Onte a Xunta iniciou as obras de mellora
da estrada OU-540 entre Celanova e Bande, que suporán un investimento de 6M€.
Na nota de prensa difundid informan que “A
conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez
Allegue, supervisou estas actuacións que contan cun prazo de execución de 18 meses, e van supoñer unha transformación desta
estrada ao longo de 14,1 quilómetros.
Subliñou os obxectivos de ampliar
a capacidade, a seguridade viaria e a funcionalidade da estrada, que arranca na
conexión coa AG-31 (Ourese a Celanova) e conecta con Portugal.
Esta actuación, que está a
comezar en Bande, desenvólvese no primeiro treito da estrada, que é onde se
rexistra a maior intensidade de tráfico, atravesando Celanova, Verea e Bande.
Trátase, segundo detallou a
conselleira, dunha intervención estratéxica para mellorar as comunicacións na
comarca da Baixa Limia, pois reforzarase a conexión entre núcleos rurais e,
como consecuencia, as oportunidades de acceso a servizos nesta contorna.
A intervención incluirá a mellora
do firme, corrección de curvas e redeseño de interseccións, adaptando a estrada
ás esixencias actuais de tráfico.
O treito que concentrará o maior
volume de actuacións será o comprendido entre Agrelo e Bande Norte. Neste tramo de 7,5
quiómetros, ampliarase a plataforma con carrís adicionais de adiantamento,
mellorarase unha intersección, rectificaranse curvas e renovarase a capa de
rodaxe.
Tamén se executarán sendas peonís
en Agrelo e Carballo, ademais da renovación de cunetas, adecuación de accesos e
mellora da iluminación viaria onde sexa necesario.
A conselleira puxo en valor o
esforzo técnico e financeiro da Xunta para reforzar a seguridade na rede viaria
autonómica e destacou que no que vai de ano
se investiron máis de 50 M€ en preto de 500 quilómetros de estradas."
