viernes, 12 de septiembre de 2025

Vendo o excelente espectáculo “Dique” da compañía Nova Galega de Danza


Asisto onte no Teatro Principal de Ourense a unha actuación da compañía Nova Galega de Danza que representou o espectáculo ‘Dique’, que amosa o papel de centos de mulleres na construción do Dique da Campá da cidade de Ferrol, a obra de enxeñaría hidráulica máis importante do século XIX en España.

Entre 1874 e 1879 executouse a construción e un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos cada unha sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.


Encantoume o espectáculo coproducido pola compañía Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego. Foi protagonizado por oito excelentes bailarinas nun impactante escenario en vermello cambiante e cheo de pedras. Emocionante!


Rematada a actuación tiven a oportunidade de felicitar ao director artístico, Jaime Pablo Díaz.

Parabéns a todos eles!