Deputados do PP de Ourense e de Lugo denuncian que dous anos despois do inicio formal das obras, o Goberno elude comprometer unha data de finalización da totalidade dos traballos de rehabilitación do firme na estrada N-540
Os deputados do PP de Ourense no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, de xeito conxunto cos deputados populares de Lugo -Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades rexistaron o 26 de febreriro no Congreso estas preguntas sobre o moi deficiente estado da estrada N-540 que se inicia en Lugo e finaliza na N-525 na localidade de Cambeo, concello de Coles:
¿Ante o deplorable estado que presenta a estrada N-540 ao seu paso polas provincias de Ourense e Lugo, procederá o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible a adoptar medidas urxentes para con todos os medios humanos e materiais necesarios proceder á rehabilitación integral do firme e así garantir a seguridade viaria dos usuarios desta estrada?
¿Farase responsable o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible dos gastos de reparación dos danos que están a sufrir os vehículos que transitan pola N-540 e que teñen causa no pésimo estado esta estrada, infestada de fochas e fochancas?
¿Cal é a relación detallada das obras executadas deste contrato no tramo entre Lugo e Chantada, desde o seu inicio ata a data de resposta?
¿Cal é a relación detallada das obras executadas deste contrato no tramo entre Chantada e o límite da provincia de Ourense, desde o seu inicio ata a data de resposta?
¿Cal é a relación detallada das obras de conservación e mantemento executadas polo MITMA en 2025 na estrada N-540 no seu tramo da provincia de Ourense?
¿Que data compromete o Ministerio para que estean finalizadas a totalidade das obras de rehabilitación do firme na estrada N-540?
A RESPOSTA do Gobierno chegou o 10 de abril e foi a seguinte: “Desde finais do mes de febreiro o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible está a traballar na reparación do firme da N-540”
VALORACIÓN
Unha vez máis nos atopamos ante unha parca e decepcionante resposta do Gobierno, eludindo dar puntual resposta ás moi concretas preguntas que se lle formulaban polos deputados lucenses e ourensáns do PP.
Debemos lembrar que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible iniciou a execución das obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada N-540, entre os ppkk 0 ao 68,9, na provincia de Lugo, en abril de 2024.
Pois ben, 24 meses despois do inicio formal de obras, o MITMS négase a dar información sobre a relación detallada das obras executadas deste contrato no tramo entre Lugo e Chantada, nin sobre as obras executadas do tramo entre Chantada e o límite da provincia de Ourense, desde o seu inicio ata a data de resposta.
E tampouco compromete o Ministerio unha data para que estean finalizadas a totalidade das obras de rehabilitación do firme na estrada N-540. Preocupante e lamentable.
