sábado, 30 de agosto de 2025

Reaberto ao tráfico a Avenida Pardo de Cela tras rematar as obras para mellorar os cruces

 

Vexo esta mañá a actuación da Xunta de Galicia na avenida Pardo de Cela de Ourense, que conecta a ponte romana con Avilés de Taramancos e o paseo do Barbaña. Acaba de ser reaberta tras as obras executadas este verán.

O obxectivo destes traballos foi crear nesta contorna unha ampla superficie onde os cruces se poidan facer en múltiples direccións en condicións de seguridade. Para acadar este propósito, coordináronse os semáforos situados na zona do Pavillón Municipal dos Remedios e do Colexio Salesianos.

Colocáronse novos semáforos e iluminación, unha plataforma única máis accesible e melloras de seguridade para peóns e ciclistas.