lunes, 23 de febrero de 2026

Vendo avances na estación intermodal de Ourense

 


Á espera de tomar un tren AVE con destino Madrid, desde a plataforma da estación de Ourense tiven a oportunidade de ver como marchaban as obras na praia de vías.

E puiden constatar como unha pa escavadora cargaba terra en varios camións. Fixen estas fotos

Agardo que isto sexa un síntoma de que se retoman unhas obras que como denunciamos fai poucas datas, dezanove meses despois do inicio formal, o Goberno afirmou que só se consumiu o 2,59 % do importe do contrato, o que acreditaba unha moi pobre execución.