martes, 2 de junio de 2026

Galicia rematou o mes de maio con 1.111.867 afiliacións á Seguridade Social, o que supón 17.061 cotizantes máis que no mesmo mes do ano pasado

 


O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones publicou hoxe os datos de afiliación á Seguridade Social de maio de 2026 .

E así sabemos que neste mes o número de afiliacións en Galicia situouse en 1.111.867 persoas, tras aumentar en 8.048, un incremento do 0,73 %. Esta cifra e a as máis alta nun mes de maio desde que hai rexistro.

Galicia pechou maio con 17.061 cotizantes máis ca en abril do ano pasado( 1,56 %) 

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou respecto a maio de 2025 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,85%, seguida de Pontevedra (1,62%), Ourense (1,15%) e Lugo (0,63%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de maio respecto ás do mes de abril, Pontevedra é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 0,85%, seguida de A Coruña (0,7%), Ourense (0,68%) e Lugo (0,53%).

 


Ourense

O número de afiliacións en Ourense situouse en maio en 109.185 persoas, tras aumentar en 735, un incremento do 0,68 %.

A nivel internanual as afiliacións creceron en 1.240 persoas, un 1,15 %.