● A
presidenta da xestora, que asume esta etapa “cunha gran esixencia persoal e
moita responsabilidade”, advirtiu que quedan dous anos por diante “para
demostrar que o PP é o partido da maioría, que escoita á súa xente e procura
solucións”
● O
presidente provincial asegurou que “o Partido Popular ten que ser a alternativa
que esta cidade merece”. Con esta xestora, dixo, séntanse as bases para
afrontar as eleccións municipais de 2027, “garantindo que estamos en condicións
de deseñar un proxecto de futuro, cun amplo equipo e cunha persoa de referencia
do PP para a sociedade ourensá”
3,
xuño, 2025. A xestora local do Partido Popular na cidade de Ourense celebrou
esta tarde a súa primeira reunión con Ana Méndez como nova presidenta,
convocatoria na que deu a coñecer as persoas que formarán parte deste órgano.
Coa
presenza do presidente provincial do PP, Luis Menor, e a secretaria xeral,
Sandra Quintas, a presidenta da xestora local agradeceu a confianza depositada
na súa persoa para dirixir esta etapa no partido local: “É un posto que asumo
con responsabilidade, orgullo, compromiso, ilusión e, como non podía ser doutro
xeito, cunha gran esixencia persoal”.
Na
reunión adiantou que o seu principal obxectivo é “traballar con moita
dedicación para que o Partido Popular da cidade acade o liderado que sempre
tivo e para mellorar a vida da cidadanía”. Ademais puxo o foco xa nas vindeiras
eleccións municipais de 2027: “Quedan dous anos por diante para demostrar que o
PP é o
partido
da maioría, o partido das solucións, o que pisa a rúa e escoita á súa xente”.
Ana Méndez advertiu que non hai tempo que perder, destacando que “temos equipo,
temos capacidade, e sobre todo, temos ganas”.
Pola
súa banda, o presidente provincial foi rotundo na súa intervención: “O Partido
Popular ten que ser a alternativa que esta cidade merece”. Así, afirmou que os
nomes da nova xestora son “ben coñecidos por todos nós, e tamén pola
cidadanía”, persoas con ampla experiencia política “e outras que dan un paso á
fronte na vida política local”.
Luis
Menor asegurou que con esta xestora os populares ourensáns están sentado as
bases para afrontar as eleccións municipais de 2027, “garantindo que estamos en
condicións de deseñar un proxecto de futuro, cun amplo equipo e cunha persoa de
referencia do PP para a sociedade ourensá”, dixo de Ana Méndez.
Integrantes
da xestora do PP na cidade
A
xestora local está integrada a partir de agora por 40 membros, anunciándose na
reunión a incorporación dos novos integrantes deste órgano: Alberto Cacharrón,
Antonio Rodríguez Miranda, Gabriel Alén, Enrique Álvarez, Ana Belén Vázquez
Blanco, Santiago Camba, Cristina Romero, Jose Antonio Armada, Celso Delgado e
Miguel Ángel Viso. También estarán representados mozos de Novas Xeracións:
Elena Corral e Martín Gil.
Como
secretaria da xestora Local continuará Marisol Díaz e seguirán como membros
natos os concelleiros do grupo municipal: Jorge Pumar, Noelia Pérez, Pepe
Araújo, Inma Moreiras, Sonia Ogando e Javier Rodríguez-Nóvoa.
Este órgano, así como o grupo municipal, manteñen o seu firme compromiso de traballar pola cidade de Ourense, e seguir incorporando ás súas filas persoas que desexen achegar novas ideas e proxectos de futuro para a capital.