Ao redor de 200 persoas concentráronse onte sábado na estrada N‑120 á altura de Canabal, Sober, para denunciar o estado "ruinoso" do firme e reclamar unha intervención inmediata do Ministerio de Transportes.
A protesta, foi convocada pola asociación veciñal Xuntos por Lugo.
A protesta sumouse ás iniciativas impulsadas no Congreso polos deputados do Partido Popular de Lugo e Ourense, que esiximos ao Goberno un plan de choque urxente para reparar a estrada, alertando do "risco evidente" que supón o seu estado actual e reclamando ao MITMS un plan de choque integral.
