miércoles, 3 de junio de 2026

Rueda defende que o financiamento autonómico se acorde en encontros multilaterais e que garanta a igualdade entre todos os cidadáns

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu onte que o novo modelo de financiamento autonómico debe acordarse en encontros multilaterais entre todas as comunidades e que debe garantir a igualdade de todos os cidadáns, independentemente de onde vivan. 

Así o sinalou esta tarde durante a súa participación en Barcelona nun foro impulsado polo Cercle d’Economía, durante o que mantivo unha conversa cos seus homólogos do País Vasco, Imanol Pradales, e de Cataluña, Salvador Illa.

Durante a súa intervención, Rueda defendeu “o orgullo de xestionar desde o territorio” e a vixencia do estado das autonomías, afirmando fronte ás “tendencias recentralizadoras” que os avances da descentralización en España “foron enormes e moi vantaxosos”.

 Tamén no transcurso do foro, o presidente sinalou que as autonomías “precisan máis financiamento” para garantir a correcta prestación efectiva dos servizos públicos en todo o territorio, en liña cos consensos da Declaración de Santiago, e insistiu en que é “urxente un novo modelo de financiamento autonómico”.

Neste sentido, o titular do Executivo galego afirmou que “o que é de todos debe falarse entre todos” para poder chegar a un acordo, sinalando que o modelo de financiamento proposto polo Goberno central é prexudicial para Galicia xa que a nosa comunidade “ten case o 6% da poboación de España e vai recibir o 2,8% dos recursos.