martes, 5 de agosto de 2025

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de xullo de 2025 acadou a cifra de 1.113.486; o que supón un aumento respecto ao mes pasado de 10.835 afiliacións (0,98%)


Onte
o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicou os datos de afiliación á Seguridade Social correspondentes ao mes de xullo de 2025.

Estos son os principais resultados

  • No mes de xullo de 2025, o número de afiliacións en Galicia situouse en 1.113.486, polo que aumentou un 1,84% respecto ao mesmo mes de 2024. En España, rexistrouse unha taxa de variación interanual do 2,26%.
  • En Galicia, en termos interanuais, as afilacións ao réxime xeral subiron un 2,42%, mentres que no réxime especial de autónomos baixaron un 0,18%.

 Información xeral

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de xullo de 2025 acadou a cifra de 1.113.486; o que supón un aumento respecto ao mes pasado de 10.835 afiliacións (0,98%). Para España, a cifra de afiliacións sitúase en 21.865.503, rexistrando un aumento do 0,02% con respecto ao mes pasado.

Na comparativa interanual (xullo de 2025 con xullo de 2024), obsérvase un aumento de 20.112 afiliacións en Galicia (1,84%) e un aumento do 2,26% (482.397 afiliacións) en España.

Por comunidades e cidades autónomas e con respecto ao mes de xuño de 2025, rexístrase un incremento das afiliacións en 10 delas, sendo Illas Baleares (1,91%) e Cantabria (1,83%) as que experimentan o maior incremento e A Rioxa (-0,88%) a que sofre o maior descenso.

En canto ás taxas con respecto a xullo de 2024, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades e cidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Ceuta (3,90%) e Canarias (3,16%).

 Información por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto a xullo de 2024 en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,18%, seguida de Ourense (2%), Pontevedra (1,61%) e Lugo (1,13%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de xullo con respecto ás do mes de xuño, Pontevedra é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación intermensual do 1,29%, seguida de Lugo (1,13%), A Coruña (0,77%) e Ourense (0,66%).

Información segundo o réxime de afiliación

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 79,93% das afiliacións galegas en xullo de 2025, aumentaron un 1,18% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento dun 2,42%. En España, estas taxas foron do 0,05% con respecto a xuño de 2025 e do 2,51% en relación ao mes de xullo de 2024. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (75,16%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-1,56%) e Ourense (-0,5%) presentan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,22%) e A Coruña (0,08%) presentan unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,18%. Para este réxime e con respecto ao mes de xuño de 2025, baixan as afiliacións en Lugo (-0,24%) e Ourense (-0,19%), mentres que soben en Pontevedra (0,18%) e A Coruña (0,01%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do 0,01%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 0,97% e unha baixada intermensual do 0,21%.

No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a xullo de 2024, todas as provincias presentan unha taxa de variación interanual negativa: Pontevedra (-3,49%), Lugo (-2,3%) e A Coruña (-2,21%). A taxa galega acada entón o -3,05%. Con respecto a xuño de 2025, soben as afiliacións en todas as provincias: Pontevedra (2,9%), A Coruña (2,33%) e Lugo (0,67%). A taxa galega é do 2,57%. As taxas nacionais indican unha baixada interanual do 0,25% e unha subida intermensual do 2,68%.

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e Instituto Galego de Estatística