazas en cada categoría.

Está previsto incrementar 45 prazas de fisioterapeuta, tomando como referencia unha por cada 11.500 habitantes. Ademais, establécese o obxectivo de dispoñer dunha praza de técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) por cada unidade de fisioterapia, analizándose, neste caso, a situación real desta categoría profesional para acadar un técnico por servizo de atención primaria, independentemente do de cada unidade de fisioterapia.

Tamén se incrementará en 8 o número de prazas de dietista-nutricionista ata acadar as 53, tendo en conta a ratio desexada de unha por cada 50.000 habitantes. Na categoría de traballo social, crearanse 27 novas prazas para que exista un posto por servizo de atención primaria con máis de 7.500 tarxetas sanitarias.

No que respecta ao persoal de servizos xerais, terase en conta as necesidades de novos postos cada 6 axendas para xestionar, ademais da praza no marco do equipo da Unidade Técnica de Apoio á Atención Primaria, que colabora con centros de saúde das sete áreas sanitarias desde a súa sede no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

A citada unidade, ademais dunha praza de persoal de servizos xerais, conta tamén cunha coordinadora médica e está previsto que chegue aos 48 postos de técnicos de saúde, encargados de reducir a carga burocrática de determinadas cotas de medicina de familia.

Esta planificación de reforzos nos recursos humanos da atención primaria súmase, tal e como explicou o presidente, ao compromiso “de incorporar 211 novos profesionais ata 2028 nos puntos de atención continuada” tras a extensión do seu horario de apertura e funcionamento ás mañás dos sábados. Destas novas prazas, cun orzamento de 10.310.076 euros, 100 serán de médicos, 80 de enfermería e 31 de persoal de xestión e servizos.

Novo modelo retributivo en negociación

En canto ao modelo retributivo, o Servizo Galego de Saúde negocia na Mesa Sectorial a modificación do previsto no Decreto 226/1996 do 25 de abril, co obxectivo de que os profesionais “con cupos máis complexos ou que impliquen unha carga asistencial máis exixente” reciban complementos retributivos, indicou o presidente. Estímase un investimento inicial para estas modificacións retributivas de máis de 10 millóns de euros. 

Así, proponse aplicar a todas as categorías de atención primaria factores retributivos que teñan carácter capitativo, vinculado ao número de tarxetas sanitarias asignadas. 

Ademais, incorporaranse factores de complexidade por idade para as categorías de médico especialista en medicina familiar e comunitaria, pediatra de atención primaria, enfermeiro, enfermeiro especialista en medicina familiar e comunitaria e enfermeiro pediátrico, categorías nas que tamén se terá en conta o factor de despoboación. 

Xunto con iso, terase en conta o factor de dispersión xeográfica para todas as categorías de atención primaria que teñan que desprazarse a diferentes centros de saúde para realizar a súa actividade. 

E xeneralizaranse factores retributivos vinculados a condicións de illamento e soidade ao equipo básico de atención primaria: médico especialista en medicina familiar e comunitaria; enfermeiro, enfermeiro especialista en familiar e comunitaria e persoal de servizos xerais.

Investimento en equipamento, tecnoloxías e centros de saúde 

Ademais das medidas no eido organizativo, de recursos humanos e retributivo, o Plan de atención primaria e comunitaria de Galicia 2026-2030 tamén recolle importantes investimentos en materia de infraestruturas, tecnoloxías e equipamentos. 

Así, durante a vixencia do plan, a Xunta destinará máis de 278 millóns de euros a que os profesionais da atención primaria poidan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións e cos máximos estándares de calidade, no que ten que ver con medios materiais e infraestruturas. 

En particular, o Goberno galego continuará a reformar os centros de saúde existentes e construír novas infraestruturas cun investimento de 217.608.080,50 euros en 40 localidades, permitindo dispoñer de instalacións máis modernas, accesibles, funcionais e adaptadas ás necesidades asistenciais da poboación e tamén dos profesionais. 

Do mesmo xeito, resérvanse 600.000 euros anuais para colaborar cos concellos na reforma dos centros de saúde de titularidade municipal, sumando 3 millóns de euros ata 2030. 

Para potenciar a capacidade resolutiva do primeiro nivel asistencial, a Consellería de Sanidade está a traballar nun próximo Plan de dotación e renovación de equipamento dos centros de atención primaria 2027-2030, que prevé un investimento total de 7.421.780 euros. Neste punto destaca a adquisición e a renovación de equipamento clínico e administrativo, como ecógrafos, retinógrafos, desfibriladores, bisturís eléctricos ou lectores de códigos QR. 

