Varios medios de comunicación fanse hoxe eco da resposta dada polo Goberno o 23 de setembro en relación coa pregunta rexistrada no Congreso o pasado 14 de xullo de 2026 polos deputados ourensáns pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana : Despois de incumprir o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible o compromiso de licitar en 2023 das obras de “mellora da seguridade viaria na estrada N-120, coa implantación de 4,22 quilómetros de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,000, na provincia de Ourense”, que nova data de 2026 compromete para a licitación das obras? A ela referíame nunha entrada deste Blog de data 5 de outubro, onde facía unha valoración.
http://www.celsodelgado.gal/2026/10/concluye-la-xv-legislatura-con-la.html
O dixital “Somos
Comarca” publica una información de Ana Domingo titulada “La N-120 suma obras de
reparación mientras los carriles de adelantamiento siguen sin fecha” e subtitulada “Transportes actúa en los taludes de Quiroga y remata
la reparación de O Pino, mientras los carriles de adelantamiento entre Os
Peares y Ourense continúan sin fecha de licitación”
E “O Sil” titula “Os deputados do PP de Ourense din que o Goberno conclúe
a lexislatura sen licitar os carrís de adiantamento da N-120 entre Os Peares e
Ourense”
"La Región" publica una información titulada "El Gobierno no da fecha para el tercer carril en Os Peares"
"La Voz de Galicia" titula "El Gobierno sigue sin poner fecha a la creación del tercer carril entre Os Peares y Ourense"


