miércoles, 21 de enero de 2026

Na primeira xornada da Feira Internacional de Turismo (FITUR)



Visitei hoxe a Feira Internacional "Fitur" que celébrase desde o mércores 21 de xaneiro ata o domingo 25 no IFEMA de Madrid.  Ata o venres 23, Fitur está unicamente aberto a profesionais do sector turismo.

Esta Feira organizada por IFEMA MADRID na súa 46ª edición volve situarse no epicentro do turismo mundial e consolídase como a plataforma global do sector e defínese pola súa aposta polo coñecemento e o fortalecemento da súa dimensión internacional.

Así o subliñan as cifras presentadas pola organización: 9 pavillóns, 10.000 empresas representadas de 161 países, 111 deles con representación oficial -10 máis que na pasada edición- e 967 expositores titulares.

Incorpóranse 18 países a FITUR 2026, procedentes sobre todo de África e Asia-Pacífico, rexións que, segundo ONU Turismo, lideraron o crecemento mundial con +10% e +8% en chegadas, respectivamente, e incrementos en FITUR do 34% e 22% de superficie expositiva. Entre os novos destinos participantes, atópanse Abu Dabi, Dubái, Zanzíbar e rexións de Alemaña e Reino Unido, entre outros.

Estiven a maior parte do tempo no expositor da comunidade, situado no pavillón 9, organizado baixo o lema ‘Galicia Calidade’ e quere converterse na porta de entrada á terra para as persoas, profesionais e visitantes, que se acheguen a coñecer as propostas turísticas galegas.

Ao longo destas tres xornadas, o stand de Galicia acolle máis de medio centenar de actividades promocionais, mostras e faladoiros.

Estiven na presentación destas promocións turíticas:

RIBEIRA SACRA, CANDIDATURA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE


CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA INCLUSIVO

800 ANOS DA CONSAGRACIÓN DA CATEDRAL DE TUI

ASOCIACIÓN DE MUNICIPIOS DO CAMIÑO DE INVERNO A SANTIAGO: VINTE MUNICIPIOS, UNHA SOLA VOZ

TERMATALIA 2026 (24/25 de setembro) e XANTAR 2026 (19/22 de novembro)



Tamén nesta FEIRA ten unha importante presenza o sector do transporte por  marítimo, aéreo e por estrada. Chamoume a atención o stand da empresa galega Mombus, con un imponente autobús de dous pisos que fai a liña Galicia-Barcelona e Galicia-Madrid. Impresionante.

O transporte ferroviario por mor do tráxico accidente de Adamuz derivou en que  non estiveran presentes as operadoras Renfe, Iryo e Ouigo. E tampouco houbo actividade no stand de ADIF e do MiITMA. Unha decisión acertada.