Por outra parte, realizarase un investimento de 50 millóns de euros na incorporación tecnolóxica co obxectivo de, indicou o conselleiro, “avanzar cara a un modelo asistencial máis intelixente, conectado e proactivo”. Impulsaranse así solucións innovadoras como a telemonitorización, a xestión proactiva da demanda, o desenvolvemento dos sistemas de información e o despregamento responsable da intelixencia artificial, entre outras ferramentas orientadas a mellorar a capacidade de anticipación, a toma de decisións e a calidade da atención. 

Con este plan, a Xunta compromete unha reforma baseada nun notable incremento de medios humanos, que se complementa coa dotación dos recursos materiais necesarios para avanzar cara a unha atención primaria máis fortalecida, accesible, resolutiva e adaptada ás necesidades tanto de profesionais como da cidadanía. 

O Plan de reforma da atención primaria e comunitaria 2026-2030 é froito dun proceso de escoita e diálogo coas distintas entidades implicadas, das achegas dos grupos de traballo creados para tal fin e da negociación cos representantes sindicais e a súa abordaxe na Mesa Sectorial.

martes, 6 de octubre de 2026

Os deputados do PP de Ourense din que o Goberno conclúe a lexislatura sen licitar os carrís de adiantamento da N-120 entre Os Peares e Ourense

 

Varios medios de comunicación fanse hoxe eco da resposta dada polo Goberno o 23 de setembro en relación coa pregunta rexistrada no Congreso o pasado 14 de xullo de 2026 polos deputados ourensáns pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana : Despois de incumprir o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible o compromiso de licitar en 2023 das obras de “mellora da seguridade viaria na estrada N-120, coa implantación de 4,22 quilómetros de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,000, na provincia de Ourense”, que nova data de 2026 compromete para a licitación das obras? A ela referíame nunha entrada deste Blog de data 5 de outubro, onde facía unha valoración.

http://www.celsodelgado.gal/2026/10/concluye-la-xv-legislatura-con-la.html

O dixital “Somos Comarca” publica una información de Ana Domingo titulada “La N-120 suma obras de reparación mientras los carriles de adelantamiento siguen sin fecha” e subtitulada “Transportes actúa en los taludes de Quiroga y remata la reparación de O Pino, mientras los carriles de adelantamiento entre Os Peares y Ourense continúan sin fecha de licitación”

https://www.somoscomarca.es/articulo/terras-quiroga/n-120-suma-obras-reparacion-mientras-carriles-adelantamiento-siguen-fecha/20261006053013225580.html

E “O Sil” titula “Os deputados do PP de Ourense din que o Goberno conclúe a lexislatura sen licitar os carrís de adiantamento da N-120 entre Os Peares e Ourense”

https://osil.info/os-deputados-do-pp-de-ourense-din-que-o-goberno-conclue-a-lexislatura-sen-licitar-os-carris-de-adiantamento-da-n-120-entre-os-peares-e-ourense/

"La Región" publica una información titulada "El Gobierno no da fecha para el tercer carril en Os Peares"


"La Voz de Galicia" titula "El Gobierno sigue sin poner fecha a la creación del tercer carril entre Os Peares y Ourense"







La estación intermodal de Ourense, congelada: rediseño en marcha y apagón sobre los plazos. El Gobierno rediseña la intermodal de Ourense, con unas obras al ralentí


Dos medios de comunicación se hacen hoy eco de la respuesta dada por el Gobierno el 23 de septiembre en relación con la pregunta registrada en el Congreso el pasado 14 de julio de 2026 por los diputados ourensanos pertenecientes al Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, Ana Vázquez y Rosa Quintana sobre la evolución de las obras de la estación de Ourense que habían comenzado el 17 de mayo de 2024.

A ella me refería en una entrada de este Blog de fecha 5 de octubre, donde hacía una valoración.

http://www.celsodelgado.gal/2026/10/el-gobierno-reconoce-ahora-que-esta.html

El diario "La Región" publica una información de Brais Iglesias titulada "La estación intermodal de Ourense, congelada: rediseño en marcha y apagón sobre los plazos" y subtitulada". El Gobierno admite que la futura estación intermodal está a la espera de un proyecto modificado, sin concretar todavía el coste ni los nuevos plazos para completar una obra adjudicada por 111,7 millones"

https://www.laregion.es/ourense/intermodal-ourense-congelada-rediseno-marcha-apagon-plazos_1_20261006-4440508.html

Y el diario "La Voz de Galicia " publica una información de Rubén Nóvoa titulada "El Gobierno rediseña la intermodal de Ourense, con unas obras al ralentí" y subtitulada "El Ejecutivo reconoce que busca «soluciones» para optimizar el proyecto, que debería estar terminado en el 2030 tras una inversión de 111,7 millones"

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2026/10/05/gobierno-redisena-intermodal-ourense-obras-ralenti/00031791220905095458229.htm