domingo, 17 de agosto de 2025

Vendo os incendios que afectaron ao concello de San Cibrao das Viñas con perigo para vivendas e naves industrais

 


Visito esta mañá o concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

Primeiro extiven no Polígono Barreiros, que estivo ameazado por un  incendio orixinado según parece na autovía A- 52. A primeira hora desta mañá había algo de fume que estaban controlando os equipos de extinción.




E logo na parroquia de Rante, xa que estivo activo desde as 14.30 horas de onte un incendio forestal no que segundo as últimas estimación superou as 20 hectáreas. Na súa extinción participaron, de xeito acumulado, 1 técnico, 7 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións. 

Alí tiven oportunidade de falar coa alcaldesa Marta Novoa e con persoal de protección civil e así coñecín a seriedade e importancia deste incendio nunha zona con moitas vivendas. Afotunadamente esta mañá o lume estaba sofocado e os bombeiros traballaban en tarefas de refresco para que non houbera reactivacións.