sábado, 17 de enero de 2026

Galicia incrementou a súa poboación no primeiro trimestre de 2025 en case 5997 persoas, situándose ao 1 de xullo en 2.720.738 habitantes, un 0,22%

Onte o Instituto Nacional de Estatística deu a coñecer As Cifras poboacionais de referencia procesando os datos do INE. Estos son os datos principiáis referidos a Galicia.

No 1 de xullo de 2025 a poboación de Galicia cifrouse na Estadística continua de población (de xeito provisional) do INE en 2.720.738 habitantes, polo que con respecto ao 1 de xaneiro de 2025 aumentou en 5.997 persoas (o 0,22%).


Segundo as Cifras poboacionais de referencia, 26 das 53 comarcas galegas gañaron poboación durante o primeiro semestre do ano 2025; a comarca que gañou máis poboación en termos absolutos foi a de Ferrol, cun incremento de 2.228 persoas, e a comarca que porcentualmente gañou máis poboación nese período foi A Ulloa, cun incremento do 2,42%



Seis dos sete grandes concellos galegos gañaron poboación durante o primeiro semestre do ano 2025; o que máis incrementou o seu número de habitantes en termos relativos foi o de Ferrol, un 3,09%. O único concello galego que, segundo os datos provisionais, perdeu poboación desde xaneiro a xullo de 2025 foi Pontevedra, con 75 persoas menos (o 0,09%).


Máis da terceira parte da poboación galega vive nun dos sete grandes concellos de Galicia; en concreto, o 37,04% da poboación segundo os datos provisionais do 1 de xullo de 2025.